|
|
|
|
O IES DE ALLARIZ NOS PREMIOS SAN CLEMENTE |
|
Onte, día 2 de maio as nosas exalumnas Raquel Pérez Orozco,Jeniffer Bretaña e Andrea Blanco deixaron as súas tarefas de incipientes pero brillantes universitarias por unha horas e entregaron os Premios San Clemente.
Efectivamente os protagonistas na entrega de premios da XVI edición dos premios literarios promovidos polo Instituto Rosalía de Castro foron os alumnos e alumnas. Fórano xa no mes de xuño ao actuaren como xurado e ao elixiren como gañadores á galega An Alfaya, ao colombiano William Ospina e ao italiano Erri di Luca. Onte, á parte dos autores galardoados, o alumnado tivo o protagonisto ao seren os novos os que presentaron, sostiveron e pecharon o acto desta entrega de galardóns que cita cada ano a grandes autores e autoras, se ben non faltaron autoridades como o Alcalde de Santiago e o Conselleiro de Educación. As nosas alumnas entregaron os premios e máis tarde compartiron cea, mesa e mantel cos autores no Hostal dos Reis Católicos.
Experiencia gratificante e inesquecible.
Parabéns.

fonte:Xornal La Voz de Galicia, X.A. Soler |
|
|
|
|
|