A fiestra das Letras galegas
Muletiñas Galegas
Así que cando ai que facer un agasallo a un personaxe de alto copete como e o caso, poríanse  tamén dun certo xeito gaiola o darlle ese trebello de tecedeira de alambre  como premio da livertade por parte dun ex presidente a un monarca. Con todo aquilo nas mans, este quedase un chisco abraiado como cavilando ¿ e isto para que serve? ¿ e onde o podo poñer? E que algúns non saben como facelo ¿ será por aquilo de dar cova, pero non deixan de enchérllelas casas de trapalladas.
Muletiñas Galegas
Así que cando ai que facer un agasallo a un personaxe de alto copete como e o caso, poríanse  tamén dun certo xeito gaiola o darlle ese trebello de tecedeira de alambre  como premio da paz por parte dun ex presidente a un monarca. Con todo aquilo nas mans, este quedase un chisco abraiado como cavilando ¿ e isto para que serve? ¿ e onde o podo poñer? E que algúns non saben como facelo ¿ será por aquilo de dar cova, pero non deixan de enchérllelas casas de trapalladas.
O Baiolas de Crecente
Tal home, de outra cousa non entendería, pero o que era desenrolar tal tarefa para co cemento, tampouco sabía un carallo, pero como aquelo ialle dando para a mantenza, e tempo de deixar abondo polas tabernas, agora, iso si, o de baixar grolos de viño, dábaselle moi ben, era o seu debecemento, bentaba o tinto ás leguas como os petuscos ás lebres. E se non, que llo dixeran á súa Marica, que cando chegaba á casa, dicialle.
_Pero home, ¿como é que bes tan cargadiño?
Pero el de carallada, repoñia- e por non facer dous viaxes.
Foi aquel dia de névoa pecha, cando ía para unha das súas labouras, enriba do seu artiluxio de transporte, onde lebava a pouca ferramenta. Aquel  vehiculo de duas rodas, xa entrada en anos, estaba xa cansadiña de soportar os máis alo de cen kilos de home, que para cocho facia un bo lote. Metéraselle unha silva na cadea, e de súpeto, ciscouno para o chan sen contemplacións, naquela corredoira famenta de anchuras a reverter de lama, como tantas que aínda quedaban polos tempos de enton. Daquela, o Baiolas, non se lle ocorreu outra cousa que comezar a baixar santiños co enfastio que estaba acadando, por mor de enporcalos e poñelos na merda sen miramentos, como xa acostumaba a facer certa xente. A mala uva fora medrando de tal xeito que, nunha arroutada, colleu a bicicleta, e espetouna contra a parede do carón. Nesto que batiu con él un mendicante, quen ó ver semellante detalle, dixolle.
_¡Pero home! ¿que lle faría o carrexante para tratalo dese xeito?
E el moi esquivo e de moi malos modais, espetoulle.
_Tratoa así, e como me sae do carallo.
_Pois... non o entendo, ese feito, aínda pior, xa que sería a súa filla, e a un fillo non se lle fai iso- expon o que andaba á esmola.
_Vostede, a boa fe que debe ser parvo- espetalle o do cemento.
_Non se fie, a xente non e o que semella nin semella o que é- despuxolle aquel belliño coa faciana estreita ceibandolle un soriso.
_¡Mire bo home! Eu non teño gañas de barallar con vostede, e mellor que me deixe seguir o meu camiño- aconselloulle o dos pendellos para non seguir a conta.
_¿E como sabe que eu son bo home? Non se fie das apariencias, e o de deixalo, aínda non o collin- repón e bello.
_¡Manda carallo! Estou cavilando de como taparlle a boca, fala máis que un crego. Fagame o favor e afastese da miña vista máis cedo que tarde, se non poda que non responda de que o chante contra a parede, o mesmo que coa bicicleta- aconselloulle o de Crecente, que xa se estaba a fartar daquela cativez de home, e como con noxo de velo xa diante del- nin que fose vostede o mesmo Demo e me embruxara.
Sigue a continuidade en yoescribo.com
A nena de cartón pedra
_a péga que tes, que non che trocan a roupa a diario- expón Xanciño para se mesmo, pois non era lóxico que o fixese en voz alta para que o tomasen por tolo- pero tes as túas vantaxes, xamais terás que aguantar aos mestres, nin asistir a certas clases aburridas complicándoche a vida cos libros. Ti con mirar a trabes dos cristais do escaparate, xa tes bastante. Non tes medo a engordar nin que che queden pequenos eses zapatos que tanto me gustan. Non súas coa calor, nin tes friaxe nas mañás do duro inverno, pois ese sinxelo cristal protéxeche de todo. Con ese lixeiro sorriso que vistes, tes suficiente. O único risco que corres é que podes destinguir  un pouco estando aí sempre queda. Tampouco discutirás cos teus pais por non deixarche ver a televisión. Aínda que ás veces tampouco te perdes gran cousa, xa que por esa caixa boba, como algúns a denominan, tampouco é ouro todo o que reloce, xa que sacando algúns debuxos. Todo o demais, componse dunha continua murmuración en todas as canles. Despois o demais o enchen de debates absurdos e inútiles onde unha serie de xentes amontoan conversacións uns sobre outros sen que se lles entenda case nada do que din, que por moito que lles chame á orde o moderador, en poucas veces consegue amainalos. E pensar que despois lles pagan por iso, é incrible.
Xan falara case sen un respiro, claro, sempre para se mesmo, é dicir, como mentalmente. Aínda que algunhas veces víase embargado pola emoción e a xente que pasaba quedábaselle mirando, pero claro como era un neno, non lle daban demasiada importancia, posto que o sempre levaba un boneco nas mans o cal arrastraba por diversos espazos co que este detalle podía encubrir perfectamente aquelas estrañas conversacións coa súa amiga Pomba. No en tanto, ela logo de escoitalo  tempo dabondo, aquel día advírtelle:
_Tes que ser cauto, e non ir falando só cando tes xente o teu redor, pois determinasen que che falta algún parafuso. É dicir, que che etiquetarán como ido da cachola, é dicir, un pouco tolo. Así que deberás ter coidado cando trates de falar comigo.
El en ningures esperaba que aquela nena de cartón puidese responder aos seus comentarios, posto que tan só era un maniquí, por iso, cando puido percibir a súa conversación, aquilo énchelle de ledicia, pois gustáballe  poder dialogar con ela, aínda que fose  mentalmente, mirando para aqueles ollos azuis, como se tal soporte de roupa.
Pero certo día a Xanciño agárdalle un especial sorpresa, xa que a súa amiga Pomba, nunha especie de metamorfose,  parte daquel personaxe de cartón, e realiza como un desdobramento saíndose do testo, valla a expresión, traspasa aquela vidreira e sae a pasear co seu amigo collidos da man. ¡Non llo podía crer! Se ela era un maniquí, pero esta advírtelle:
_Mira Xan, aínda que eu este baleira por dentro sen todo ese mecanismo orgánico que os humanos tedes para poder levar vida propia. En teño unha enerxía moi particular que me permite facer certas cousas, como o de poder pasear contigo. De tódolos xeitos, non che preocupe demasiado, xa que cando baias ao meu carón a xente non nos verá, así que seremos invisibles, a menos  que eu queira nun determinado momento.
Para o amigo de Pomba, todo aquilo parecíalle unha trola, pero se ela o dicía, ben podería ser certo. Así que de seguida se daría conta, de que non lle contaba mentira, posto que ninguén deparaba da presencia de ámbolos. E para comprobar que era certo, ela dille:
_Tíralle do rabo a ese cadelo.
Ao que o seu amigo accede ao momento. O animal mira ao seu redor tratando de investigar quen leites lle puido tirar da súa extremidade, pero ao non deparar en quen lle puido facer tal cadelada, segue tan campante camiñando só pola beirarrúa. Pero como os cans, ao non saber falar, polo menos cos humanos, se teñen outro instinto especial, quédaselles mirando detidamente e ládralles con instancia, ao que a xente que pasa ao seu lado miran ao can coma se tal tolo, non achando o motivo polo cal deba comportarse de tal xeito.
Xanciño non acerta a saír do seu asombro ao poder pasear coa nena de cartón, que xa quixeran moitos, que ao mesmo tempo lle presta ese don ou virtude, se  lle pode denominar dalgún xeito, de poder ser invisible. Pero Pomba como ten ademais o poder de ler o pensamento, dille:
_Podes crelo aínda que non che resulte doado o entendelo. Tan só por agora ti tes a virtude de poder falar e pasear comigo, e se te dás conta, eu só son unha copia da nena de cartón, pois no escaparate ela segue cumprindo coa súa función.
Pero de súpeto, Xanciño vese sorprendido por dous compis do cole que lle saúdan. Eran como os máis chulos, é dicir, os que mandaban na panda, sobre todo cando tiñan cerca algunha moza que lles podía encher o ollo, e neste caso, iso parecía, pero ían de lado Con Pomba.
Ao que Perico sabéndose descuberto por eles, como que lle recrimina á súa amiga por non ser invisible naqueles momentos. Pero ela reacciona ao instante advertindo ao seu amigo.
_Non che preocupe, que isto  fíxeno á propósito.
No fondo a Xan empezáballe a agradar a idea. Aquilo de pasear con Pomba enchíalle de orgullo, xa que era fermosa a  rabiar.
_Sei o que estas pensando, que che gusta que te vexan comigo.
_Certo.
Ao que os dous insensatos querendo presumir dinlle:
_ ¡Que pasa Xan! Vaia pibas que che paseas. Podías presentala, seguro que é a túa curmá ou algo así.
E el na seu inopia respóndelles.
_Non, se tan só é?
_¡Un... bombón leites! non te cortes.
Pero ela mesma preséntase sen remendos.
_Son Pomba.
E aquel como máis arroutado quere por carallada.
_ A que din que é de goma?
_Esa mesma, polo que vexo xa sabias de min.
_ ¡Pois claro! E tamén saberás voar.
_Non, iso non. Pero podes voar ti do leite que che podo dar, á vez que estas pensando que son como boa
_Hei... ¡que brava e a moza!
E nese preciso momento, o impertinente en cuestión, dáse contra un farol que se interpón no seu percorrido por non estar mirando por onde camiña. Ao que queda vermello como unha brasa pola súa torpeza, pero  de seguida reacciona para responder a Pomba.
_Non xustamente, se non que estas de boa? É dicir que es moi guapa.
Ao que Pomba que sabe ler no pensamento dille:
_ Eu  tamén se que es un chulo de merda que vas intimidando aos demais compañeiros, sobre todo os máis novos ca ti, e que á vez dáste de conquistador. Pero no fondo non te larfas  unha rosca. E máis,  méxaste de medo polas noites mentres que  e a túa nai xa non sabe que facer contigo.
Ceiboullo así que de súpeto, así que eles éntralles unha présa atroz por marcharse dándose media volta, e sorprendentemente tópanse de fronte con ela de novo, ao que esta recrimínalle:
_Así é como fan os galiñas como ti, non escoitando ás mozas boas como eu.
Aqueles dous xa no saben ben como esvarala  ao sentirse acurralados, e cóbrense as costas como poden respóndendo:
_Non llo teñas en conta, perdóalle, é que non é o mellor día. Ademais é que temos présa por irnos, temos que  facer uns recados.
Ao momento, ante o estupor dos presentes, Pomba desaparece da vista de todos, pero se lle segue falando a o seu amigo.
_Estes son bobos perdidos como podes telos como amigos?
_É que non me queda outro remedio que aceptalos como tal, pois son os que mandan na pena. Ameazan aos nenos con pegarlles se non lles dan o diñeiro que levan enriba.
_¡Con que esas temos!! pois este fanfurriñeiro vai deixar de ser o galo do coral, non che preocupes que con isto acabo eu.
_ E como vas facelo?
_Iso corre da miña conta.
No colexio desenvolvíanse en breve unhas xornadas para colaborar en asesoramento familiar e os posibles problemas da adolescencia nas que había un apartado onde de determinaba as complexas incontinencias infantís, para o que se presentaba aquela mañá unha coordinadora para o tema.
Aquela charla acompañábaselle dun vídeo no cal, sempre e en todo momento evitábase o ver a cara dos colaboradores, é dicir aqueles nenos que o parecer mexaban na cama sen poder evitalo. Pero nun momento dado, e coma se dun descoido se tratase, o fanfurriñeiro de curral sae cos pantalóns do pixama todos mollados, ao que o resto de toda a pena rinse ao velo en tales guisas. Este que tamén está presente, sente morrer e ten que retirarse para non ser máis obxecto de burla   dos seus compañeiros, ao que tamén leva o perder aquel prestixio    de opresor que ostentaba.
Os pais daquel alumno, denuncian o colexio por mostrar aquelas imaxes sen saber certamente como as conseguiran. Pero xamais se puido comprobar a fonte de onde proviñan, ademais o resto dos alumnos ao ser interrogados polas autoridades, negaron todo e aseguraban non haber visto  nada do comentado. Pero non por iso podíase xa reparar o prestixio daquel fanfurriñeiro que xa non volvería ser o xefe do galiñeiro.
Mentres, Xanciño ben sospeitaba da autoría de todo aquilo, pero ela xamais lle dixo nada respecto diso, pero si seguiría sendo a súa amiga hasta que o destino así o desexase.
Eu fulano de tal e cal
E para que se saiba, estendo o presente a día de non se cando do mes en curso, do ano de dous mil e algo máis. No en tanto vémonos rodeados de empanadas diversas con variedade de contidos sen un sabor concreto.