galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

DE GALLAECIA AO GALEGO:
Dende o século IX a.C. ao IX d. C. suceden na nosa Terra acontecementos decisivos para conformaren as raíces da nosa identidade. Imos procurar argumentos para xustificar este título seguindo o esquema seguinte no que enumeremos os eventos, as circunstancias e os protagonistas destes 1000 anos transcendentais da nosa historia que rematan co nacemento do galego.

PREHISTORIA E MITO, O SUBSTRATO DA IDENTIDADE E DA LINGUA:

- A cultura megalítica atlántica: Oestrimnia, unha cultura preindoeuropea.

- As invasións dos Saefes: Ophiusa, a pegada indoeuropea e céltica. Breogán e o seu fillo Ith (podes ver máis abaixo ou nesta entrada do curso pasado)

-A cultura castrexa preromana. Diversas linguas, crenzas animistas: cultos a pedra, a auga, á árbore...

O COMEZO DA HISTORIA COA ROMANIZACIÓN E LATINIZACIÓN DE GALLAECIA.

Como nos vían os historiadores gregos: O río Letes.

- A chegada dos lobos de Roma. Gallaecia, cultura galaico-romana.

- Cristianismo e Latinización.

-1º Espertar cultural en latín. Prisciliano, Exeria, Orosio...


O INICIO DA IDADE MEDIA, SUPERESTRATO CULTURAL

- O 1º Reino medieval de Europa: O reino Suevo.

- De Martiño de Dumio a Fructuoso do Bierzo. A Gallaecia medieval.

- Xermánico e árabe. Comezo do camiño Francés a Compostela. A raíña Lupa e o corpo do Apóstolo.

- Nacemento do galego: Cal era a súa primeira tradición oral.Que cantaban e contaban os galegos do ano 800.


Esta é a estrutura dun traballo a desenvolver en grupo. Cada traballo tocará os aspectos anteditos procurando un fío condutor e a coherencia e ritmo do traballo, válido para expoñer nun formato Power Point (unhas 30 diapositivas). O grupo terá como máximo tres persoas.


DO MITO

En Brigantium (disque hoxe é A Coruña) reinando Breogán, mandou construír unha torre que servise de vixía e de referencia aos navegantes. Desde aquela torre o seu fillo, Ith, viu unha terra verde ao lonxe e quixo ir coñecela. Tras de Ith, que non regresou por non facerlle caso ao pai (Breogán lembraralle que non desmontase do cabalo en toda a singradura). Outros fillos seguiron a mesma ruta e desde entón somos irmáns de todos os pobos da beira atlántica de Europa.
Comentarios (0) - Categoría: AS RAÍCES DA NOSA IDENTIDADE - Publicado o 05-11-2014 14:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal