galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

FRASEOLOXÍA GALEGA E REFRANEIRO
Introdución:

A fraseoloxía é aquela disciplina lingüística que, en sentido estrito, estuda todas aquelas combinacións posibles de palabras que posúen determinadas características estruturais e funcionan como elementos oracionais. Sen embargo, nun sentido máis amplo, integraranse tamén os proverbios, refráns, aforismos, fórmulas fixas, frases feitas, etc.

Unidades Fraseolóxicas:

Os requisitos que deben cumprir as unidades fraseolóxicas son a fixación e a idiomaticidade.
Por fixación enténdese a propiedade que teñen certas expresións de ser reproducidas na fala como combinacións previamente feitas.
Por idiomaticidade enténdese a ausencia de contido semántico nos elementos compoñentes.
A fixación e a idiomaticidade convertéronse nas propiedades fundamentais ao longo da investigación fraseolóxica; mais, en ámbolos casos, trátase de cuestións de grao. Así, hai expresións fraseolóxicas totalmente fixas e estables cun significado idiomático que constitúen o núcleo da fraseoloxía como por exemplo: “ Auga de borralla ” fronte a outras que se repiten na lingua, pero cuxo grao de fixación é menor e poden ter un significado literal como por exemplo: “ Poñer en funcionamento ” ou exercer funcións de carácter pragmático como por exemplo: “¡Deus Santo!”

Un dos lingüistas máis destacados no estudo de recollida de refráns e ditos foi Taboada Chivite que dedicou parte da súa vida a recoller persoalmente todo tipo de refráns, locucións, romances, cantigas… de carácter popular e que están recollidos nun “Refraneiro”.
Nesta obra Taboada Chivite define aquelas palabras que teñen uso local e que poderían ser opacas para a maioría dos galegos. Tal fai con cogordón, choupín, escarapela, fin, lombeiro, polar, senón ou xerte:

-O fume vai pra onde os guapos. -Sí, pensando que son parañeiros.
Parañeiros, muxicas, pelaxe, hollín que se forma na campá da cheminea.
-A auga todo lava se non a mala fada.
Se non: Excepto.
-A troita fragosa, fea e fiada.
-Choupin, choupiñeiro, onde está teu compañeiro?
-En marzo chove e neva e fai escarapela, no alto da casa da tía Madenela.

O número de refráns que el reproduce doutras fontes é pequeno: 125 do Dicionario de Valladares, 45 do Faro de Vigo, 28 do Dicionario de Eladio Rodríguez, 17 do Gaiteiro de Lugo, 29 do Mintireiro Verdadeiro.

Refraneiro Galego:

- Nin tanto xo! que se pare, nin tanto xerte! que fuxa.
-Pola Pascoa e pola Pascuela o polar ten boa comedela.
Polar: dulce como o roscón pero con carne de porco, xamón etc (como a empanada)
-Se entre marzo e abril o cuco non ven ou o cuco é morto ou a fin quere vir.
-Bótame na lama e faime boa cama.
Refírese á semente do trigo, do centeo non.
-Seméntame na lama e de min non verás nada.
Sementeira do centeo.
-Sácame a marzo, xa verás como pazo.
Fala o cocho.
-En abril gárdaos pra ti; en maio dállos e en S. Xoán déixaos ir pra onde van.
-A auga perde o mes pero non perde o ano.
(sen chover non pasa).
-A lúa de outubro sete días tapa.
-A perdiz có dedo no nariz.
-A vide e a xesta co demo en testa.
-Apunta a teta, zapateta.
-A rapaza que se fai cedo muller, será de estatura baixa.
-Cando maman da mai todo vai ben cando chupan do pai todo vai mal.
-Despois de abril a auga ven tras do tamboril.
-Despois do palleiro cheo tanto fai de palla como de feno.
-Ca muller e o diñeiro non xogues compañeiro.
-Sogra e nora e can e gato non comen ben nun mesmo prato.

-Un ou dos fillos; non máis.
-Ollo de barbeiro, metro de carpinteiro.
-Onde vexas corpo bota carga e onde vexas orellas dá cebada.
-San Benito Cabaceiro é o San Benito verdadeiro.
-San Francisco trae a vela e S. Xosé a leva.
-San Ramón, San Ramonciño unha camisa de liño che dou.
-O galego non perde o rego.
-Tira sempre cara a terra.
-Din os galegos dos galegos.
-Pisada de boi, dente de lobo e facer moito, moito o bobo.
-Os machadazos nas alturas parecen molduras.

IVÁN Cachafeiro Gulías

para ampliar información ver: "dun erro, faise un enterro" target=_blank class=tEnlac>refraneiro
Comentarios (0) - Categoría: FRASEOLOXÍA E REFRANEIRO - Publicado o 18-04-2008 06:12
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal