galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Non sei dicir mentiras...falando de amor
DESCUBRE A VERDADE...A GALICIA QUE LEVAS DENTRO

O noso lema para este curso vai da verdade e imos ir vendo temas compostos por galegos que nos ilustren. Comezamos por este tema de Leilía do seu álbum Madama titúlase Hei de estar alí, a letra é dun autor moi coñecido na literatura actual Suso de Toro. Podería ser unha cantiga de berce, na que unha nai, ocórresenos que Galicia nos agarima coas súas palabras, porque as palabras son a mediciña máis codiciada cando falamos de sentimentos verdadeiros. Tamén poderíamola interpretar como un diálogo entre dous namorados, o amor que fai xirar o mundo e que é unha das esenciais que nos definen, a lingua pode ser tamén coas súas palabras segredas son elementos que permanecen e transcenden. Fanos eternos, orixinais e universais. O agarimo das falas de amor son pois sómbolo de autenticidade.
No título do tema hai unha esperanza permanente de futuro e de lealdade por cariño,ante a adversidade diversa coa que o mundo complexo nos abafa. Lealdade e proxección de futuro moi desexables á hora de establecer unha verdadeira relación coa nosa lingua:
"Mais se ti mo pides , hei de estar alí".

Imaxinade logo que quen nos fala así é a nosa lingua, a nai Galicia que sempre sabe estar alí.




HEI DE ESTAR ALÍ

Non che prometo, amor,
falar do que non sei
mais se as mans che enfrían,
hei de estar alí.

Non sei dicir mentiras
falando de amor
mais se faltan as forzas,
hei de estar alí.

Preguntas polo amor
non me atrevo, non sei,
mais se todos marchan,
hei de estar alí.

queres falas de amor
que eu non sei dicir,
mais se todos calan,
hei de estar alí.

Cantei coplas de amor
con palabras segredas
mais se ti mo pides,
hei de estar alí.
Comentarios (0) - Categoría: UNIDADE CERO - Publicado o 18-09-2011 23:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal