Iste recuncho pode servir para entreterse e cando axa tempo podes ler os seus contidos
<i>Nista xanela das letras, tratarei de amosar historias da miña forxa por mor de que sexan olladas por outras xentes, e se estas queren, poden deixar ai as súas pegadas facendo crítica.
¿Ata onde queres chegar hoxe?
ata o tempo do coñecemento
ata o saber estar sen demora
por que no descoñecido está o segredo.
Consello:
Se o falar e un gusto
e o grolear un pracer
faino sempre con mesura
demostrarás ter cultura.
Moitas grazas por fuchicar
Aquela noite de roxos
pon alguén por carallada
o conto da tal Carracha.
Unha muller cativa
como de poucas palabras,
que sempre fuxe da xente,
por ser tan esbarada
na presenza de calquera,
sendo unha muller de nada.
¿Sabialo da Carracha?
que sendo muller sen facha
que veo o mundo sen tino,
con cusa de pouco abrigo.
E o farruco trouleiro
tiña sempre por sombreiro
polo sorriso miúdo.
Imos a contarlle o conto
coas fatadas do moinante
que co seu tiña bastante.
O Farruco era como o monicreque do pobo, o caso era facer rir os do seu carón, e aproveitaba calquera intre que había xente para facer o riso dos demais. Por iso aquela maña cando ía na procura do coche de liña, para achegarse a capital das murallas. Alí na parada diante dos presentes, comezou a meterse verbalmente coa Carracha. Unha muller farta de envexa, que todo o que ela falara, era de poucas palabras, se non as xustas para respostar. Tiña a súa casopa alí preto da estrada e maila vía do tren. Aínda que era de pouca conversa, ela sempre respostaba a todo o que lle preguntaran, aínda que fose de mala gana. O Farruco era moi directo, e importáballe tres carallos o chamarlles algúns polo seu alcume. Naqueles intres, ela estáballe a dar de comer as pitas. E díxolle, sen tan sequera darlle os bos días:
_¿Que pasa Carracha? ¿ comen ben as pitas?.
A outra responde- ¡non!.
_Tiñas que cocerlles o grao- pon o Farruco.
A muller secamente dille- ¡Non!.
_Daquela habíanche de comer mellor- dille o titiriteiro.
A das pitas seguindo co mesmo, repón- ¡Non!.
_¿E viches pasar a lina?- preguntoulle o enquísante.
Ela con cara de malas pulgas. Dixo- ¡non!.
_¡Sabes a que hora pasa?- seguiulle preguntando o Farruco. a Carracha que seguía indiferente, e díxolle máis forte- ¡Non!.
Pero como el non tiña presa, e mentres non viñera o coche, seguiría alí a entreter os demais que estaban tamén a agardar a liña.
_Pois ti deberías de sabelo.
_¡Non!- seguiu a respostar con aquel pano negro sobre da cachola xa gastado polo tempo.
_¿Queres vir con migo a capital?, lévote- preguntoulle o curioso.
_¡Non!- dixo a dos graos secamente, sen erguer a ollado do chan.
_Es ben pouco agradecida muller, mira que eu invitábate de boa fe- seguiu a argallar o garuleiro.
_¡Non!- repuxo a Carracha secamente sen moverse do sitio, alí botando os graos na eira.
_Poida que na capital..., atoparas un noivo xeitoso- propúxolle o Farruco
_¡Non!-seguiu a dicir a muller.
_Cada día estás máis tola ¿sabes?- espetoulle sen contemplacións.
_¡Non!- sen máis.
_Pois, ¡manda carrallo! estas para que te encerren- sobeloulle de novo ó argallan.
Os alí presentes, esachizávanse coa risa, escoitando aqueles dous persoeiros, a cal mellor, preguntándose algúns deles, ¿quen pretendía rirse de quen? ¿ e se o conseguirían?.
_¿Encerrar?, a ti si tiñan que encerrarte por merdán- chantoulle a Carracha sen máis- ¬estás tolo de ves.
_¿A ti paréceche que estou tolo?- seguiu a preguntarlle o monicreque.
_¡Si-!- respostoulle indiferente a das pitas.
_¡A carallo!, cando che convén, tamén sabes dicir que si- repuxo o Farruco. _¡Pode!- dixo a do pano mouro.
_Pero estás máis tola ti que en- puxo o enquísante.
_¡Non!- sen máis.
_¿Ti coñeciches a túa nai?- preguntoulle Aquel pesadelo de berne.
_¡Si!- dixo con seguridade a do carón da vía.
_Non pode ser, din que a túa nai morreu a pouco de ser ti nada, aínda que dende logo, nada segues a ser- díxolle o garulan.
_¡Non!- repuxo con soberbia voltandolle as costas.
_E tampouco puideches coñecer a teu pai, din que foi un zarralleiro mal entrañado, e que vos deixou tiradas as dúas cando túa nai preñou de ti.
_¡Non foi certo!- díxolle con rabia a das pitas- pero... pode.
_¡Claro muller! ademais, a ti non te remataron de facer- voltou a espetarlle o Farruco para seguir a erguer a risa dos que xa non estaban na parada.
_¡Non! ¡ non foi certo!- díxolle con emfastio cego a Carracha.
_¿Como que non?, a ti puxéronche Carracha, por que cando naciches, non tiñas máis que patas e mans.
_¡Non!- voltou a dicir a muller polo baixiño como anegada por tanta pregunta.
Nun intre, o Farruco, ollou para a estrada, e xa non había ninguén alí.
_¡Ai Díos que te fixo! ¡ filla do Demo! Tí soia estabas a entreterme para que perdese o coche de liña.
_¡Así é paspán!, e agora... ¿quen se ri de quen? ja, ja , ja- marchou a Carracha escachizándose coa risa para dentro da casopa, deixando alí o troulan no seu desacougo por haber perdido o coche para Lugo.
Moralexa.
Non se ri quen quere
Se non quen pode
FIN
Para cando nunha desas noites longas decides, que no televexo non teñen muito que ofertarse para hencher ese tempo de lecer., ahí vai esta fiada dun conto para entreter a velada
Axuntanse dúas comadres
para darlle unha pasada,
a todo o que acontece
o redor da veciñada.
Con xastres e costureiras
e outras xentes da pana,
coas súas tesoiriñas
para encetar a xornada.
Como quen non quere a cousa
sen intención de amolar,
vanlle pasando o rasoiro
por feito de criticar.
Son poucos os que libran
de deseño e equipaxe,
a todo aquel que tocan
van colgandolle o traxe.
O caso e o ir rulando
artillando na fiada,
o tempo que fan calceta
e o mexuto da empanada.
E nunha desas mesmas recen encetadas tardes de solaina daquelas que apertán forte, e as moscas están que abrasan, na hora do que facer e lixeiro, neses intres, alguén achegase o rio por mor de colleitar. Pero neses eidos como noutro mundo, algun dos seus compañeiros de augas, quere advertirlle.
_Ten moito xeito cando sexas colleita, que ti éresme moi parva, e en calquer intre, as de caer nun deses trebellos dos humanos. Debes de ter moito xeito e desconfiar daquelo que che semello sinxelo, no doado esta o perigo, cando vaias botando anos enriba do lombo, se chegas aló, xa te iras decatando que a mantenza ai que traballar para collela.
Pero ela non lle prestou demasiada atención aquel consello de vellos, os mairandes sempre eran un pesadelo na súa insistencia cando che estaban a reprender por todo, pois dician sabelo case todo da vida, por eso chegaran a votar tempo enriba das costas e ser posuidores dunha natureza chamada experiencia, que lles daba fe delo, Pero ela non lle ía a facer caso a ningunha daquelas parbadas que lle querían facer creer. A subsistencia tiña que ser algo máis sinselo..
Así que saliu como todolos dias a dar unha voltiña por mor se collia algo para lambetar. Os da súa especie semellaban vivir no paraiso, posiblemente por que Deus así o quixera ata o de agora, e por eso ela naqueles eidos non era mester traballar moito para a mantenza sen facer grandes esforzos para lafar, e así o seguiria facendo, por eso non comprendia como outros eran tan desconfiados neses intres, ela seguiría apostando polo xinxelo. Daría unha volta polos redores, o día era inmellorable, as raiolas de sol atravesaban os claros das ramallas de tal xeito, que era todo un agarimo o pasear naquelas augas mainas. De súpeto, albiscou algo que lle chamou a atención decatándose como bulia alí case o seu caron, de seguro rematara de caer, xa se devecia por aquela lambetada, ollouna dende o seu entendemento, e díxose para si que tiña que collela antes de que viñera outro e lla sacara, e sen pensalo máis, botoulle o dente aquel manxar tan tentador. Pasouna polas gorxas sen pensalo, estaba moi rica, era unha miñoca de terra pero das boas, e poucas veces se conseguian. Pero... ¿que estaba pasando nas súas tragadeiras? De contado, sentiu como un breque dentro de si, como se quixeran arrancarlle as entrañas, algo se lle espetara alí dentro que lle doia moitísimo. Sen darlle tempo a máis, sentiuse xa pendurando dun fío, fora daquelas augas do seu estimado río, que dende que chegara a latexar fóra o seu devecemento e fogar. Ela xa estaba fora sobor da herba frondosa, alí tirando dos folgos por sobrevivir, estraña sensación que endexamáis sentira ata daquela. Collérona unhas mans famentas de envexa por levala a tixola, daquelo tamén lle falaran os máis vellos do poboado, pero desgraciadamente, ela tampouco lle dera importancia aquelas advertencias das compañeiras con experiencia. Por fin sacáronlle aquel anzó da gorxa sentindose moito mellor a pesar da doenza que lle quedaba. Tirárona nunha desas cestas de vimias por un furado estreito que non ía a ser doado sair. alí entre unhas ervas de prao que facian de acomodo no medio de máis pesca colleitada, a cativa cria de anguia sentiu recoñecer a outros veciños, aínda que non fosen da mesma especie, tamen foran tan parvos como ela caendo na trebellada do humano.
Dentro da cesta xa non había vida máis que a dela e non se respiraba axeitadamente, outros daqueles do seu redor, facia xa tempo que deixaran de existir como seres viventes. Naqueles intres era tarde para recoller consellos de vellos, aquelo de: Mira moi ben o que comes, o que metes o bandullo, e onde te metes, que o home poñerache trebellos por tódolos recunchos para collerte, que ti sempre fuches moi pailana, e de seguro rematarás en calquer artimaña deles, como moitos da nosa especie que nunca máis se soubo, todaquelo xa non lle valia de nada.
Tamén lle dixeran que, alguén voltara arrastrándose ala facía moito tempo, e falara dos homes que eran uns devecidos pola carne de anguia, e ende sempre foran na nosa procura.
Alí estivo mainiña namentres o suposto pescador marchaba sabe Deus onde, pero nun intre que deixou a cesta alí sen ser vixiada, alguén de rabo longo e catro patas estaba pola labor de poder meter os seus bigotes e maila pata, furgando dentro por mor de poder sacar algo que larfar, pero despois de pelexar un intre, veu o dono da cesta e zoscoulle unha patada no cu que non lle agradou nada, o tempo que lle votaba a reprimenda:
_Vai por aí! fillo do Demo! e queríasme raspiñar a pesca.
Daquela aproveitei que voltaron a deixar a das vimias nun recuncho máis alto onde non chegara o gato, alí voltaba a sentir a presencia da estimada auga, fonte da vida, nesto que non o cavilou máis, ergueu a súa cativa cachola e conseguiu metela polo furado da cesta para fora, ollou todo o redor o non albiscou a ninguen, estaba no cimo dunha especie de rocha traballada, asi que aproveitou o intre e votou fora na procura daquela auga tan prezada para ela. Estaba fonda, pois a caida fora duns metros, pero por fin chegou, alí estaba a salvo do home que a queria levar a tixola de ferro.
Despois có tempo, soubo que aquelo era un pozo onde os humanos sacaban a auga para as súas cousas, pero aquelo ía a ser o seu cubil o tempo que case cadea, por un longuisimo tempo, nunca mellor dito” o seu gozo nun pozo”. Estaba na auga, pero este non era o lugar onde ela queria voltar, alí reducíase o seu percorrido que so podia nadar en circulo ou en equis. aquelo non era o seu prezado río, era algo recoteno e pechado de pedra polas catro veiras, onde a escuridade era a raiña de todo. Poucas veces entraba a claridade, so cando abrian a porta do pozo, pero xamais chegaban as estimadas raiolas do sol que ela tanto estimara. Canto as botaba en falla agora, lembrando aquelas tardes de primavera ou verán. So unha cousa tiña de bo aquel recuncho, as augas que manaban debaixo daquela rocha eran puras e ricas, pero pola contra a mantenza era cativa e non lle daba para nada máis que sobrevivir. O peixeiro que votara de falla aquela peza, non chegaba a sospeitar que estaba vivindo moi preto del nas augas do seu pozo.
So varios anos despois, nun daqueles outoniños cando a auga estaba case chaira e minguara abondo, foi cando o que a collera no río, tentando ir na procura de sacar un balde que lle caera dentro, e alumeou ala abaixo cunha desas lámpadas no fondo do pozo. Cal foi a súa sorpresa, cando aibiscou algo que se movia entre a auga, pronto caeu na conta que era a anguia que lle faltara da cesta facia máis dun lustro. Baixou o fondo poñendo os pes por entre as fendas das pedras da parede por mor de poder collela, por esta non estaba pola labor de deixarse coller doadamente, pois, se algo aprendera naquel tempo, fora o de agacharse axeitadamente, e de novo seguiu naquela liverdade condicionada, escondéndose entre as fendas baixas ata que o home deixou de remexer alí no fondo dos agora seus territorios, non tendo máis remedio que desistir no seu empeño.
Pasaron outros dous lustros de privacións para a pobre anguia, a cal non medrabá por falla de mantenza, mentres que os seus ollos tiveran que irse axeitándo a escuridade das entrañas da terra, alí onde raramente caia unha que outra mosca ou insecto, pero poucas das veces lle chegaba algunha aquelas miñocas tan ricas que saian polas ribeiras e pola cal se vira preso no seu debecemento pendurando do fio que a levara a caer naquel recuncho do Demo. A monotonia era abondosa, xa que non tiña a ninguen con quen falar, pois aquela cárcere tampouco tiña carcereiro, e ninguen estaba a procura de mantela como soe facer neses sitios onde privan os malos da liberdade. Por tanto era esta unha cadea diferente a todo, onde ela tiña que sobrevivir pola súa conta sen máis remedio alí no eido dos humanos, onde xa se esqueceran dela, e de seguro sospeitaban aqueles que xa comeran sopa de anguia polo tempo percorrido. Certo día, un dos da casa, noutro outonñio calquer de augas mainas e pouco abondosas, que non fora el quen a collera, caéralle un desaparafusador o fondo do pozo, e tentaba sacalo cuns imáns axeitados para tales casos, cando voltou a aibiscar alí no fondo do pozo, o pescado sen pescar, sobor da rocha a chaira. O novo raparigo foi a tentar esta vez o de collela peza, baixando unha lámpada eléctrica de fío ata chegala case a tona da auga, para poder ollala mellor no fondo. Esta poñíase como tola coa lámpada, pois a claridade feríalle a vista de tal xeito que non sabia como latexar e saltar. Metéuselle un anzo cun caracol, e paciencia abondo, pero esta comeu o caracol con moito tino deixando ben debullado sen tocarlle o metálico. Aquela arte non serbia para poder sacala afora, así que o máis novo da familia dos humanos, trebelloulle no senso para poder sacala doutro xeito Tiña el unha saca cativa, desas de coller cangrexos na praia, e pendurouna alí polo sedei ata chegar o fondo do pozo. Daquela agardou o tempo necesario ata que ela foi collendo confianza para poder pasar varias veces por enriba do trebello, e dese xeito foi como cando estaba enriba tirou do fio sacando aquela cativa exemplar de anguia para que puidera sair a luz outra vez.
Deixárona nun balde perante a tarde e a noite seguinte, e pola maña, dixolle o pai o fillo.
Leva esa anguia o río,
que xa lle abonda o castigo,
por debecer quedou presa
pendurando daquel fio.
_Esa ten tantos anos coma ti, pasa dos dezaoito, a pobre, a reclusion so lle valeu para sobrevivir, pois e tan pequerrecha case que cando caeu o pozo.
Asi o fixo, achegouse a ribeira do Tordea e votouna alí con xeito. Ela de seguro que se quedou abraiada, sen saber certamente que dirección coller, e quen fora o indultor do seu castigo, pero de seguro que era algun demócrata para deixala en liberdade, ou posiblemente tamén a librara o ter pouco que ofertar as súas carnes, pois en todaqueles anos non fixera máis alo dos trinca centimetros de longo por escasamente dous de gordo. Arestora so cumpria que puidera chegar o mar dos Argazos e cumprir asi coa súa meta para poder cumiar o ciclo.
Arestora tiña unha cousa moi clara, que as trampas dos homes eran moi diversas e facían o inimaxinable por poder colleitar sen sementar, e por desgracia eso ía en aumento cada día, pois cada vez eran menos os que traballaban, e máis os que comian sen dar pancada. E ainda non coñecia ben os homes, que eran capaces de facer moitas cousas máis. Tamén aprendera, que sendo a liberdade tan rica, non se debería perder por un debecemento, xa que os seres que dispoñemos dela, non a apreciamos ata que a perdemos, por eso cumpre apreciala cando se ten e valorala na súa xusta medida.
Criouse na liberdade,
e por ela foi prendida.
Por falla da experiencia
alí quedou escondida
Como se fora un castigo
por non escoitar o alleo,
viuse naquel jaleo
de non ser un bo partido.
E mentres estivo presa
os demais que lle interesa,
se o tempo non era dela.
E so cumpría o comela
se liscaba da tixola
aínda que estibara soa.
Por eso cumpre o saber
o que fas en calquer intre
non comer sen coñecer.
Así foi este conto
que pasou na miña casa,
foi un feito derradeiro
non e mentira nin brasa.
Enceto aquí este diario expresándome na lingua que me foi dada dende os meus orixes daquela os que me deron a vida, fóronme ensinando a maneira de comunicarme, en galego, e dende aquela motivoume moito usar esta arma para espallar os meus pensamentos no idioma dos meus antergos. E díxome alguén xa fai tempo, as oportunidades para darte a coñecer saio están no galego, pero fun comprobando que non era de todo certo, xa que a lingua de Cervantes, e de moitos outros clásicos, chega moito máis ala deste noso recuncho da Galiza. Levo chamando a moitas portas onde traballan coas letras, pero en ningunha delas teitaron botarme unha man para axudarme a difundir os contidos que xurden do meu miolo. Comprendo que somos moitos os que argallamos coas letras, e que os meus traballos terán moito que desexar, pero tamén ai que ver a morea de cousas con moita palla que están esfargalladas, e ata impresas no papel, que teñen pouco que ofrecer. Así pois, dende este Diario do dedo Gordo o que máis me axuda a ceibar as miñas verbas na montaxe das letras, como se tal artellamento, van facéndose como realidade todos eses personaxes que ferven no meu miolo. Por elo, posiblemente ata que máis non poda, seguirei a fochicar coas letras por que elas xunto con outras cousas tamén moi agradables, fanme empuxar a ilusión por ver un día non sei cando, unha sementeira, aínda que xa son consciente da morea de seca que ameaza tódolos eidos das letras, pero... agardemos que nalgún intre chova.
Debo de recoñecer que estou pasando o castelán moitos dos meus traballos xa que as posibilidades de florecer neste son outras, pois ai portais na rede que che botan esa corda a que agarrarte, e poder ver pendurada a túa labor aínda que sexa nos comezos tan so virtual. Ese é yoescribo.com. Ese fantástico escaparate onde cada quen expón o que pode. Así que dende a miña humildade doulle as grazas a esas xentes que tiveron a brillante idea. E como non a Fundación Cabana e os seus colaboradores por facer realidade tal proxecto. E dende esta fiestra invitaría a algunha das fundación da nosa terra, collese este pano e fixese algo polos que loitan en difundir a nosa linguaxe. E aquí cabería ceibar aquelas verbas que no seu día foron impresas na revista Alborada do Centro Galego de Barcelona referidas a nosa lingua.
Lémbrome agora
dos anos de entón,
daqueles que airosos
non falaban non.
Era de fidalgos
falar castelán,
máis falar galego
era de pailán.
Tan so algúns
Sostiñan o tempo,
non tiña vergoña
de falar galego.
Mais moitos da terra
que a fora saían
con medo dicían,
non ser da Galiza.
Non sintas vergoña
de ser ti galego,
fala con fachenda
non sexas un pego.
Que nosa linguaxe
estás renacendo,
Axuda a túa terra
falando galego.
As letras son esa ferramenta que utilizamos as persoas para entendernos, ata na distancia, elas fannos de guía para que podamos movernos na xeografía. Con elas fanse as regras, as leis e as normas para non esmagarnos entre nós. De ai que para saír ai fora e convivir entre todos, sería mester o levala cachola como moi ben amoblada, cavilando con sensatez, pois e mester o vivir e deixar vivir o próximo para que a paz arraigue entre nós no viaxar e ir polo tempo con xeito, e non temerariamente espallando a discordia e mailo medo, sobre todo na estrada, cando ese pasa o teu carón. Se acatásemos as normas feitas con respecto, estaríamos facilitando unha mellor estadía no tempo. Xa sabemos que as leis non están iguales para todos, pois iso sería unha auténtica mentira, pero imos a tentar levalo o mellor posible para sementalo o acougo entre todos. Grazas por tentar comprendelo.
Sabes o do grilo coxo,
que nas longas noites de lúa
era el tan cantareiro
ata sacase o sombreiro.
Pois nunha noite de trono
desas das que meten medo,
estaba el na cantarela,
da de tocalo violín
coas súas patas traseiras.
E comezou a chover,
tan forte e de tal maneira,
que se puxo a reverter
a súa casa de terra,
no furadiño de cativo,
feito detrás da palleira.
onde el tanto cantara,
toda aquela primavera.
así que estaba tan triste,
por recibir tal molleira,
e no saír para fora,
fuxindo de tal molleira,
perdeu a súa patiña,
que lle arrancou unha pedra.
O topar cun sapo torto,
deses que son arroutados,
e pasean polo horto.
Díxolle moi estirado,
con fala de poucos tratos.
¿Onde vas ti, pailán
nesta noite de recato?
Estou soliño na vida,
sen pata e sen casiña.
Pois coa fame que eu teño,
comeríate sen medo.
Díxolle aquel sapo torto,
sen recato alí no horto.
Eso non te atreverás,
uu que son un grilo coxo,
e xa non podo tocar,
¿non me iras a papar?.
E a mín. que máis me da,
teñas ou non teñas pata,
na miña gorxa, ben pasas.
Pensa que diante da fame,
non ai coxo que me ate.
Tesme que dar máis motivo
Para poder eu deixarte,
se xa non podes ti tocar,
e es un grilo sen arte.
Eso fáltache por ver,
díxolle o ser miudiño,
eu sempre fago camiño,
son músico por destino,
e toco en calquera parte.
E encomezou a tocar,
coa de atrás e coa de adiante,
aquela longa sonata,
que tíñase en dúas patas,
sen botar falta da cuarta.
E o sapo engaiolado,
e torto de nacemento,
de escoitar tal sonata,
deixou libre o talento,
sen bagoas de sufrimento.
así remata a historia,
como se fose un entoxo
do sapo torto e o grilo coxo.
A Carreira dun Can
E o grilo coxo, dende que saíra desta que o quixera papar o sapo, despois de aquela treboada que lle anegara a casa, dende a cal quedara deste xeito. En agradecemento, chegado o día da festa do Santo Cristo de Goyán,. ala polas terras do concello do Páramo, ergueuse como moi cediño aquela maña e preparouse para ir a festa do santo , pero como ata alá sabia máis que a carreira dun can, estaba na procura de quen o podía levar ata aló. Así que cando a formiga marela deu con el pousado no cimo daquela cancela, díxolle moi fachendosa.
_Xa me podías levar a festa do santo cristo, íache quedar moi agradecida.
_¡Ai si oh! Vaiche voa, aínda estou na procura de quen podo votar man, non ves que estou coxo, que me falta unha pata das traseiras.
_¡Maila que demo! pois non me decatara diso- repor a formiga marela- pero ti es mais grande que eu, e de tódolos xeitos, sempre chegaríamos antes, xa que ti das grandes brincos aínda cunha pata soa.
O grilo, despois de pensalo un chisco, remata por facerlle caso.
_¡Esta ben! Levareite, se non estarasme a raiar de cotado sen acougo.
E despois de cargar con ela as súas costas, levando xa un bo treito feito, toparon co lagarto Xan, que tamén ía para a festa de Goián. Así que lle dixo o grilo cun chisco de vergoña.
_¡Ai oh1 e si ti puideras votarnos unha man, como ti es máis grande e corres dabondo, ben nos podías levar a festa dos melindres de Goián.
Pero niso que di a formiga.
_¿Como nos imos fiar? O lagarto ten a lingua moi longa, e... ata nos pode papar.
_Ti cala... fachendosa- puxo o grilo con vantaxe- o lagarto e voa xente, vive ala pola Torrente, xa fai tempo que o coñezo.
Pero a formiga que era ela moi retranqueira e medosa , aínda engade.
_¡Eso non lle fai! Os lagartos son lagartos, e poden comer despois de ben fartos, pero... teremos que fiarnos se queremos chegar a tempo a festa do santo.
Así que a formiga Marela no cimo do grilo Coxo e este a cabalo do lagarto Xan, puxéronse a facer camiño ala polas terras do Páramo. E cando xa levaban o seu de andaina, deron co coello Pinto, e daquela que xa ían todos un chisco cansos, sobre todo o lagarto, xa que ían todos o cimo das súas costas. Díxolle o lagarto o coello.
_¡Ai oh! Que ben nos vira a túa axuda.
_¿E para que?- pregunta o rumiante.
_Pois e que levo xa moito peso no cimo de min, e se ti nos puxeras a cabalo, iriamos máis de presa para a festa de Goián.
E o coello Pinto, que era grande en tódolos xeitos, díxolle non moi de acordo.
_Eu lévovos, pero coa condición de que cando canse císcovos o todos no primeiro balado que atope no camiño.
_Non vai a ser mester, ti avisas antes que nos faixaremos de contado.
Meu dito meu feito, todos xuntos agatuñaron o coello pinto para percorrer o treito que faltaba.
Así pois, a formiga Marela no cimo do grilo Coxo que este ía a cabalo do lagarto Xan, quen botado nas costas do conexo Pinto. Semellaban todos como se traballaran nun circo, como se deste xeito repartiran máis o peso aguantando cada quen o seu, como enguedellados nun so, co risco de caer de aquel parapeto. E nesta guisa, foron ata chegar a Escarlán, case xa no territorio de Goián, e de súpeto saíulles o camiño un daqueles cans grandes, que mesmo semellaba un cuxo. O tempo liscaba do reloxo de quen o tivera como alma que leva o Demo, sen acougo e sen remedio para poder chegar a tempo o festorro, que xa mesmo non chegaban a misa das doce, que era a máis fermosa, cantada por case unha ducia de cregos. Así que tiñan que facer algo para poder chegar a tempo, e que mellor que poñerse todos no cimo de aquel cadelo bullo. Aquel San Bernardo tiña moita la para poder agancharse ben e non caerse. Pero antes, tiñan que contar con el. De xeito que o conexo Pinto fala co cadelo, pedíndolle por favor, se el podería achegalos ata a igrexa de Goián, xa que todos eles ían de ofrenda a festa dos cilindres que era como un devecemento.
O cadelo el moi tranquilo como de costume na raza, díxolles.
_Ides ter sorte, xa que hoxe estou máis que farto, o meu amo deume ata rebentar de sobras de conexo. Semella cousa do Demo, cando teño laceira non se achega ninguén, se non íavos a entear de quen son eu. Pero ata me ven ben o estalicar as patas un treito.
Así tódolos zarapallos de aquela vasca tan variada, animais, insectos, e réptiles, agatuñaron o último medio de trasmporte para chegar o destino fixado. Pero polo camiño pasáronas estreitas, xa que o cadelo non freaba nas curvas e todos laiaban de medo da velocidade que poñía o san Bernardo, pero o fin puideron chegar a tempo, san e salvos sen risco de ser larfados, a festa de Goián, e despois de oír a misa, comer os melindres que agardaban, de xeito que remataba aquela carreira dun can.
E coloren colorado, este conto dáse por rematado. Dime neno ¿foi do teu agrada?
Sabendo que nada e sinxelo e doado en todolos tempos, e aínda máis neste que nos toca vivir, xa que todo ten o seu aquelo neste percorrido que o sánelo da vida non sempre esta aberto e con solaina, pois de cando en vez chove e o día non se axeitaba para tódolas cousas. De ai que cando as circunstancias axudan aí que oproveitar y saír afora a loitar con uñas e dentes coa intención de poder aruñar nesa sociedade para atopar o xeito de facerse coa maneira de ir para diante, a poder ser, sen ferir os demáis, pero eso si, coitando a cotio pola superación. Feito que moitas das veces levan as persoas a veira da colemia, de ai que candó viu aquela oferta de traballo no diario, faltoulle tempo para presentarse máis que correndo naquel enderezo, por mor de aquello poidese facerse con el para acadalo. Cando chegou o lugar indicado tivérono alí agardando un bo anaco, había moitas máis xentes, se eran todos para o traballo de seguro que ía a ter poucas posibilidades, pero el seguiu mainiño como se nada, ainda que no fondo estaba que non podía cos nervos. Por fin chamárono polo nome que dero na recepción:
_Pode vostede pasar- dixéronlle.
El pasou para dentro daquel despacho pouco máis que pequerrecho, que estaba baleiro de persoal naqueles intres, e mentres que nonchaba quen fose, estivo fisgando na decoración do mesmo. de ali aun anaco apareceu unha rapariga que lle preguntou moi atenta.
_¿Ven vostede polo do trabollo, verdade? ¡Claro!. ¿Para que ía a vir se non?
_Lóxico- repuxo ela cun sorriso.
_Ben, pois voulle a facer unhos preguntas moi sinxelas, que como poderá comprobar, non teñen nada que ver co traballo que podera desenrolar aquí, pero a min mándanme poñerlle esta enquisa e teño que facelo así- explicalle a rapariga.
_¿Onde soen levar os coches electricos o tubo de escape?
_Pois soe ser invisible xa que o levan por ningún lado.
_¿Coñeceu vostede algún deles?.
_Si tiven algún de pequeno para o xogo.
_Sabe vostede que as vacas dan leite.
_¡Claro! e moitos máis animais os que chaman mamíferos.
_Ben, pero vostede axústese soamente o que lle pregunte.
_E unha vaca branca e negra ¿ de que cor daría a leite?.
_A cor dos animais non influe na cor da leite, esta sempre sería branca. Escoite, pero ¿este traballo non será para unha granxa?.
_Non, non e para unha granxa, pode estar tranquilo.
_E que eu deso non sei nin labra, e que no diario poñía que era un traballo doado.
_E que é doado, pero témoslle que facer certas preguntas, e a nosa obriga.
_Está ben, siga.
_ Que clas de verdura lle votaría vostede o lacón con grelos?.
_Manda carallo!- falou polo baixo sen que case se lle escoitara ela.
_¿Dicia algo?.
_Non, nada.
_¿Non quere respostar a pregunta?.
_¡Como non! eso levara grelos, ¿non o esta dicindo vostede?, e que eu non entendo que relación pode ter todo esto con ese descoñecido traballo. ¿ non será de cociñeiro?.
_¡Non! non e de cociñeiro, ademais, todo nesta vida lle garda relación, ata o touciño coa velocidade.
_¡Si! Pois eu sempre escoitei que non.
_Pois elle mentira, o touciño ten que ver moito con ela, xa que hoxe en día os porcos, ata ser touciño, teñen que viaxar en camións o matadoiro a gran velocidode.
_E manda carallo! ten a sua razón.
_Describame un dos compoñentes do cemento artillado.
_Pero se vostede mesmo está a darme a resposta.
_ ¿A si? ¿ e cal e?- repón a rapariga.
_Pois o cemento, que vai ser.
_E se oito por sete son corenta e cinto, ¿canto son sete por oito?.
_Pois o mesmo, xa que a orde dos factores non altera o resultado, se non fora que tal operación son cincuenta e seis.
_ Vexo que se dacatou do erro. Moi ben, agora digame vostede, se un tren electrico vai de norte a sur ¿acía que sentido xeográfico vai deixando o fume?.
_Para ningún, posto que e un tren que non produce fumes.
_ E a cuñada de sua irman que non e cuñada súa, pero o Seu marido si o é,
¿pódeme explicar o por que?.
_Claro por que eu estaría casado coa irma de meu cuñado.
_Agoro ¿pódeme dicir de que se trata este traballo?.
_Aínda non, pois quédanlle unhas preguntiñas que respostar- engodiulle a secretaría aquela.
_Como instrumentos moi útiles nun fogar que podería considerarse domestico pero non electrizo, e soe pasear todola casa collendo todo que atopa ¿que poñería vostede? E con isto rematamos.
_Nada que cavilar, a vasoira e maila escoba- di todo seguro o entrevistado.
_Pois como superou todalas as preguntas, para vostede e a escoba e mailo traballo.
_¿Quéreme dicir que ese traballa e de varredoiro?
_Así é, non se queixe que será funcionario municipal.
_E para esto metinme eu unha carreira de dereito no senso?-replicalle o demandante do emprego.
_ esquezase de eso e fagame caso ¡non se esmoreza! nesta casa, o caso e meter o fociño, que con tempo e dedicación axeitada, pode ata chegar a ser o xefe. Outros máis burros que vostede pasaron por empurrar a das xestas, e hoxe están detrás dunha mesa de despacho que mada o bregallo, sabendo aínda moito menos que vostede.
Aquel home feito de dereito, cavilouno un chisco, e como polo intr non tiña outra cousa mellor que facer, dixolle a que en quisaba.
_Podo que lle colla o palabra, estou vendo que por moi listo que se sexa e mellor empezar dende abaixo
_Arestora si que o entende, se os burros chegaran o ser cabalos, ¿que farían os cabalos se non oubera burros?
_Que non se ollaría diferencia, vexo que o entendeu.
E foi así que case sen buscalo, atopouse aquel raparigo co posible futuro arranxado. Era boa verdade que non posúe máis quen máis quere, se non quen máis o desexa. El por desexalo non era, pois aínda que aquelo da escoba non pretendía facer carreira con ela, si podía ser o fío guiador para meter o nariz naqueles recunchos do concello, e desta maneira facer carreira dende alí, posto que para ser mandatario, non cumpria ser dunha estirpe determinada, se non darse ben a coñecer prometendo montes moreas, e fargalladas ben cheas.
Que anos despóis:
Fora o en enquisa dun alcalde,
que sen traballlar de balde
sen xeito e con desgana,
deixara o traxe de pana
para tomar o mándato.
Aínda que non foro o trato
naquelas preguntas sabias,
feitas con todo o sénso
déixame que agora penso,
o facer calquer contrata.
Hoxe calquer personaxe
pode vestir ese traxe,
non cumpre nin ter carreira
o caso e ter carisma,
so tendo as xentes prontas
así de esa maneira
podenche saír as contas.
Pasaban as dez da noite cando no recinto ó aire libre daquel pobo costeiro de Santiago da Ribeira, estaba xa a reverter de xentío. Diversidade de personaxes poboaban as instalacións. Nenos, xoves, maiores, e case recen nados que ían nos seus carros, disporíanse a recibi-la película prometida nos carteis habilitados naquel pobo ribeiriño. O tráiler era xa coñecido polos medios de información públicos así pois esperábase con inquedanza desmedida o que encomezara a proxección. Mentres ninguén pode evitar algún que outro coido de teléfono móbil, do cal non hai cartel prohibitivo algún. E cando xa se entra na historia máis alá dos vinte minutos, unha conversa allea ó filma, encomeza a saírse de contesto entre o publico alí presente:
_Si, Claro, iso é, xa che dixen que primeiro a froita ben pelada, e sen oso.
Unha fala forte, sube de son entre o público.
_ ¡Escoite señora ¿non pode explicarlle a receita na entrada?
_Se é só un intre ¡leites! ¡cállese!- resposta secamente a falante do telefoneillo, mentres prosigue a conversa encetada.
_¡Xa che vale filla!, Non só che deixo soa na casa para que flipes coas túas amizades, que ademais cárgasme coa neta para quedarse máis libre e soa na casa, para navegar libremente nesa festa, e aínda por enriba teño que ir informándote no afastamento onde están as cousas.
Pero aquel espectador que estaba desexoso de que empezara xa a película, case lle increpa.
_ ¡e, vostede! ou se calla, ou lle espeto o parasol na cara ¡que carallo!- sigue dicíndote aquel especie de portafala dos asistentes ó acto- que nosoutros estamos a ve-la película, e non a escoita-la a vostede como informa á súa filla polo falante da preparación do menú.
_ ¡Qué! ¿que me vas a pegar a min? Non a naceu aínda quen- di a aboa.
_ ¡Cala aboa¡ qué non me deixas ve-la peli- replícalle a neta.
_ ¡A do móbil! ¡Qué se cale esa porca!- pon outro do público.
_A min ninguén me chama dese xeito xamais, que non se o consinto- di a aboa ó tempo que deixa de falar por aquel artiluxio falante- que de a cara ese porcalleiro.
_Non dou a cara, amósoa para que me vexa vostede e os que queiran- engade o protestado.
Así que a escasos minutos de comezala proxección, as luces acéndense e detense o evento, habida conta ó alboroto desprendido por aquelas dúas persoas. Ó tempo que dúas membros do orde público intentan levarse ós enguedellados tratando deste xeito de achaiar as diferenzas habidas entre eles e o público. E por se poden evita-lo que ninguén saia da sala, e en breve encomezase de novo o espectáculo cinematográfico. Pero ó fin é inevitable e teñen que levalos para arranxar as súas diferenzas fora.
Os alí existentes, bourean:
_ ¡Iso, si! ¡que os leven dunha vez eses fatos! que nosoutros non temos a culpa das súas argalladas
Inevitablemente, soe pasar, que un da a cara pola morea de xente anónima, e estas xa de contado, déixano so que as compoña como poida.
Por fin, aqueles doas obrigados tertulianos saen ó espazo de espera.
_ ¡Señores! Se non aclaran isto entre vostedes, nós, veremos na obriga formalizar de denuncia pertinente.
_ ¡Por suposto! Eu quero denunciar este pasman de merda, por inxurias e calumnias cara a miña persoa sen fundamento algún. Eu son unha viúva respectable, e como tal quero que me trate.
_ ¡Manda carallo!Enriba do que a argallou alí dentro- engade aquel espectador que se lle privara do xa pagado- ¿polo mero feito de ser viúva, xa se lle ten que respectar por enriba de todo? pois que saiba que eu tamén o son, e non vou por aí metendo chufa sen xeito.
Así que sen máis remedio, tiveron que achegarse á comisaría, onde sona de novo o susodito chisme, ela en vez de apagalo, aténdeo sobrecargada de gobio.
_ ¿Qué leites queres agora?- repón mentres marcha camiño do despacho do comisario, quen se nega que a atenda un oficial calquera.
_ ¡Señora por Deus! ¿Quere vostede apagar ese chisme?- incita o manda máis.
_ ¡Se soubera! Isto deumo a miña filla, pero explícame soamente como se descolga, pero non como se para, xa me gustaría xa.
_Polo que vexo, é vostede unha vítima máis destes novos tempos que corren- engádelle o comisario.
_¡E que o diga! estes chismes póñennolos para controlarnos, e saber en todo intre en onde teñen os seus fillos ou pais, é dicir que controlan ós dúas paxaros dunha soa chamada.
A todo isto, a neta tan esprixilada, estase montando a festa pola súa conta sen que ninguén se decate de elo. Curioseando pola mesa do mandatario, ata que nun descoido, vótalle man do ordenador, e engade:
_ ¡Aboa! Aquí paso pipa, mellor que no cine, mañá montas outra para que nos volten a deter ¿Vale? Xa veras que ben o pasamos.
_Pero, ¿qué me estás dicindo nena? Só falta que a miña neta este a inducirme á delincuencia polo mero feito de divertirse- incrépalle a aboa diante do comisario, case que para xustificar a súa intervención naquel inoportuno incidente- ¿ve vostede comisario? Así esta está a sociedade, fita unha verdadeira merda, por que ninguén respecta os dereitos dos demais.
_E vostede a primeira, non se lle esqueza que se lle ocorre comezar unha conversa telefónica dende un cine.
A todo isto, vendo o cariz que ai no ambiente, o home que lle replicara no súa intre, tende por desentenderse da escena.
_ ¿Eu pódome ir verdade?
_ ¿Pero como? ¿Así quen denuncia a quen?- pregunta o xefe do orde.
_Pero aquí ninguén falou de denuncia- repón unha das partes.
_Agora son eu quen fai a denuncia, o pobo contra vostedes dous, por altera-lo orde nun lugar público, querer ou non querer, e aí a cuestión, agora xa non ten emenda:
Así que, no desorde do orde
Se non se impoñen as regras
Que neste tira e afrouxa
Todo o mundo ponlle pegas
Por non estar sen ser visto
Sendo máis parvo ou máis listo
O caso é saber estar
E os cabelos á mar
_Ben, en vista do sucedido, danse as mans, e lárguense do meu vista, que teño cousas máis urxentes que resolver.
Os dúas viuvos se dan as mans, ó tempo que entaboan unha amizade insospeitada que insualmente, encomezara dunha maneira moi pouco ortodoxa, pero que ninguén sabe a onde pode chegar, que polo de pronto, di á súa neta ó pasar por diante da súa portería:
_Anda nena, súbete ó teu casa co teu madre, que eu te esperarei mentres non sales á terraza para saber que as chegado.
_ ¿E o teu a onde vas abola?- pregunta a neta fisgouna.
_Eu..., eu vou a dar unha volta para refrescarme.
_Ti o que pretendes é ligar con este señor, non me enganes- intúe a xove con certa risa picaresca- ten coidado que non se debe ir con extraínos, o teu mesma me o tes dito.
_Se ceo se, xa, pero eu se por onde camiño e non penso perderme.
_ ¡O teu verás! pero a o meu madre non lle gusta que te botes noivo, xa o sabes.
_Eu esperarei aquí ata que saias á terraza, anda e date presa.
Ás súas anos lle ían a dici-lo que tiña que facer, pois xa aguantara o seu ó lado da súa home que en gloria estivera, con aquel barrigón e aspecto de chimenea fumeante, o que sempre lle deixaba soa para irse cos amiguetes. Aquilo xa rematara, agora xa era tempo que lle tocara a ela. Primeiro os padres, despois o marido, despois os fillos. Así que, non podería descoidarse moito se quería vivir algo de aquel tempo que lle quedara de vida.