Iste recuncho pode servir para entreterse e cando axa tempo podes ler os seus contidos
<i>Nista xanela das letrasEn datas que se están a achegar No día das Letras Galegas, as cales algúns políticos estanse a cuestionar o defendelas de cheo ou non. Para min penso que non se debería de dubidar o facelo. Eu dende fai varias décadas, loito o tempo que me divirto con esa fermosa ferramenta que me da o pracer de expresarme como son elas, xa que estas lévanme a mergullarme con emoción a un mundo moitas veces de fantasía. Fago sen interese algún, xa que destas o beneficio e por debaixo de cero, e más ai que costearse as ferramentas para poder espallalas, pero teño como un divertimento o cavilar que os seus contidos viaxaran no tempo a terras afastadas onde eu xamais poderei chegar. E todo elo éncheme de orgullo sentirme autor dese traballos, e teño a ousadía de dicilo aquí dende este trebello ou fiestra por onde saen o especie exterior. Así que os meus parabéns aqueles que poidan pensar o mesmo, e os que non, que reflexionen e analicen. Que o metelas no miolo fai que se teña facilidade para aprender outras.