galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

MANUEL ÁLVAREZ TORNEIRO: O Soño
Comezabamos o curso falando da sensibilidade como esoutra mirada posible. O poeta que traemos entre marzo e abril deixou escrito así o seu soño no derradeiro poema do seu último e galardoado poemario:

O SOÑO
Viaxa nese tren que cruza os días.

A el subiu un home co fulgor dunha rosa,
unha calma inmadura,
certa sabedoría que non dá para glorias
e un proxecto radiante: ser feliz.

Leva un soño trazado como un río,
soña con ese soño,
cerra os ollos e goza
toda unha vida que non vai vivir,
ese futuro: campo de vislumbres.

Pensa como será a primavera,
que viño afervoado vivirá nas palabras,
que resposta confortará,
que esquecemento.

El, o asombrado un día,
alzado en monumento de memoria,
oíndose en voz baixa.

Qué deus será máis deus, quizais máis home
onde o home só quixo ser humano.

Ese home que de nada se despide.

O que,ás veces, desexa
que esa viaxe non remate nunca.


MANUEL ÁLVAREZ TORNEIRO
Os ángulos da brasa
Comentarios (0) - Categoría: POETAS E POEMAS - Publicado o 27-03-2014 21:36
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal