galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A nosa adaptación de Agasallo de sombras

Representamos ao fin a nosa versión adaptada de Agasallo de sombras de Roberto Vidal Bolaño.

Quixemos render homenaxe a Rosalía, unha autora que estudamos este ano, pero á vez quixémolo facer procurando unha visión nova da autora dos Cantares , esa obra épica, un canto á dignidade de Galicia, das súas xentes e do seu idioma do se cumpriren 150 anos da súa publicación. A oportunidade de facer posible esa visión nova de Rosalía deúnola precisamente Roberto Vidal Bolaño, que é o dramaturgo a quen se lle dedicaron este ano o Día das Letras.

Roberto Vidal Bolaño foi quen nos fixo estar hoxe no teatro e dispostos a representar unhas escenas dunha das súas obras máis polémicas. Porque el era un autor controvertido e porque o teatro de por si é un xénero que, ademais de contarnos cousas, sobre todo ten a intención de crear un conflito ao espectador, como xa dicían os antigos gregos que foron os seus inventores.

Representamos logo unha parte da obra titulada Agasallo de sombras. de Vidal Bolaño, unhas escenas que perseguen reconsiderar a nosa forma de ver a Rosalía (eis o conflito do que falábamos, por iso todos os personaxes, que son sombras, levan as máscaras de Rosalía, Rosalía non é unha, son moitas ). Veremos desfilar por este escenario a DONA TAREIXA, fidalga e nai de solteira de Rosalía (que din que tivo dunha relación cun que ía para cura) Logo aquela ROSA que sendo unha moza fora actriz en Compostela no Liceo de la Juventud, e moi amiga de AURELIO AGUIRRE un poeta romántico, comprometido liberal exaltado que foi morrer afogado con 25 anos, no ano 1858 cando xa Rosalía marchara a Madrid, hai quen di que se suicidara.Se cada a sombra de Aguirre vén rescatar para nós á Rosa que puido ser ... e que, tras chegar a Madrid, casara con MANUEL MURGUíA, un home que procurou animar e apoiar á poeta na súa carreira literaria animándoa a escribir en galego.
E finalmente aparece tamén a ROSALÍA que morrera en 1885 cun ramo de pensamentos na man e unha morea de sombras que a perseguen. Utilizamos versión musicada do poema "Negra Sombra" a modo de banda sonora no remate da nosa versión que remata na escena XII da obra orixinal.



A seguir incluímos o reparto que fixemos na clase:

ACTUARON AS SEGUINTES SOMBRAS:
Rosa: Alba Amoedo
Aurelio Aguirre: Pablo Feijoo
Manuel Murguía: Daniel Pousada
Dona Tareixa: Pilar Iglesias
Eduardo Pondal: Alejandro Abuín
Rosalía: Belén Santaclara
Mulleres: Raquel Guerra, Dennis Omil, María Viñas.
Músico: Juan Rogel
Tuno: Roberto Otero
Narradora, muller: Carolina Suárez
LUZ E SON: Gonzalo Otero e Adrián Márquez.
Dirección: Héctor Silveiro.


En palabras do propio Vidal Bolaño esta obra é unha ? celebración libre e non moi respectuosa arredor do tempo, a vida e a obra da poeta Dna. María Rita Rosalía Castro de Murguía, tamén coñecida como ?Santiña?, inspirada nunha idea roubada do Teatro de Máscaras de D. Ramón Otero Pedrayo e adobiada con ringorrangos doutras dúas catedrais do teatro imposible, o Fausto de Ghoete e ?As tentacións de San Antonio? de Gustave Flaubert, así como con parte da correspondencia persoal da poeta e de moito do que sobre ela levan dito algúns dos que a coñeceron e estudaron?. ROberto Vidal Bolaño con esta obra que estreou o Centro Dramático Galego en 1992 persegue realmente unha visión actual do mito de Rosalía, do que sabemos e do que quixeramos saber sobre ela, superando e transgredindo a visión restrinxida, limitada e interesada que imperaba sobre a poeta ao longo do Franquismo. Tratábase de repensar a visión da figura de Rosalía, un verdadeiro mito para Galicia e a súa literatura.

Eis unha selecta de escena da representación por parte do Centro Dramático Galego no ano 1984.



CUESTIONARIO PARA O ESPECTADOR:

1- Cal é o conflito ao que Roberto Vidal Bolaño nos quere levar nesta obra, Agasallo de Sombras?
2- Quen son os personaxes principais desta obra, terán algo que ver co tema que soa ao comezo e final da adaptación que se representou? Coñecías este poema, sabes como se titula?
3- A personaxe de Rosalía como aparece representada na escena en Agasallo de sombras?
4- Que cres que representa o personaxe de Aurelio Aguirre?
5- Na carta que escribe Rosa ao seu marido, que lle reprocha, como se retrata a Manuel Murguía, o home de Rosalía, no conxunto da obra?
6- Como se reflicte na obra a personalidade proto-feminista de Rosalía?
7- Que querería dicir Rosalía na cabeceira da obra cando di: ?E pensar que aquela noite, todo era aínda posible??

AULA DE TEATRO SAN NARCISO 2013
Comentarios (0) - Categoría: DÍAS DAS LETRAS - Publicado o 03-06-2013 22:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0