galiesallariz


Galiesallariz é o taboleiro dixital do DEPARTAMENTO DE GALEGO do IES de ALLARIZ

Viaxe virtual por Allariz

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

2010: O POETA DO CAUREL HOMENAXEADO NAS LETRAS


Recentemente a Real Academia Galega decidiu que no 2010 será Uxío Novoneyra o poeta homenaxeado.
Parbéns aos organizadores da recollida de sinaturas na rede durante todos estes últimos doce meses; foi unha campaña respectuosa, firme e bonita.
Uxío Novoneyra, o poeta d'O Caurel, será o homenaxeado nas Letras Galegas do 2010.
Aquí un poema exemplo do fonosimbolismo (provocar sensacións físicas e anímicas a través da repeticións de sons)que el tan ben praticou.
O poeta máis representativo do fonosimbolismo, que nunca quixo ser poeta para minorías, estará máis perto, como pouco, dos escolares.
Cousos do lobo

Cousos do lobo!
Caborcos do xabarín!
Eidos solos
onde ninguén foi nin ha d?ir!

O lobo! Os ollos o lombo do lobo!

Baixa o lobo polo ollo do bosco
movendo nas flairas dos teixos
ruxindo na folla dos carreiros
en busca de vagoada máis sola e máis medosa?

Rastrexa
parase e venta
finca a pouta ergue a testa e oula
ca noite na boca?


Podedes ver un vídeo
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 01-07-2009 12:43
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0