galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

1600 anos da creación do reino Suevo de Galicia
Estes días estáse a desenvolver o Congreso internacional "1600 anos do reino Suevo de Galicia" no Pazo da Cultura de Pontevedra organizado pola Universidade de Santiago. Un evento importante para a nosa cultura. Á par da xestación deste reino a mans dos Suevos, estábase a dar o que segundo X.Eduardo López Pereira podemos denominar o 1º Espertar cultural de Galicia.

CUESTIÓNS:
1- Quen son os principais protagonistas e cales os principais fitos deste 1º espertar cultural de Galicia?


2- Que aportaron os Suevos á Historia da nosa Lingua?

Redacta unha redacción de non menos de 25 liñas sobre este tema na que procures aportar algún datao relevante sobre a influencia dos Suevos no superestrato lingüístico do galego.(Podes facer unha pequena consulta na páxina do Colexio en departamento didácticos, no Departamento de Galego na entrada titulada Historia da Lingua onde atoparás algo máis de información sobre a pegada dos Suevos na Lingua).

3- Observando o mapa dinámico do territorio do Reino de Galicia dende a época romana ano 19 ata o século XIX, comenta cada unha das etapas e estensión do seu territorio.

Comentarios (0) - Categoría: HISTORIA DA LINGUA - Publicado o 05-10-2010 06:19
# Ligazón permanente a este artigo
CARA OS SÉCULOS ESCUROS
Para entender a decadencia da lírica medieval no contexto da Historia da Lingua, temos que botar man da propia historia de Galicia e nese proceso imos primeiro descubrir as claves que nos permitan coñecer o significado da Revolta dos IRMANDIÑOS.



Esta reacreación pertencen a unha iniciativa recente de coñecer a historia revivindo os acontecementos que protagonizaron por exemplo os Irmandiños


Logo debemos reparar na separación do galego do portugués, intentando identificar algunha das diferenzas que fan posible esta separación a partir do século XV-XVI.
Logo por curiosidade deberiamos saber algo do que se reclama como último trobador da nosa lírica medieval tras coñecer como vai declinando o uso da moda trobadoresca tanto en Galicia como en Portugal e Castela que conservan cancioneiros desta etapa de decadencia
Comentarios (0) - Categoría: HISTORIA DA LINGUA - Publicado o 24-02-2010 06:43
# Ligazón permanente a este artigo
QUEN É A LINGUA AVOA DO GALEGO?

O indoeuropeo o avó do galego
O galego, coma a maioría das linguas de Europa e un bo número das de Asia, deriva do indoeuropeo, podemos dicir que é o seu avó ou avoa.
1º cuestión: Procura unha boa definición do indoeuropeo e representa unha árbore xenealóxica ou esquema de todas das 12 grupos ou familias fillas do antigo indoeuropeo (podes informarte nesta dirección: http://gl.wikipedia.org/wiki/Linguas_indoeuropeas) de todos os xeitos a lista de grupos que debe aparecer é : Albanés, Anatolio, Ilirio ( paleo-balcánico), Grego, Celta, Tocario, Báltico-Eslavo, Itálico, Xermánico, Indo-Iraní e Armenio, procura tamén poñer o nome de algunhas das linguas máis importantes de cada unha destas familias. Non esquezas de situar na árbore o galego indicando quen foi a súa lingua nai.

2ª cuestión: As cinco grandes familias de linguas no mundo son a indoeuropea, a sino-austrina(Asia oriental e oceanía), as camito-semitas, as africanas e as amerindias. Fai un pequeno esquema no que coloques un par de exemplos de linguas de cada familia, procura que sexan linguas o máis coñecidas posibles por todos os compañeir@S Podes informarte en : http://gl.wikipedia.org/wiki/Linguas_do_mundo

3ª cuestión: Sitúa as linguas romances, románicas ou latinas nun mapa. Investiga tamén sobre cales son as linguas non indoeuropeas de Europa. Cal é a lingua non indoeuropea da nosa península?.Podes informarte en: http://gl.wikipedia.org/wiki/Linguas_rom%C3%A1nicas.
http://gl.wikipedia.org/wiki/%C3%89uscaro


4ª cuestión: Como reconstruír o idioma indoeuropeo? Como non temos testemuños escritos desta lingua da prehistoria que se reconstrúe por medio da lingüística comparada. Procura unha definición sinxela de lingüística comparada e un desenvolve un esquema a modo de exemplo entre as linguas romances. Podes informarte en: http://gl.wikipedia.org/wiki/Ling%C3%BC%C3%ADstica_comparada e tamén na palabra *pater que aparece máis arriba.

5ª CUESTIÓN: Consulta na páxina do colexio, nos departamentos didácticos o departamento do galego a historia do galego e procura 10 palabras de substrato preindoeuropeas que aparezan nesta curiosa historia e outras 10 de susbtrato indoeuropeo. Nun traballo dos alumn@s de galego do curso pasado tamén se afondaba sobre este tema

Comentarios (0) - Categoría: HISTORIA DA LINGUA - Publicado o 28-10-2009 06:51
# Ligazón permanente a este artigo
PARA SABER MÁIS DA HISTORIA DA LINGUA
Existen unha boas entradas sobre a historia da lingua para saber algo máis que os 12 coñecidos enunciados:
I- Na prehistoria están as raíces da nosa identidade.
II- Antes do galego, GALLAECIA ROMANA.
III- GALICIA, o 1º reino medieval de Europa
IV- Nace o galego e as peregrinacións a Compostela.
V- O esplendor medieval da nosa literatura
VI- Decadencia do XIV-XV e os Séculos Escuros XVI-XVIII
VII- Os ilustrados e precursores dunha nova etapa.
VIII- O primeiro galeguismo e o Rexurdimento literario.
IX- Unha nova idea de Galicia: Do Galeguismo ao Nacionalismo.
X- O Franquismo e a instalación do bilingüismo.
XI- Un difícil proceso de recuperación da identidade.
XII- A Galicia da Normalización.
Podedes consultar en varios artigos da galipedia, mesmo neste curioso mapa de linguas
Comentarios (0) - Categoría: HISTORIA DA LINGUA - Publicado o 30-09-2009 23:01
# Ligazón permanente a este artigo
O NACEMENTO DO GALEGO
O nacemento da nosa literatura non se produciría de non ser por dous acontecementos susbstanciais:
-A existencia dunha rica tradición oral.
-A influencia do fenómeno xacobeo.

Aínda hai moito que dicir e estudar sobre esta etapa apaixoante. Un libro que acaba de saír agrupa toda unha serie de tranballos sobre este momento tan interesante da nosa cultura.
para saber máis
Comentarios (0) - Categoría: HISTORIA DA LINGUA - Publicado o 15-03-2008 16:52
# Ligazón permanente a este artigo
Un primeiro paso
Xa está colgada na rede hai tempo unha primeira parte unha historia da lingua. Agardamos este curso dar outro paso máis que protagonizarán os actuais alumn@s de 1º de Bacharelato tentando incorporar unha segunda parte ligada ao esplendor medieval da nosa lingua. Veremos do que somos capaces de facer.

Para quen queira ir consultando o xa realizado consulte na páxina web do San Narciso no departamento de Galego dentro dos Departamentos Didácticos
Enlace coa páxina do colexio
Comentarios (0) - Categoría: HISTORIA DA LINGUA - Publicado o 05-02-2008 10:00
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal