galiesallariz


Galiesallariz é o taboleiro dixital do DEPARTAMENTO DE GALEGO do IES de ALLARIZ

Viaxe virtual por Allariz

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Correlingua 2009

O alumnado de ESO participará o día 15 de maio nas actividades do Correlingua a prol da lingua na vila de Allariz. Recomendamos botar unha ollada á páxina Mil primaveras máis que contén o manifesto gañador. Tamén se pode escoitar o poema de Celso Emilio Ferreiro ·Deitado fronte ao mar" musicado por Dios ke te crew
.
Comentarios (1) - Categoría: ACTIVIDADES - Publicado o 28-04-2009 11:58
# Ligazón permanente a este artigo
Benvida

Benvid@s a GALIESALLARIZ, o blog do Departamento de Lingua Galega e Literatura, que comeza a súa andaina neste curso. Como criatura que acaba de nacer ten madriña; chamase Nuria López,compañeira de Física e Química que nos axudou a abrir esta humilde xanela á didáctica,á información e á creatividade das letras en galego; para Nuria o noso agradecemento.
Tentaremos qua criatura medre ben, saudable, tolerante, respectuosa, eficiente e mesmo fermosa. A nosa ventá dá directamente ás novidades relacionadas coa nosa materia : novidades editoriais, lecturas propostas, actividades ; tamén ten vistas á creatividade e aos intereses do alumnado,.Así que a paisaxe que se debuxa pinta moi ben....
Comentarios (1) - Categoría: XERAL - Publicado o 16-04-2009 19:28
# Ligazón permanente a este artigo
Letras galegas 2009
Invitamos a todo o profesorado e a todo o alumnado a participar na Festa das Letras Galegas no IES o día 14 de maio.
Propómosvos o seguinte:
- Concurso de Manifestos a prol da Lingua. Podedes participar cun texto en prosa ou en verso. O mellor manifesto será impreso a modo de marcapáxinas e repartirase a todo o alumnado como recordo.
Os traballos debedes entregalos antes do 5 de maio.
- Isaac Estravís disertará sobre Ramón Piñeiro, o persoeiro homenaxeado este ano.
- Recital de poemas titulado "Versos con lingua"- Cancións.
Tedes outras ideas?
LETRAS GALEGAS 2009(se picades no título podedes ver un vídeo sobre R: Piñeiro.
Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES - Publicado o 16-04-2009 17:41
# Ligazón permanente a este artigo
Encontros cos nosos escritores
Miguel Anxo Murado a>estará o próximo día 20 de abril no Ies de Allariz para falar da súa crónica Fin de século en Palestina, e dos libros de relatos Ruído e Mércores de cinza, que están a ler os alumnos e alumnas de 1º de bacharelato e 3º de eso.

Fin de século en Palestina está a ser acollido unanimemente por lectores e crítica como unha das mellores obras dos derradeiros anos. Agora, co premio dos editores, confírmase aínda máis esa sensación. Este novo éxito de Miguel Anxo Murado súmase aos moitos premios recollidos o ano pasado pola súa obra "O soño da febre".



Miguel Anxo Murado estivo connosco falando dos seus libros e da interesante traxectoria vital como xornalista. Todo o que contou foi moi interesante como era de esperar; mais o que eu destaco del é a súa mirada sobre a realidade humana e humilde. Sempre é así nos mellores.
Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES - Publicado o 16-04-2009 16:28
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0