galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

LECTURA ATENTA DO HIMNO GALEGO
Para realizar unha lectura atenta do Himno, debemos coñecer ben o texto e o seu simbolismo así como tamen o conxunto de estrofas do poema do que foran parte inicial as catro escollidas para ser o himno de Galicia:

Que din os rumorosos
na costa verdecente
ao raio transparente
do prácido luar?
Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?

Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.

Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.

Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.





Colocamos a continuación as 6 estrofas restantes do poema titulado Os Pinos, nas que podemos identificar outros elementos interesantes para coñecer a intención do poeta á hora de escribir o texto que en sintese está exposto nas 4 primeiras estrofas, presentando á vez outro strazos para entender en conxunto a obra de Pondal:


Teus fillos vagorosos
en que honor só late,
a intrépido combate
dispondo o peito van;
se, por ti mesma, libre
de indigna servidume
e de oprobioso alcume,
rexión de Breogán.

Á nobre Lusitania
os brazos tende amigos
aos eidos ben antigos
con un punxente afán;
e cumpre as vaguidades
dos teus soantes pinos
duns máxicos destinos,
ouh, grei de Breogán!

Amora da terra verde,
da verde terra nosa,
acende a raza briosa
de Ousinde e de Froxán;
que aló nos seus garridos
xustillos, mal constreitos,
os doces e albos peitos
das fillas de Breogán;

que á nobre prole ensinen
fortísimos acentos,
non mólidos concentos
que ás virxes só ben están;
mais os robustos ecos
que, oh, patria!, ben recordas
das sonorosas cordas
das harpas de Breogán.

Estima non se alcanza
cun vil xemido brando;
calquer requer rogando
con voz que esquecerán;
mais cun rumor xigante,
sublime e parecido
ao intrépido sonido
das armas de Breogán.

Galegos, sede fortes,
prontos a grandes feitos;
aparellade os peitos
a glorioso afán;
fillos dos nobres celtas,
fortes e peregrinos,
luitade polos destinos,
dos eidos de Breogán.
Comentarios (0) - Categoría: PONDAL - Publicado o 05-06-2011 09:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0