galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

UNHA RECOMENDACIÓN: INDIGNÁDEVOS
Trátase dun libro moi interesante e moi lido entre a xuventude europea,( dous millóns de copias vendidas en Francia) que acaba de aparecer na súa tradución en galego de Fernando Moreiras,e que ten un bo prólogo do escritor coruñés Manuel Rivas. Un libro para ler estas vacacións.

Algúns comentarios:


"Un manifesto contra a indiferenza e o arsénico nas palabras, unha auténtica rebelión pacífica a favor da dignidade do ser humano"

"Un libro adsequible e útil para coñecer mellor a nosa realidade, para rachar coa indiferenza, unha conquista do poder das palabras".

"Hessel ten 93 anos, pero é un mozo na súa forma de pensar e escribir"

“A indignación medrou en min dende fai uns meses e trato de devorar libros; é o único que me acouga. Coñecendo o fenomeno francés, tan pronto chegou ás librarías fun a polo meu exemplar: non se escatima nin en cultura, nin en arte (aprendino da miña muller). Xa sabía o que mercaba: 17 follas de pensamento condensado no que a pasividade é o inimigo letal da sociedade; e a Declaracion Universal de Dereitos Humanos, unha victoria no ano 1948, que xa queda moi lonxe… Que xa quedou, como ben di Manuel Rivas, en palabras que son follas mortas. Temos a obriga de indignarnos e de loitar de forma pacífica para que todos academos eses dereitos universais”.

"A versión castelá prologouna José Luís Sampedro, e a galega Manuel Rivas. Pois ben, o atractivo é que tal chamamento vén da palabra dun intelectual de 93 anos que participou como redactor da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, alá por finais dos anos corenta".

Comentarios (0) - Categoría: LECTURAS - Publicado o 15-04-2011 06:25
# Ligazón permanente a este artigo
A praia dos afogados
Esta nova lectura para realizar na casa, con tranquilidade e para saborear unha novela con intriga e humor, foi a escollida para esta segunda avaliación, pero a proba de lectura será inmediatamente despois de Semana Santa 29 de abril.

A praia dos afogados é do autor galego Domingo Villar, é o segundo libro dunha serie policíaca que comezou con "Ollos de auga". De novo Leo Caldas, o inspector sagaz creado por este autor vigués, na contorna de Vigo solventará un caso de moi difícil resolución. Coñeceremos ao seu axudante aragonés, tan alto como inxenuo e sobre todo viviremos intrigados durante a súa lectura preguntándonos por se será ou non un asasinato e a quen se lle pode inculpar tal feito.
Comentarios (1) - Categoría: LECTURAS - Publicado o 18-03-2011 06:50
# Ligazón permanente a este artigo
CUESTIONARIO PREVIO SOBRE UN TIPO LISTO
Decidímos colgar aquí unha serie de cuestións previas á lectura do libro de Xosé Monteagudo, UN TIPO LISTO coa finaliade de ir creando ambiente.

Ademais das 5 preguntas que cada lector debe facernos chegar antes do ENCONTRO CO AUTOR, sería importante que cada un fose reflexionando sobre os distintos elementos narrativos que toda novela ten e que nesta presenta peculiaridades a ter en conta como punto de arranque a todo comentario que se faga sobre a lectura.

Sabes cal é voz narradora escollida polo autor? Cres que cobra gran importancia a medida que vai avanzando a acción da novela?

Hai un considerable número de personaxes e nas súas interrelacións debemos establecer rangos ou categorías, e aínda que moitos son secundarios hai máis de 16 dos que se ten que saber ben o rol que xogan na trama. Procura facer unha listaxe cos seus nomes e algunha característica que os identifique( oficio, ideoloxía, etc...)

Son tamén múltiples os espazos da novela: Realiza outra listaxe dos diversos lugares que aparecen na novela.

Un dos recursos referidos ao tempo que usa o autor con especial interese é a retrospección, procura lembrar as máis significativas das que van a parecendo na lectura.

Segundo vaias lendo ou despois de ler o libro repara nos valores que quere transmitir o autor. Que che di esta historia dun "tipo listo"?
Comentarios (0) - Categoría: LECTURAS - Publicado o 10-05-2010 18:43
# Ligazón permanente a este artigo
MADE IN GALIZA e A SOCIOLINGÜÍSTICA
Imos poñer en marcha para rematar o curso un obradoiro sobre sociolingüística. A situación do galego hoxe como a vive cada quen e que é o que me sae de dentro con respecto a este tema. Utilizaremos o libro de texto da aula e as lecturas realizadas sobre o libro de Sechu Sende "Made In Galiza", a derradeira deste curso.

Imos facendo boca: un vídeo duns rapaces do IES Leliadoura de Boiro, unha curtametraxe realizada sobre o texto de Sechu Sende "Eu fixen ouigha co espírito de Castelao"



Lembrádevos que o ano pasado nós fixeramos tamén unha montaxe parateatral con textos do mesmo autor e coa lingua como tema central. escolleramos outros textos.
para ler algúns dos textos de Made In Galiza na rede
Comentarios (0) - Categoría: LECTURAS - Publicado o 02-06-2009 20:05
# Ligazón permanente a este artigo
Poetízate Fran Alonso na Biblioteca

Despois dun mes lendo poemas e tranballando sobre esta antoloxía da poesía galega de Rosalía até hoxe que realizou Fran Alonso, tivemos o pracer de ter un encontro co autor para falar de poesía e de literatura.
O esquema de traballo do libro foi o que segue:

1-Escoller 9 poemas que me gustaron.


2 Destes 9 poemas comento o tema e os seus principais recursos.

3- Escollo logo 3 poemas de amor e fago algo semellante.

4-Escollo outros 3 que falen de Galicia.

5- Elixo un poema para afondar sobre el atope.

6- Que podo dicir sobre os ecos do poema da páx.91.

7- Quen escolleu esta antoloxía, procurar información sobre Fran Alonso.

8-Que poema boto en falta e por qué.

9- Aporto eu o meu propio poema.

O traballo persoal íase combinando coa lectura de poemas escollidos polos alumn@s na aula en cada sesión e ir comentando tema e recursos.

Unha experiencia de achegamento e interiorización, unha práctica de poetización con cadáveres exqueisitios incluídos.

Se queres saber máis consulta o blog da Biblioteca de Secundaria
Comentarios (1) - Categoría: LECTURAS - Publicado o 02-06-2009 19:55
# Ligazón permanente a este artigo
MADE IN GALIZA de Séchu Sende
Unha segunda lectura centrada na sociolingüística que é un apartado importante e consitente da Lingua e Literatura Galega de 1º de Bacharelato e que ademais pode servirnos de fonte de inspiración para a obra de teatro que preparamos.
É un libro que seguro nos fará sorrir e reflexionar sobre a situación da lingua galega a día de hoxe.
para saber máis sobre o libro
Comentarios (1) - Categoría: LECTURAS - Publicado o 05-02-2008 10:14
# Ligazón permanente a este artigo
Que me queres, amor? de Manuel Rivas
A primeira lectura en primeiro de bacharelato é un clásico vivo da nosa literatura, un libro premiado,que fala da Galicia de hoxe ou dende a Galicia de hoxe, levado ao cine e que pode ser unha boa forma de entrar na literatura con maiúsculas.

Reseña na Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: LECTURAS - Publicado o 05-02-2008 09:31
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal