galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CUESTIONARIO INICIAL
I- O Espertar cultural da Gallaecia
1- Define que é o 1º Espertar cultural da Gallaecia
2- Quen son: Prisciliano, Exeria, Orosio, Hidacio, Valerio do Bierzo.
3- Que é o Codex Calixtinus cal é a súa importancia?
II- Variedades internas da lingua
1- Unha conversa familiar é de tipo formal o informal?
2- Onde se fala o seseo?
3- Nomea algunha xerga que coñezas
4- En que parte de Galicia se di : camións, - camiós e camiois?
5- Os refráns a que nivel pertencen?( nivel sociocultural)
6- Diferenza entre variedade diastrática e diafásica.
III- As Linguas da Península
1- Cales son as linguas do Estado Español?
2- Teñen todas as linguas a mesma orixe?
3- Cales son as lingua s oficiais e non oficiais?
4- Que ocorrerá no futuro coas linguas que non gozan de cooficialidade?
5- Cal é a lingua cooficial con máis falantes porcentualmente do Estado?
IV- A diglosia e as porcentaxes de falantes do galego a día de hoxe
1- Que é a diglosia?
2- Que é unha lingua hexemónica? Cal sería en Galicia?
3- En que ámbito podemos atopar o galego?
4- O galego atópase en situación diglósica fronte ó castelán, pero cualitativamente podemos apreciar que está presente en moitos ámbitos. Cal é entón a causa desta diglosia?
V- O éuscaro e o galego
1- Principais diferenzas e semellanzas entre o éuscaro e o galego á hora de empregar o idioma no territorio?
2- Cales poden ser as razóns de que a xente nova en Euskadi estea recuperando o uso do éuscaro?
VI- O catalán e o galego
1- Pódese dirixir un galego ás intitucións europeas en galego?
2- O galego é unha lingua minoritaria. Por que?
3- Se estudásemos en Cataluña, aprenderías catalán. Por que?
4- Só se fala catalán en Cataluña? En que outros lugares se fala?
5- Que diferenza hai no uso do catalán en comparación co galego ?
VII- O Galego e o Portugués
1- Que é a lusofonía?
2- Pódese incluír o galego na lusofonía? Por que ?
3- Cales son os rasgos que diferencian o galego do portugués?
VIII- Europa multilingüe e o galego en Europa
1- 1.- ¿Que é unha lingua franca? ¿Cal é a lingua internacional por excelencia?
2- 2.- ¿Que é o esperanto? ¿Por que non tivo éxito?
3- 3.-¿Ten o galego dialectos? Dá algúns exemplos
4- 4.-¿É o galego unha lingua minoritaria ou maioritaria? Explica porque.
5- 5.- ¿En qué consiste a Carta das linguas minoritarias?

IX- Fala. Norma e normalización ( normativización)
1- O galego normalizouse despois ou antes das outras linguas románicas? Por que?
2- Que é a normalización dunha lingua?
3- Para que nos serve a Lei de Normalización ?
X- O galego de cara a norma do XIX ao XX
• -1- ¿Cales foron as persoas que axudaron en defensa do noso idioma durante os Séculos Escuros?
• 2- ¿Qué é o Provincialismo?
• 3- ¿Qué supoñía saber falar o castelán e quen o falaban?
• 4-¿ Que normas aplicou a Real Academia Galega en 1980?

XI- Os bloques dialectais do galego
1- Cales son os bloques dialectais da lingua galega e onde se sitúan?
2- Algúns bloques teñen en común a gheada e o seseo? Cales? Sinala algún outro trazo característico de cada bloque.
3- Fálase Galego fóra da Galicia admitistrativa? Por que? En que territorios?
XII- A fraseoloxía do galego
1-Que é unha frase feita ou dito? Que a diferencia dun refrán?
Temos moito ou pouco tesouro fraseolóxico? Canto?
Que quere dicir: “Marzo marzal, pola mañán cara de can,
ó mediodía mellor o fasía e pola tarde lle acontesía”?

XIII- A Toponimia do galego
1- Quen fixo o primeiro mapa toponímico de Galicia?
2- Son os topónimos galegos os máis abundantes da Península?
3- Indica as orixes etimolóxicas dalgunhas clases de topónimos
4- Como clasificamos os distintos tipos de topónimos?
XIV- Antroponimia do galego
1- Que estuda a antroponimia?
2- Segundo a orixe dos apelidos, en que tipos ou categorías se poden clasificar?
3- A partir de que século se produce a castelanización de moitos apelidos?

XV- Do galego no século XVIII ata o século XX

1-Que son os Séculos Escuros?
2-Quen inaugura o Rexurdimento?
3- Quen son os membros máis destacados da Xeración
Nós ?
4-Que supuxo o Franquismo para o galego ?

XVI- O galego nos medios de comunicación
1- ¿Cando chega a imprenta a Galicia? Cita 3 xornais actuais da prensa en galego e 1 abolido
2- ¿Cando chega a televisión a Galicia? ¿Cal é o seu obxectivo?
3- ¿Cal é o programa infantil que destacou en Galicia?

Comentarios (0) - Categoría: SOCIOLINGÜÍSTICA - Publicado o 12-03-2013 14:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal