galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A tradición oral e Sarmiento
Imos comezar preguntándonos por que o Padre Sarmiento, a luz dos Séculos Escuros, o Pai das Letras Galegas escribiu en Madrid en 1746 un libriño titulado Coloquio en 1200 coplas galegas ou dos 24 galegos rústicos?

Esta pregunta ten unha primeira e contudente resposta no que vén sendo o encabezamento que a dito traballo filolóxico realizou o frade bieito. Pero precisan estas razóns maiores puntualizacións que teñen que ver coa personalidade e as investigacións que sobre a lingua galega viña realizando o propio Martín Sarmiento.


Procuraremos primeiro respostas nun coñecemento máis preciso da situación na que vivían as nosas letras e a tradición en pleno século XVIII, para logo adentrarnos no mundo erudito deste ilustrado que se considera un adiantado a súa época e polo mesmo precursor e modelo para autores do XIX, dos do Rexurdimento, ese momento fundacional da Liteartura galega contemporánea e, en gran medida, da literatura que se realiza hoxe. Ese é o motivo de que teñamos que proseguir este traballo de investigación indagando na pegada do Coloquio nos séculos posteriores a Sarmiento, quen morreu en Madrid en 1775 sen ver editada esta obra.

A estrutura do traballo sería:

- A modo de introdución: Cal é o contexto no que se escribe este libro?

-Por que escribe Sarmiento este Coloquio das 1200 coplas?

-Que pegada tivo este libro en autores posteriores?
Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 23-02-2012 13:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal