I) O CONTEXTO: Os Séculos Escuros da uniformidade, centralismo e castelanización da Península. Sarmiento non encaixará nese modelo de ilustración: Non poucas veces teño pensado en cal foi a causa de que en Galicia se introducira o uso de escribir en castelán o que antes se escribía ou en latín ou en galego. Non hai xénero de escritura testamentos, doazón, venda, contrato, foro, arrendamento, compra, cambio, partillas,etc? que eu non teña visto e lido en Galicia ou en latín ou en galego. E sei que se poden cargar carros deses instrumentos que se conservan en Galicia. Non tendo precedido, pois, nin Concilio , nin Cortes nin consentimento uniforme dos galegos par actuar, outorgar, comercializar en lingua castelá, quen a introduciu?
A resposta está patente: que Galicia chora e chorará sempre. Non os galegos, senón os non galegos, que nos comezos do século XVI inundaron o reino de Galicia, non para cultivar as súas terras, senón para se facer carne e sangue dos mellores, e para cargar cos máis beneficiosos empregos, así eclesiásticos como civís, foron os que por non saber a lingua galega, nin por cargar palabra nin por escrito, introduciron a monstruosidade de escribir en castelán para os que non saben senón o galego puro. Esta monstruosidade é máis visible nos empregos eclesiásticos.
Non sei como toleran os bispos que curas que non son galegos nin saben a lingua teñan emprego ?ad curam animarum?, e sobre todo a administración do Santo Sacramento da Penitencia. Que é o coloquio dun penitente rústico e galego con confesor non galego, senón un entremés de xordos? Son innumerables os chistes vergoñentos que se contan desa inicua tolerancia. Haberá 13 días que un cura galego natural me dixo que confesando a unha galega díxolle que xa se confesara antes cun castelán, pero que non cría que fose confesión: porque nin o castelán entendeu á galega, nin esta ao castelán.
O verbo ?trebellar? en galego, de tripudiare, sempre significa ?in malam partem" e dista cen leguas do honesto verbo ?traballar? o ?trabajar?. Confesor castelán ten habido que ata despois de moitos anos estivo no erro de que o mesmo era o verbo ?trebellar? galego que o ?trabajar? castelán. E aos penitentes, que confesaran que trebellaran tantas veces dicíalles que en días festivos só podía ?trebellar? unha hora, pero que nos días soltos podían trebellar ad laudes et per horas. Si o tal confesor escoitara a copla galega común: ?O crego e maila criada xogaban aos trebelliños, etc?? entendería o significa.
(tirado da obra Elementos etimológicos)
II) VIAXES, CADERNOS DE TRABALLO E DESCUBERTA DE GALICIA: COLOQUIO das 1200 coplas:
Sarmiento recoñece ?Eu que son de Galicia por todos os costados sabía máis da China que do meu país orixinario? precisa unha imaxe exacta do propio país, ?un grandísimo mapa de Galicia que non teña igual nos libros en canto a exactitude, certeza, universalidade, sen que ningún sitio se coloque a vulto? percorrendo todo os perfís ou ourelas de toda a auga doce e salgada que hai en todo o Reino de Galicia?
O seu método de 150 preguntas destinadas para os aletóphilos dos que fala no derradeiro volume da súa Obra de Seicientos sesenta pliegos e obxectivos xa definidos en 1741, estruturados no 1751, revisados no 1759 e nos que parte do lingüístico como primordial, o nome das cousas: ?O medio máis breve, pronto e fácil que adoito usar para indagar a verdade?é o de facerlle eu varias preguntas encadeadas? confeso que son un preguntón insufrible? así preguntaba a todo trapo ao primeiro ou primeira que se me poñía diante, ? e aínda que oín algunha respostas pouco instrutivas para o que desexaba saber, informeime non obstante de moitas cousas, que só puiden indagar por medio das miñas repetidas preguntas?...
?Que en 150 preguntas coordinadas con división, claridade e método, abrace todo canto se pode saber dunha provincia, territorio, cidade, vila ou aldea?? ?...Estas preguntas ? as 24 primeiras fan referencia ao estado cosmográficoe subdivídense en seis apartados: Gramática, Xeografía, Metereoloxía, Topografía, Idioma e Carácter."
Sobre a Historia Natural e Botánica: ?Todo isto tense que estudar peregrinando, preguntando, escribindo e recollendo. Tense que recoller todos os nomes de animais, aves, peixes, mariscos, cunchas, insectos, anfibios, terras, fósiles, minerais,etc. Tamén debe recoller todos os nomes de todo vexetal árbore, planta, herba, flor, froito e semente,etc. Todos cantos oíse, aquí ou alí."
Criterios sobre os interlocutores fiables: O estudo que xamais deixará de man é a lingua galega, en toda a súa extensión e de todos "os países" (comarcas). Terá cadernos aparte nos que vaia colocando verbos, nomes, frases e adaxios como os fose oíndo e sempre preguntando para oír máis, a vellos, vellas, nenos, rústicos e pouco ou nada aos que, sen saber o galego, enorgullecen de castelanizantes. Nenos e nenas, vellos e vellas, rústicos e páparos, iliteratos e idiotas, etc.. que sin pensar en ofender chamarei aquí a escoria e esterco da racioalidade? destes saquei, saco e sacarei o máis puro ouro da verdade que busco? ...primeiramente pregúntolles o seu nome o dos seus pais e apelidos, o do seu lugar e parroquia? da súa idade actual. Do que viron no seu lugar de obxectos da Historia natural, do nome do río da veciñanza, das distancias ??
Algúns exemplos concretos do seu carácter curioso e preguntón: ?Sempre que falo de Viveiro, non é porque estivese alí, senón porque a muller do meu irmán Fco Xabier criarase en Viveiro e escoiteille a ela moitas voces que alí usan?
"Viñan a min os rapaces con moreas de varias cunchas e ás cales daban o nome vulgar porque sabían que lles había de dar para castañas?
Dá cartos para castañas aos nenos aos vellos para tabaco, ás vellas para unha roca e a calquera para botar un cuartillo de viño"
Pero non pensemos que non selecciona a súa información e realiza unha crítica das súas fontes antes de tirar conclusións.
El mesmo utilizaba seguramente o galego nas súas entrevistas: ? ?Apenas cumprín en 9 de marzo os 15 anos da miña idade, cando a 3 de maio de 1710 saín da vila de Pontevedra para Madrid a tomar o hábito neste mosteiro de San Martín. Dende entón ata hoxe nunca fun a Galicia, senón o verán de 1725, que saído do colexio de Oviedo para Madrid, rodeei por Pontevedra; e o ano de 1745 que co fin do santo xubileu de Santiago, pasei dende o capítulo de Valladolid a aquela cidade, e despois de ter rodeado as costas marítimas, detívenme en Pontevedra aquel outono.
Dende o ano dito de 1710, nunca falei, nin lin, nin escribín tres períodos en lingua galega, e en canto a ler, apenas sabía que houbese monumentos (= documentos)escritos neste idioma, ata o dito ano de 1745 que vin infinitos pergamiños e papeis, e lin tal por curiosidade. Tampouco fun afeccionado a facer coplas, pois cando o diaño podería terme tentado na xuventude a facer de ?Saúl inter poetas?, caín na tentación de ler libros serios e instrutivos, a que me introduciu o acaso de ter algúns a man. Tampouco pensara e indagar a orixe das voces galegas ata o ano 1745, cando por unha tal cal inclinación anterior a conxeturar sobre a etimoloxía dalgunhas voces castelás, estendina sen particular estudo a penetrar a orixe das voces galegas conforme as ía oíndo en Galicia?
Así nacen as 1200 coplas como o ensaio do comento (=comentario: "fíxenas unicamente para os galegos das proximidades de Pontevedra e en especial para o meu irmán Francisco Xabier, quen na súa vista poderá emendar algunhas locucións que non sexan puras galegas, e con esa ocasión recollerme moitas voces galegas puras, por se nalgún tempo estou de festa para continuar as coplas;? e espero que só V.Sª (Padre Rábago) aínda que castelán, por vivir tanto tempo en Pontevedra, e vivir actualmente en Madrid, entenderá moitísimo do dito coloquio poético?
Dixen arriba que non lin cousa escrita en galego. Lembreime que no ano 1727 vin na biblioteca de Toledo un códice manuscrito en pergamiño e en folio que conten os Dezires ou Coplas que fixo o rei don Afonso o sabio en loor da Nosa Señora e sobre os milagres que obrou co seu pai San Fernando? teño tamén texto do douto Marqués de Santillana, quen máis fai de 300 anos, escribiu que no antigo facíanse en lingua galega todos os Dezires, Coplas e Cantares? é certo que se eu tivese unha copia antiga podería exornar mellor o meu glosario e aclarar as mesmas coplas do dito rei don Afonso o Sabio.
Non hai regras da ortografía galega,se ben a que observei nos instrumentos (=documentos) é moi constante e arranxada; e porque cando escribín as copliñas, non puxen toda a atención posible á ortografía, o propio acento de cada voz, porque as pensaba, profería e escribía, ?calamo disparante?, tiven o coidado de rectificar no comento a verdadeira ortografía e o propio acento?
Claro está que só a min, ou a Xabier, ou a outros patriotas curioso de Pontevedra, poderán servir de algo os 15 pregos ditos.?
Nestas coplas o que fala non é Sarmiento, senón que cede a voz a un aldeán: ?Coñecín a un aldeán natural de Mourente e do lugarciño de Monte Porreiro, veciño e ao norte de dito chan (Parafita); o seu nome Marcos da Portela. Este era ( e creo vive) o rústico máis advertido , picarón e gracioso que alí tratei aíndo sendo eu neno.
Finxo que o cura de Taboadelo, ao mediodíado chan (de Parafita) estaba enfermo e que ofrecéndoselle ao dito Marcos ir a velo,foille forzoso atravesar polo chan; e vendo alí tanto concurso de xente sentada, parouse e sentou e estiven oíndo todo o coloquio e que despois determinou poñelo en coplas??
Se cadra nos seus mesmos versos atopamos unha razón máis para escribir en galego, sentírense na Terra dalgún xeito como el mesmo di:
?Cando for a vila,
para meu contento,
verein qu´as saudades
cantando son menos.?