galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Listaxe de traballos da segunda avaliación
Os seguintes traballos para presentar na aula deberan usar datos tirados en primeiro lugar do libro de texto da materia, ademais de outras consultas en libros de texto que proporcionará o profesor ademais de consensuar con el o guión e outras consultas na rede para concretar a presentación na aula do tema escollido no que contarán a corrección nos contidos e na forma (ortografía e demais) da presentación, así como os enlaces e información complementaria suxerida e destinada para unha mellor comprensión do tema por parte dos compañeiros/as e que deberá formar parte da mesma.

1-Espertar cultural da Gallaecia. Autores e textos da literatura en latín na nosa terra do século III ao XIII.( Consulta na rede e no libro do mesmo nome)
2- Variacións internas da lingua (Consulta no libro o tema 6 e dun libro de 4º ESO páx 45, 71 e 95)
3- Europa multilingüe e o galego en Europa.(Consulta no libro tema 7)
4-LINGUAS DA PENÍNSULA non oficiais e sen normalizar. (Consulta no libro tema 8)
5- O portugués e o galego( Consulta no libro tema 10)
6-O catalán e o galego.(Consulta no libro tema 8)
7-O éuscaro e o galego. (Consulta no libro tema 8)
8- A diglosia: as razóns das porcentaxes a día de hoxe (na educación)(Consulta no libro tema 9 e os temas 8 e 9 do libro de texto anterior)
9- Fala, norma e normalización/ desviacións da norma.(Consulta no libro tema 9 e os temas 8 e 9 do libro de texto anterior)
10-O galego do século XVIII á actualidade.(Consulta no libro tema 4 e no libro de texto anterior o tema 5)
11- O galego cara a norma no século XIX ao XX.(Consulta no libro tema 4 e no libro de texto anterior o tema 5)
12-O galego na prensa, TV e outros medios.(Consulta nun libro de texto anterior o tema 10)
13-Os bloques dialectais do galego e o galego fóra da Galicia administrativa. (Consulta no libro tema 9 e no libro anterior os temas 6 e 7)
14- Fraseoloxía do galego, usos de vello e de novos(Consulta páx 156 do libro e logo nun libro de texto anterior no tema 9)
15-Toponimia galega, a metade do Estado Español.(Consulta no libro o tema 10 e no libro anterior tema 7)
16-Antroponimia do galego (os nomes e apelidos galegos no mundo)( Consultar no libro tema 11 e no libro anterior o tema 6)
Comentarios (0) - Categoría: SOCIOLINGÜÍSTICA - Publicado o 07-01-2013 23:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal