galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Dous poemas de Curros Enríquez
A ROSALÍA



Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.

A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu

E vina tan sola
na noite sin fin,
¡Que ainda recei pola probe da tola
eu, que non teño que rece por min!.

Os ósos son dela, que vades gardar.
¡Ai dos que levan na fronte unha estrela!
¡Ai dos que levan no bico un cantar!

Manuel Curros Enríquez

Recursos a comentar
Hipérbato inicial:
orela do mar, estrela
(simbolismo na frente e no bico)
musa dos pobos...comesta dos lobos
(antítese esencial)

AÍ VEN O MAIO
Comentarios (0) - Categoría: CURROS ENRÍQUEZ - Publicado o 08-06-2015 23:31
# Ligazón permanente a este artigo
Un poema de Curros Enríquez
Na chegada a Ourense da primeira locomotora.

I
Velaí ven, velaí ven avantando
comaros e corgas, e vales, e cerros.
¡Vinde vela, mociños e mozas!
¡Saludaina, rapaces e vellos!
Por onde ela pasa
fecunda os terreos,
espértanse os homes,
frolecen os eidos.
Velaí ven, velaí ven tan oupada,
tan milagrosiña, con paso tan meigo,
que parece unha Nosa Señora,
unha Nosa Señora de ferro.
Tras dela non veñen
abades nin cregos;
mais vén a fartura
¡i a luz i o progreso!

II
Catedral, demagogo de pedra,
dun pobo fanático erguida no medio,
repinica esas chocas campanas
en sinal de alegría e contento.
Asocia esas voces
ó son dos pandeiros,
¡ás santas surrisas
de terras e ceos!
E ti, río dos grandes destinos,
que os himnos ensaias dos trunfos ibéricos,
requeimáda-las fauces de sede
vén o monstro a beber no teu seo.
Bon samaritano,
dálle auga ó sedento;
que a máquena é o Cristo
dos tempos modernos.

Procuraremos ver neste poema algunha das claves do estilo de Curros.

-Un poema cívico-social, temos que saber cal é o tema deste poema:a chegada do progreso.

_ Fíxate no punto de vista, un apóstrofo (diríxese a unha segunda persoa)

- Analicemos a estrutura.

- Simbolismo do poema.
- Carácter anticlerical.
Comentarios (0) - Categoría: CURROS ENRÍQUEZ - Publicado o 08-06-2015 23:20
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal