galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Portugués e galego distintos, mais non distantes
A lingua portuguesa e a galega naceron xuntas e as circunstancias da historia foron separándoas ata se constituíren en linguas distintas, pero non distantes. Imos comprobar cales son esas pequenas diferenzas con dúas cancións e os seus textos escritos:






Imos agora coa fonética do portugués: Dous vídeos feitos en Portugal sobre a Galiza:





O traballo en grupo para expoñer na aula que propomos a continuación tería como título:
Achegamento á proximidade do galego e do portugués

1- Exlicar en que consiste o proxecto Meniños Cantores, cales eran os seus contidos e que é a iniciativa Ponte nas Ondas.

2- Partimos das cuestións da pregunta 3 da páx 56 do libro de texto para configurar o noso mapa da Lusofonía.

3- Unha cala na Literatura Portuguesa quen eran Camoens, Pessoa, Saramago ... Falar de cinco grandes autores das letras portuguesas de distintas épocas.

4- Brasil e a súa aportación á literatura lusófona.

5- Volvemos ás preguntas do libro a 5 da páxina 56 para procurar cancións e cantigas dos diversos lugares da Lusofonía. Ademais investigade ademais sobre iniciativas como Cantos na Maré e Corasóns, en que consisten?

6- Localizar na rede algún vídeo sobre as semellanzas e diferenzas do galego co protugués ou brasileiro

Prazo de entrega: 26 de febreiro.
Comentarios (0) - Categoría: LUSOFONÍA - Publicado o 14-02-2014 06:25
# Ligazón permanente a este artigo
O SÉCULO DE CAMÖES
A literatura portuguesa comeza no século XIII coincidindo co reinado do rei Alfonso III. O pobo comezou a escribir cuadrillas inxenuas e alegres, permitindo que os xograres da época adecuasen estas composicións as formas da lírica española.

A literatura portuguesa pode dividirse en catro períodos: - do 1200 ao 1415 : a Idade dos Trobadores.
- do 1415 ao 1580: o Florecemento Humanista. Neste período rivaliza a literatura portuguesa coa do reino de Castela.
- do 1580 ao 1820: Época do Estancamento.
- do 1820 ao presente: o Renacemento Romántico.

Desde o século XII ata o XIV, comeza una nova literatura pero cunha lingua do noroeste peninsular español, coñécese co nome de lírica galaico-portuguesa. Pero a partir do século XIV, pódese falar dunha literatura propiamente portuguesa.

A literatura galaico-portuguesa trobadoresca comeza no século XIII, durante o reinado de Alfonso III, pero acada o seu máximo esplendor no reinado do seu fillo don Dionis( un trobador dos máis importantes). Nesta época os xéneros cultivados eran de tres tipos:

-Cantigas de amor: son composicións cantadas nas cales un trobador diríxese a unha dama para expresarlle o seu amor. Son cancións no que o tema principal é a "quita amorosa", a queixa do namorado, xa que este considérase indigno do seu amor ao velo como algo imposible. Segundo a aptitude do trobador ante a sua dona, pode ser un suspirante que non mantén ningunha relación coa sua namorada, neste caso sería un fenhedor; un suplicante que prega a correspondencia amorosa a sua dona, o cal sería un precador; un namorado chamado tamén un entendedor ou pode ser un amante correspondido ou drut, pero este estado é difícil de alcanzar.
Nas cantigas de amor galaico-portuguesas están ausentes a paisaxe e o ambiente primaveral.

-Cantigas de amigo: son breves cancións populares postas en boca de mulleres namoradas, cheas de gracia e que continuan hoxe en dia na tradición folclórica oral. É moi importante a aparición da natureza na composición, xa que en moitas delas a namorada atópase nun espacio natural como pode ser na orilla dalgún mar, no bosque, nalgunha ermida, nunha illa... en tódolos casos estes lugares ofrécennos diferentes valores simbólicos que nos axudan a comprender a cantiga.

-Cantigas de escarnio: son composicións sátiras e burlescas dos diferentes temas da época: político, moral ou relixioso e persoal. Nelas aparecen difamacións as distintas persoas ou sucesos.

A finais do século XV a cultura portuguesa comeza a renacer de novo gracias as viaxes marítimas ao redor de Áfricae a expansión das cidades do Atlántico.
Todo o acontecido, esplendor e decadencia, na Idade de Ouro en Portugal, cos ideais da época de cabaleiros, cristians e amantes, atópase reflexado na vida e obra do escritor máis importante de Portugal: Luís Vaz de Camöes.


LUÍS VAZ DE CAMÖES
Luís de Camöes naceu o 10 de xuño no ano 1524 en Lisboa. Aínda que era de orixe nobre pasou a sua vida na pobreza, por iso probou sorte na corte pero logo tivo que marchar a África e a Asia.
Logo de estar un tempo vivindo en África, regresou ao seu pais natal, Portugal. Pero na viaxe, naufragó nas costas de Mozambique e debido a falta de medios e recursos tivo que quedar alí. Foi en Mozambique onde o seu amigo Diogo do Couto o atopou. Este encontro relátase na sua obra "tan pobre que vivía dos amigos". Diogo do Couto foi quen lle pagou o seu regreso a Lisboa, a donde chegou no ano 1569.
De volta a Portugal, atopábase arruinado e coa saúde moi fráxil debido a sua enfermidade. A pesar diso conseguiu publicar en 1572 a sua obra máis importante "Os Lusiadas", que en portugues quere dicir "os fillos de Lusus", gracias a influencia dalgúns amigos cercanos ao rei Sebastián I de Portugal.
Pero incluso a publicación da sua obra máis famosa atópase envolta en traxedia xa que no mesmo ano publícanse duas edicións e non se sabe cal delas é a primeira. O rei concédelle unha pequena pensión polos seus servizos prestados, pero esta sempre chegaba tarde e non salva ao poeta da miseria.
"Os Lusíadas" constitúe a máis importante epopeia do renacemento ademáis dunha homenaxe aos reis portugueses do pasado e ao seu pequeno pero bonito país, Portugal.
Esta obra baséase na viaxe que fixo Vasco de Gama, pero que Camöes engrandeceuna coa aparición da mitoloxía antiga. Esta obra componse de dez cantos con un numero variable de estrofas.
O poema comeza cando os navegantes atópanse no Océano Índico. A continuación refírese as aventuras anteriores desde a desembocadura do Tajo, a lo largo das Canarias, Cabo Verde, SIerra Leona, o Congo, o extremos de África e a punta oriental deste. A viaxe está marcada polas innumerables complicacións como por exemplo a epidemia do escorbuto que causuo moitas baixas entre os mariñeiros.
Continuan cara a Mozambique onde os musulmans os aceptan aparentemente con boas intencións. Pero cando o almirante portugués recibe na súa nave ao xefe musulmán, as suas boas intencións tórnanse en envexas e temores polo que os portugueses deciden marchar a Mombasa. Neste traxecto aparece una enorme tempestade que só amaina pola mañá, o que fai que amarren os buques en Calicut( Calcuta). Nesta cidade ocorre o mesmo que en Mozambique por iso os lusos decicen fuxir para Lisboa.
No seu regreso, Venus os leva a unha illa paradisíaca, como ofrenda de recompensa as suas fatigas. Logo de descansar aquí, os mariñeiros voltan a Lisboa pregoando o seu descubrimento.
Nesta obra mestúranse os feitos reales cos mitolóxicos, non só coa aparición de Venus senón tamén cando os mariñeiros caen rendidos as nereidas( personaxes mitolóxicos parecidas as sereas de Ulises), o seu encontro cunha ninfa e os alardos de Xúpiter.
A obra remata cunhas "conclusións" que nos presentan ao ser humano como un ser conquistador e superior á natureza.

Camöes tamén foi un dos mellores poetas líricos no seu uso da linguaxe pura e doce, o cal vese reflexado nos seus poemas do amor ideal e do destino humano. Tamén escribiu varias obras de teatro de temas clásicos.
Luís Vaz inspirou durante séculos aos escritores portugueses e continuou co seu espíritu nacional na era do Estancamento, cando estes atopábanse sometidos a coroa de Castela. Pero esta situación cambiaría debido as loitas e a conquista de Brasil por parte de Portugal, xa que esta nova conquista proporcionáballe a Portugal unha oportunidade de recuperar e manterse como un país independente.


Os seus poemas máis recoñecidos son:

VERDES SAO OS CAMPOS
Verdes sâo os campos,
De cor de limâo:
Assim sâo os olhos
Do meu coraçâo.

Campo, que te estendes
Com verdura bela;
Ovelhas, que nela
Vosso pasto tendes,
De ervas vos mantende
Que traz o Verâo,
E eu das lembranças
Do meu coraçâo.

Gados que paceis
Con contentamento,
Vosso mantimento
Nâo no entendereis;
Isso que comeis
Nâo,sâo ervas, nâo:
Sâo graças dos olhos
Do meu coraçâo.






AMOR É FOGO QUE ARDE SEM SE VER
Amor é fogo que arde sem se ver;
É ferida que dói e não se sente;
É um contentamento descontente;
É dor que desatina sem doer;

É um não querer mais que bem querer;
É solitário andar por entre a gente;
É nunca contentar-se de contente;
É cuidar que se ganha em se perder;

É querer estar preso por vontade;
É servir a quem vence, o vencedor;
É ter com quem nos mata lealdade.

Mas como causar pode seu favor
Nos corações humanos amizade,
Se tão contrário a si é o mesmo Amor?


QUE ME QUEREIS, PERPETUAS SAUDADES?Que me quereis, perpétuas saudades?
Com que esperança ainda me enganais?
Que o tempo que se vai não torna mais
E, se torna, não tornam as idades.

Razão é já, ó anos, que vos vades,
Porque estes tão ligeiros que passais,
Nem todos pera um gosto são iguais,
Nem sempre são conformes as vontades.

Aquilo a que já quis é tão mudado
Que quase é outra cousa; porque os dias
Têm o primeiro gosto já danado.

Esperanças de novas alegrias
Não mas deixa a Fortuna e o Tempo errado,
Que do contentamento são espias.

Tamén son importantes as suas 37 redondillas de Babel e Siäo.

Camöes faleceu o 10 de xuño de 1580 en Lisboa. Os seus restos, colocados preto do convento de Santa Ana en Lisboa, perdéronse polo terremoto de 1755 e a partir dese momento perdéronse para sempre e non se sabe con certeza onde están.

PATRICIA FERNÁNDEZ PALLEIRO
Comentarios (0) - Categoría: LUSOFONÍA - Publicado o 15-04-2008 06:35
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal