Antes da morte de Franco na poesía galega nace a denuncia da situación de falta de liberdade a través dunha poesía de temática social que lidera Celso Emilio Ferreiro coa obra Longa noite de Pedra.
Logo coincidindo coa morte de Franco aparecerá un libro, Con pólvora e magnolias de X. L. Méndez Ferrín, que será o punto de arranque dunha nova orientación na poesía en galego, sen deixar de tocar a temática social ábrese o mundo poético a temática máis variadas e a un coidado formal do texto, mesmo a unha interiorización das correntes e influencias de outras literaturas europeas e amaericanas, como consecuencia da liberdade recuperada. Son momentos ademais nas que a obra dun poeta da vangarda dos anos 20, Manuel Antonio, vai ter moita fortuna entre os novos poetas que se verán influenciados polo seu xeito de entender a poesía. É pois a este mundo dos 80 no que xorde como poeta Lois Pereiro.
Celebramos as Letras Galegas este ano dedicadas a Lois Pereiro. Podes consultar na páxina da Academia Galega unha biografía e unha reseña acerca da súa obra.
Destas liñas escritas polo seu irmán entresacamos as seguintes:
"Escoitara coma quen oe o río das orixes"
"Nunca escribirei en castelán", díxolle un día á que empezaba a ser a súa moza, Piedad Cabo. "Quero ser como Manuel Antonio, escribir un libro e morrer novo".
Modesta proposición "Teño liberdade de acción para exiliar o meu espírito no Ártico, en Asia ou no Nepal, e teño permiso para que nada humano me sexa alleo. Por iso podo decidir militar na miña propia lingua".
"Non podo ver nenos que son só ollos", díxolle á nai.
Poemas 1981/1991 (Edicións Positivas). Corenta e dous poemas "mestura de video-clip, haiku, destello, pregaria e cantiga de escarnio", escribiu Manuel Rivas en Babelia, "que o converten no clásico que ten a literatura galega sen sabelo".
"O futuro é por forza alleo a min" Poesía última de amor e enfermidade 1992-1995 (Edicións Positivas, 1995)
Epitafio
"Cuspídeme enriba cando pasedes
diante do lugar onde repouse
enviándome unha húmida mensaxe
de vida e de furia necesaria".