|
|
|
A resposta do Rexurdimento |
|
O noso REXURDIMENTO é resposta a unha serie de tópicos e prexuízos que nos Séculos Escuros se foron asentando á hora de catalogar aos galegos, mesmo foron creando un auto-odio como o propio Sarmiento deixou dito.
De onde saíron certos tópicos sobre os galegos?
Despois volveremos a vista cara a outro elemento substancial como é o da tradición oral que serve de soporte e referencia para crear un discurso literario culto no Rexurdimento.
Poderemos velo no propio Sarmiento. |
|
|
|
A PROSA MEDIEVAL E A SÚA CONEXIÓN COA TRADICIÓN ORAL |
|
 A Prosa da época medieval atópase a medio camiño entre as creacións cultas e as de carácter popular porque varios textos dos que conservamos tanto teñen unha raíz que nos leva a tempos do Primeiro espertar cultural da Gallaecia (anterior á aparición do galego) como son quen de convivir cunha tradición oral potente que á vez que provocan a creación de novas obras de carácter culto, recrean esa tradición.
No blog aula galega podemos consultar unha ligazón sobre este asunto da prosa medieval e as súas conexións co pasado e co presente. |
|
|
|