galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

De cantar de nadal e reis
Unha introdución á tradición oral aproveitando o Nadal, esta festa tan distinta hoxe da que se vivía hai só uns poucos anos:





Por que se facían en castelán? fixádevos na letra nesta páxina do canto de nadal e dos reis de Cela (Bueu)


Comentarios (0) - Categoría: CULTURA TRADICIONAL - Publicado o 19-12-2012 06:59
# Ligazón permanente a este artigo
Por que razón debemos denominar a este mes, o dos Defuntos?
Si, todos sabemos que o día 2 de novembro foi o día de Defuntos, pero porque debemos desbotar para denominar a este mes outras acepcións como Santos, ou mesmo de Samaín...? Procura ti unha resposta para argumentar unha denominación alternativa válida, a máis axeitada coa tradición para este mes de novembro.
Le esta entrada e o comentario adxunto e opina e argumenta ti tamén: Galicia encantada. hai variso artigos de interese como os escritos polo actual Presidente da Academia galega, Méndez Ferrín. Podedes procurar outras referencias de interese como por exemplo a propia galipedia nas entradas de Santos e/ ou de Samaín

Comentarios (0) - Categoría: CULTURA TRADICIONAL - Publicado o 05-11-2012 23:36
# Ligazón permanente a este artigo
SAMAÍN ou DEFUNTOS?
PARA CREAR OPINIÓN.Estamos preparando un debate para chegar a definir a denominación máis axeitada para estas manifestacións culturais que se realizaban e que se están de novo impulsando nestes primeiros días de novembro. Para preparar o debate aquí deixamos uns enlace a vieiros da escola, a cultura galega e este outro de complemento sobre os trompos

Na rede hai abertos debates semellantes por exemplo en Bretemas onde hai testemuñas moi interesantes como unha que fala do que se facia tradicionalmente na Illa de Arousa, lugar especialmente interesante no relacionado co culto aso mortos, parece ser que os rapaces ese día van pedir polos defuntiños. Noutro blog, ladrándolle á lúa, dáse esta opinión:

A pesar do que moitos pensan, o samaín é unha festa que sempre se celebrou en Galicia aínda que non en todas partes con esta denominación. Para moitos será máis coñecida como o día das cabazas ou das caveiras. Parece ser que esta tradición foi espallada polos celtas, que celebraban a chegada do inverno e con el, o nacemento dun novo ano. Samaín vén a significar en gaélico "fin do verán".
Desde sempre, nas vilas e aldeas de Galicia, os rapaces deixaban nas encrucilladas as cabazas ou calacús cunha candea acesa no seu interior para asustar os camiñantes.
Hai outros como Méndez Ferrín que non aceptan esta orixe e sosteñen que se trata dunha manifestación do imperialismo estadounidense que impuxo o Halloween en todo o mundo, fronte aos que aceptan que efectivamente esta manifestación do día 1 de novembro veu dos EE.UU., pero nunha viaxe de volta, pois serían os emigrantes irlandeses os que levaran esa tradición a América durante o século XIX e principios do XX. Sexa como for, cada día se recupera en máis lugares a celebración do Samaín.

Finalmente este é o artigo Tempo de Santos do escritor Méndez Ferrín que reflexiona sobre estas datas e dá unha opinión argumentada sobre o tema a debate.
Comentarios (0) - Categoría: CULTURA TRADICIONAL - Publicado o 04-11-2009 05:39
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal