galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Xa podedes ver o vídeo da obra de teatro
A nosa peculiar adaptación de "Agasallo de Sombras" de Vidal Bolaño gravada en vídeo xa está colgada na páxina web do centro,en con creto no interior da revista dixital Chan do monte 2013.
Comentarios (0) - Categoría: VIDAL BOLAÑO - Publicado o 30-07-2013 07:05
# Ligazón permanente a este artigo
Vídeos propios sobre Vidal Bolaño




Trátanse de dous vídeos para a chegarense á vida e a obra de Vidal Bolaño. Para coñecer máis en detalle a súa vida e obra podemos facer uso de traballos como a biografía publicada polo Seminario Galán, cunha chea de datos sobre a súa vida, pero sobre todo cunha contextualización da obra de Roberto Vidal Bolaño na traxectoria e evolución do teatro escrito en galego dende o século XIX.
Comentarios (0) - Categoría: VIDAL BOLAÑO - Publicado o 14-05-2013 00:07
# Ligazón permanente a este artigo
AGASALLO DE SOMBRAS
Estamos lendo na aula Agasallo de Sombras de Roberto Vidal Bolaño como exercicio de achegamento a súa obra, peor tamén de afondamento ao mundo literario do Rexurdimento.
De feito na escena da obra na que se entrevistan Pondal e Aurelio Aguirre fálase da visión que eles tiñan da poeta Rosalía. Son sombras ambos que asedian á vez ás propias de Rosa e Rosalía ( unha dobre visión da vida por parte da autora de Iria, por unha banda a nova cuns 21 anos, por outra a que vén de morrer no ano 1885. Reproducimos a continuación un anaco desta escena VI:

" Os que acudiran ó chamado de Aguirre, dispoñen sillas arredor da mesa e sentan nelas. Agora máis ca antes, relembran a aquel soado banquete que xuntos celebraran en Conxo. Os estudaiantes, de levita, poñen a mesa e serven ós artesáns. Pondal baixa do seu empoleiramento, vai ó chineiro, colle unha botella e vailles enchendo os vasos a todos.

PONDAL: Que estraños e complicados son, os camiños que levan á gloria, ¿non si Aurelio?
AGUIRRE: Se non foran así, poderíaos seguir calquera.
Pondal serve unha copa para el e outra para Aguirre
PONDAL: Din que unha copa de bo anís é coma unha taza de bo caldo. Non alimenta moito pero quécelle a un o corpo. E o anís ten sobre o acaldo a vantaxe de que afía o inxenio e alixeira a fala.
AGUIRRE: Pois ti xa a traes ben lixeira e aínda non o probaches.
PONDAL: Probareino logo, máis tarde. Cando brindemos, ¿ se é que hai por que? Hoxe non son eu quen precisa ter fácil a palabra e agudo o inxenio, senón ti. Ou moito me equivoco ou fuches convidado aquí esta noite para lucilas túas mañas nunha e outra cousa.
AGUIRRE: Non te equivocas.
PONDAL: !E que! ¿ Como che vai?
AGUIRRE: ¿ E como me había ir? Mal.
PONDAL: Hai en cantos na alma das mulleres, contra os que pouco ou nada se pode.
AGUIRRE: Nunca a vin tan vencida.
PONDAL: Nunca o estivo tanto como agora.
AGUIRRE: Antes ríalle ata o mirar.
PONDAL: Antes foi hai tanto tempo. Eran outros os desacougos e outras as penas.
AGUIRRE: ¿Que penas?
PONDAL: Todas. As vellas, as novas, as propias , as alleas.
AGUIRRE: Das novas poderíase desfacer dicíndolle a Manuel o que realmente pensa del mandándoo á...
PONDAL: Non o fará nunca. Ela, no fondo é feliz así. É a nosa Rosa, Aurelio. A de sempre cuns anos e unhas ataduras máis. ¿ Xa esqueciches como era?
AGUIRRE: Non se pode esquecer a quen nunca se coñeceu de certo."




Esta cabeceira da escena sitúase nun soado banquete celebrado en Conxo.

CUESTIÓNS:
Cando se realizou este acto?
En que consistiu?
Que aportan Pondal e Aguirre a aquel acto?
Que ideoloxía tiña o grupo que frecuentaba Rosalía no que estaban Pondal e Aguirre? Que defendían?
Durante aquel banquete o lugar estivo rodeado de soldados por que?

Pero a esta parte da escena axiña deriva cara Rosalía. Que visión teñen de Rosalía na obra de Bolaño os personaxes de Pondal e de Aguirre segundo as palabras que reproducimos máis arriba? Por que cres que din : "Nunca a vin tan vencida"
Que é o que credes que Bolaño pensa que desexa Aguirre ao dicir: "poderíase desfacer dicíndolle a Manuel o que realmente pensa del..."

Parece ser que os propios Pondal e Aguirre foron ameazados con ser deportados ás Illas Marianas por causa do evento. Parece ser que ambos se retractaron. Nun tempo de numerosas revoltas populares en toda Europa, o Banquete de Conxo foi un dos primeiros actos reivindicativos e de toma de conciencia nacional galega, ademais de reivindicar os dereitos das clases máis populares do país. Lembremos que anos antes o Levantamento Provincialista fora reprimido con fusilamentos.

Lembras que se reclamaba daquela e en que ano foran estes fusilamentos?
Comentarios (0) - Categoría: VIDAL BOLAÑO - Publicado o 10-05-2013 17:06
# Ligazón permanente a este artigo
VIDAL BOLAÑO
Eu son un home... un señor maior con sombreiro e bigote, que de xeito absolutamente irresponsable, persiste na estúpida teima de vivir por e para unha das profesións, hoxe en día, máis absurdas do mundo, non? E, sen embargo, por eso, máis grandiosas [sic]. Roberto Vidal Bolaño

Un candidato ás Letras Galegas imprescindible.









OBRAS
Agasallo de sombras (a prol da desmitificación dos nosos mitos)




A burla do galo ( a partir de Cunqueiro, un dos nosos clásicos)



Un anaco de Saxo Tenor:




Bailadelas: Unha montaxe coas mulleres do teatro de Vidal Bolaño na súa homenaxe.



VIDAL BOLAÑO E O CINE

A súa relación co cinema defínea un tanto el mesmo
Comentarios (0) - Categoría: VIDAL BOLAÑO - Publicado o 25-04-2013 08:09
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal