Galiza libre


Cultura, non política.
Nada que ver cos nacionalismos, nin sequera coa política. Este blogo pretende ser un lugar para reflexionar sobre a cultura galega como unha forma máis de entendermo-la vida. Como persoas, libres para elixir.

johaka fuco
 - CATEGORÍAS
 - LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

ser humano
concienciasinfronteras.comEn moitas tribos a palabra que significa 'ser humano' é tamén o nome da tribo; polo tanto, os membros doutras tribos, por definición, non son seres humanos [...] Ó definir como seres humanos só ós seus familiares e amigos, os membros dunha tribo son libres de comportarse cara ós estraños de formas que non serían aceptables socialmente se se tratara de membros da tribo, como tampouco serían aceptables bioloxicamente se se tratara de parentes xénicos.

DAVID BARASH. Vía filósofos.org
filósofos.org
Comentarios (2) - Categoría: citas - Publicado o 01-03-2007 00:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
La tortura
Plantu, Norte y Sur. Intermón, 1994
"Los tristes de la locura,
de la sangre y el espanto,
la tortura y la tortura."

Rafael Alberti.


UNA REMOCIÓN EN LAS CONCIENCIAS

La abolición de la esclavitud fue un máximo tema para la civilización del siglo XIX, para la civilización con epidermis blanca, por supuesto. Lo que nos resta de año se debiera tomar a empeño de honor la supresión de la tortura ejercida todavía en muchos países por las minorías violentas. Una vez suprimida la pena de muerte tan estúpida como bárbara en los países civilizados, lo más urgente sería la eliminación de las torturas y horrores en frío, como práctica consuetudinaria, cínica y felina. Digo felina porque no sé si hay otros animales, fuera de la gata, que brinden a sus pequeñuelos un ratoncete moribundo para su solaz y adiestramiento.

Todo lo demás resbala a segundo plano: derechos humanos, códigos, salarios, libertades públicas y sociales, escuelas, higiene, la manifestación del sábado tarde; todo será miseria y basura mientras sea posible que unos hombres armados torturen. Y mientras eso pueda acontecer, todas las pretendidas leyes de humanidad y justicia serán más que inútiles, ya que tapan la boca a quienes gritan espantados ante esas efectivas vigencias.

Habla Quevedo de cierto pícaro, tan humilde y modoso, que no "levantaba los ojos a ninguna mujer, aunque sí las faldas". A esta civilización se le ha ido la fuerza por la pluma. Mucha ley, mucho reglamento; más la vida hace un regate y te saca un palmo de narices. Son cien veces más honestas las leyes que se hacían hace muchos años para ser cumplidas.

He aquí un pasaje de Montaigne, incalculablemente actual por donde quiera que abramos sus Ensayos: "A los muertos no los compadezco, y más bien lo envidiaría; los que están muriendo sí me causan gran pena. No me ofenden tanto los salvajes que asan y comen los cuerpos difuntos, como quienes los atormentan y persiguen en vida. En la misma justicia, todo lo que va más allá de la muerte simple me parece pura crueldad, y esto vale sobre todo para nosotros, que debiéramos cuidar de que las almas partiesen en buen estado; lo que no puede ser, si han sido agitadas y desesperadas por tormentos insoportables". Adorable Montaigne: eres un clásico, sigues viviendo. Tales palabras tendrían todavía que perforar las conciencias de piedra de muchos pretendidos cristianos.

El remedio a semejantes desventuras no puede brotar de las leyes, ni de los regímenes políticos que soslayan muy tangencialmente los senos profundos de la vida y de los afanes humanos. Ni es posible curar una infamia realizando otra mayor, porque entonces sería el cuento de nunca acabar. La cura de tan inmensos daños sólo puede venir de una remoción en las conciencias y de una voluntad firme y sostenidamente exteriorizada. El hombre del siglo XXI tendría que experimentar una angustiosa sensación de vergüenza, de no poder vivir, mientras ocurra que semejantes suyos son sometidos sañudamente a violentas torturas. Bastaría incluso con preocuparse fuertemente de ello mientras se platica con el amigo en la calle o con Dios en el templo. Nada resiste a un sentir vivido y manifestado. Y como dijo el poeta: "Hoy no quiero cantar, / quiero mi voz para el grito, / mi aliento para gritar."

Por Francisco Arias Solís. Vía Xornal.com, 26-II-2007
Blog de Francisco Arias Solís
Francisco Arias Solís
Foro Libre
Comentarios (0) - Categoría: cultura - Publicado o 27-02-2007 11:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
As palabras quedan
Pasados os días inmediatos á morte do mestre, reflexiono sobre as ensinanzas de Kapuscinski, ese xornalista de enorme talla profesional e moral. Encarreiro agora o pensamento non tanto nos méritos da súa prosa, na audacia das súas viaxes ou na tenacidade das súas conviccións, senón, sobre todo, nas ensinanzas impartidas nos seus cursos, ás veces compartios con García Márquez, para quen escribe nos xornais. A primeira e fundamental de tódalas súas insistencias fundaméntase na importancia e transcendencia do que se escribe. Lonxe do que se poida pensar sobre os periódicos, que o escrito é efémero e axiña serve para envolver un ramo de flores no mellor dos casos ou para estrar unha tarima se non se quere manchar, o escritor polaco sostén que o escrito adquire sempre unha responsabilidade maior da inicialmente esperada. Sobre todo cando se escribe sobre persoas, moitas delas incapaces de se defender, de contar coa posibilidade da resposta ou a contraargumentación imprescindibles para quen se senta humillado, mal interpretado ou agredido. O xornalista debe ver, oír, escoitar, pensar e compartir. E saber estar no lugar do outro. Caer na frivolidade e na rutina son os principais vicios de quen a cotío deixamos corre-las palabras coma se fosen auga que desaparece sen consecuencias. Non tal. As palabras quedan. Desaparecemos nós, desaparecen os caprichos, ambicións, rivalidades ou odios encubertos, pero as palabras permanecen, especialmente aquelas que se dixeron sobre as persoas que non teñen posibilidade de defensa.

É moita a responsabilidade. Unha columna, un artigo de opinión, unha sección pode destruír e facer máis mal do que ás veces somos conscientes. Por iso a necesidade dun compromiso ético serio dos que usámo-las palabras. Non son un enredo. Os inimigos, os malévolos, os malicosos, os sen escrúpulos, os cínicos poden servirse do que de xeito excesivamente ledo podemos escribir. Os que témo-la fortuna de regalar palabras, temos tamén a responsabilidade de medilas, de axustarnos ós feitos, de arrimarnos á maior obxectividade e honestidade, non por impactar, sobresaltar, provocar ou armar polémica estamos sendo mellores no uso da nosa función. Non é ista, polo tanto, un profesión para exerce-lo cinismo.

E vemos, por desgracia, con cánta caralavada se están utilizando as palabras por parte de determinados profesionais e medios. Sen tasa, sen medida, sen cálculo do mal que transmiten. Comentaba non hai moito Roberto Blanco Valdés o clima tenso e perigoso que se está creando nesta lexislatura no país. Coincido con el. Non sei, se como mantiña, nos achegamos a estilos similares ós da República, pero desde logo abundan escribidores e faladores pouco responsables, airados, comestos por un odio e partidismo infernal que poden estar causando un mal máis grave do que se sospeita. Admito a tentación que pode supoñer para un profesional gañarse a súa cuota de lectores ou oíntes en base ó atrevemento, á descalificación ou a agresión feroz, pero non deixo de recoñe-la irresponsabilidade cínica e perigosa coa que se está alimentando un un país dividido en bloques, en fanáticos de equipo de fútbol, onde os dun sempre teñen razón e os outros, eles, están sempre no erro.

Nalgunha ocasión teño recibido críticas pola miña intención de non caer nestes extremismos, pola tendencia á prudencia e a poñer panos fríos diante das situación quentes, polo meu empeño en buscar por sistema un contrapunto ou elemento que contrarreste o defecto do visto na casa propia. Coma que son morno, me viñeron dicindo no hai moito, que non daba suficiente leña ós que a merecen. Non me arrepinto. Intentarei seguir nesta liña de equilibrio, de busca da palla nos dos ollos, na exaltación do positivo que calquera teña e con moito tino de non ferir por ferir, porque como xa quedou dito, nós desaparecemos, non somos nada, pero as palabras, aínda as dun pobre escribidor, quedan e poden danar e destruir a quen non se pode defender. Tal vez por iso, nada mellor que buscar palabras para defender a quen non pode e fuxir das que firen só por comenencia, odio, resentimento ou ambición.

Por Miguel Suárez Abel. Diario de Pontevedra, 26-II-2007
Miguel Suárez Abel
Ryszard Kapuscinski
Comentarios (0) - Categoría: escribir - Publicado o 27-02-2007 02:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Cousas da fala, das falas
Cousas, de Castelao O “Diccionario del castellano rural en la narrativa de Miguel Delibes” é unha homenaxe ó autor con motivo do seu 86 cumpreanos, na fin do pasado ano. O traballo é do doutor Jorge Urdiales Yuste, resultado dun recorrido pola obra completa daquel, de facer unha escolma do léxico rural usado polo autor nas súas novelas. 1500 palabras quedaron reducidas a 329 que non aparecen no diccionario da RAE, pero que este pequeno diccionario, agora sí, define co seu preciso significado, coa indicación do contexto, páxina e libro de Miguel Delibes no que aparecen. Teñamos presente que o autor escribe sobre o campo e coas palabras que nel permanecen vivas, algunhas xa con recorrido moi limitado, tal como Delibes deixou dito en “Un mundo que agoniza”, porque ó home estanlle a rouba-la pureza da auga e do aire ó tempo que tamén lle “amputan a súa lingoaxe”.
A procura do significado das palabras non incluídas no Diccionario da RAE levou a Urdiales a buscar pobo por pobo, casa por casa, “porque a cultura española sería menos rica no caso de se perde-la fala popular que Delibes inmortaliza na súa narrativa”. Aínda así, tivo que acodir ó propio autor prá precisión dalgún dos significados buscados. E hai que ter en conta unha afirmación de Delibes, dirixíndose á súa sociedade no sentido de que “si escribo bien es porque vosotros habláis bien”, poñendo en evidencia algo que cada vez é máis sabido: o idioma como creación social, tantas veces ferido, ou capado dende non poucos foros (incluso correctores ortográficos). E poden ser oportunas unhas afirmaciós de Pedro Salinas, en relación co esmorecemento da fala, nunha conferencia dada na Universidade de Puerto Rico o 24.5.1944, que tamén valen pró caso do galego: “Sentiremos mellor o que sentimos, pensaremos mellor o que pensamos, canto máis profunda e delicadamente conozámo-las súas forzas,…as súas infinitas aptitudes pra nos expresar”.

Seguimos con Salinas: “¿Ten dereito algunha xeneración a descoidar ou abandonar esta santa transmisión da lingua, por doudice ou por inconsciencia? ¿Pode unha xeneración acepta-la cínica postura de leigar ós seus fillos menos patrimonio espiritoal que o que recibeu dos seus pais?”. Palabras que hoxe serían, talvez, máis graves, porque son moitos os países que poden falar dunha lingua amputada, cunha perda crecente de léxico, de elegancia no deci-las cousas, “agredida dende os medios de comunicación, dende o Parlamento ou dende a vida cotiá” (editorial de El País, 7.12.1991. E aludo agora a un traballo meu do 25.8.2003, “Lembranza de Ánxel Fole”, no que insistía unha vez máis nas normas da concordia, incapaces de asumi-lo leigado do autor lugués de que “a fala é o que se fala”, incapaces os editores de asumi-la ortografía do autor,[…] algo tamén denunciado por Dolores Vilavedra, “co que se perdeu o engado da lingua literaria do autor lugués”.

Ó estudia-la noticia do Diccionario do idioma rural na obra de Delibes, do respeto que eso significa, lembreime de Ánxel Fole, partidario de salva-las formas populares das diversas bisbarras da nosa terra, de construi-lo corpus idiomático dende esa inmensa riqueza. E se a súa obra saeu xa mutilada das editoras é de supór que o mesmo terá acontecido con outros autores. Decía naquel traballo que “é curioso que agora, no momento no que moitos autores reclaman pra sí o respeto ó seu léxico, ás formas sintácticas por eles escollidas, non se queira volver a aquel tempo de reencontro co galeguismo marcado por Risco, Castelao, Cunqueiro, Otero Pedrayo ou Fole, ter en conta o que éste decía: “Arrepresentar o galego asegún se fala é unha vella procura en min”, frase que tamén estimaba enmendada pola editorial. Desa teima hipercorrectora veu a situación triste que estamos a vivir: unhas normas que non van e, tamén, un nacionalismo sen galeguismo. Porque “a fala é o que se fala”. En Fole ou en Delibes. A obra de Fole tamén quere respeto, o respeto que el pedía.

Por Xesús López Fernández. Diario de Pontevedra, 26-II-2007
Ánxel Fole
Comentarios (0) - Categoría: lingua - Publicado o 27-02-2007 01:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Escribo, logo existo.
RESPOSTA A X. P., UN MOZO QUE QUERE SER ESCRITOR

Benquerido X. : Moito me aleda saber que segues na teima de seres escritor. Aínda conservo aquel poema que lle fixeches, cando só tiñas doce anos, a Marilita, a nena da que te dicías tan namorado. Tampouco esquezo que, o día en que veu Manuel María ao colexio, lle preguntaches que tiñas que facer para escribir ben. Lembras a súa resposta? Púxose serio e agardou un pouco antes de che contestar coa súa voz máis grave: “Sempre digo que abonda con que me equivoque eu, sen equivocar a outros”. Despois falouche con paixón do que era para el a escrita e eu non sei se comprendiches moito, mais os ollos brillábanche e intuín que gardabas as súas palabras, quizais para descifralas andando os anos. Non che deu pautas para a técnica, senón para o entusiasmo. Iso mesmo querería facer eu: suxerirche algunhas cousas. O entusiasmo, ou mellor a necesidade, é evidente que a tes cando me aseguras: “Dáme a sensación de que o tempo que non apreixo escribindo se vai polos sumidoiros. Síntome máis limpo e con máis forza cando o fago. É un refuxio fronte a este mundo tan esborrallado”. E non sabes talvez, X., que coincides nas motivacións con Bajin, Crista Wolf, Knut Hamsun e moitos outros. Como tamén coincides con Italo Calvino ao asegurarme que segues a escribir porque nunca estás satisfeito co que escribiches. Despois disto, quizais non necesites moitos consellos. Pero son a túa vella mestra e déboche algún. Non che vou recomendar humildade á hora de escribires, pero si para cando xulguen os teus escritos. Malia as túas motivacións, non escribes para ti se, como me confesas, desexas publicar. Non sexas humilde, non empeces desde abaixo como alguén lle recomendara a un rapaz a quen Óscar Wilde aconsellou: “Non, empeza desde o cumio e senta arriba”. O cumio, caro X, é a mellor literatura universal da que a nosa, a galega, forma parte. Tes que facer a montaña cos libros lidos e descubrir cal é o punto máis alto. Le, le febrilmente, e aplícate tamén a escribir. Rompe tantos papeis como precises ata acháreste diante do libro que che gustaría ler. Non escribas pensando no éxito nin no diñeiro. Eses, se chegan, que sexan benvidos. Escribe sabendo que é un oficio duro, solitario, cheo de incertezas; mais apaixonante porque podes inventar vidas día a día, alzar edificios no vento que ninguén chos poderá derrubar. Todo o que a existencia nos vai furtando pode devolvérnolo a literatura, pero esta vez construído á nosa medida porque, como ben sabes, a escrita é subversión, reescritura dun mundo que cuestionamos. Non era sarampelo aquilo dos doce anos. Era ferida: Que che afonde! Apertas.

Por Marica Campo. InfoXove nº 10, de febreiro de 2007
Asociación de Escritores en Lingua Galega
Comentarios (0) - Categoría: escribir - Publicado o 16-02-2007 15:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O meu reinado
Mario Granell, “Pranto de dor e carraxe pola morte de Celso Emilio Ferreiro” (1979), Venezuela.
Eu son o rei de min mesmo;
goberno o corazón
na libertá do vento e dos camiños.
Eu obedezo ás miñas propias leises
i os meus decretos sigo ao pé da letra.
Un cetro de solpores,
unha croa de nubes viaxeiras,
un manto avermellado
de soños i esperanzas
no limpo alborexar de cada día,
dame o poder lexítimo do pobo.
Represento aos calados,
interpreto aos que foron
voces da terra nai
nos antergos concellos da saudade.
Eu son un rei.
Un labrego do tempo dos sputniks.


Celso Emilio Ferreiro.
Celso Emilio Ferreiro
Comentarios (1) - Categoría: poesía - Publicado o 09-02-2007 13:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal
A nada, enchéndose de ilusións, será todo. (Castelao)