galiesallariz


Galiesallariz é o taboleiro dixital do DEPARTAMENTO DE GALEGO do IES de ALLARIZ

Viaxe virtual por Allariz

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Memoria de cidades sen luz na vila de Allariz
Inma López Silva estivo connosco na biblioteca do Ies falando sobre a súa última e galardoada novela Memoria de cidades sen luz.. Explicounos anécdotas de como elixiu o título despois de moito remoelo: primeiro pensou en "Igual que Medea", mais non estaba convencida. Tiña que aparecer a palabra memoria tan importante na historia, onde o protagonista vai nómade á busca da súa identidade polas cidades de Santiago, A Coruña, París, Nova Iorq, Bos Aires, de volta a Galicia,... Evidentemente tamén as cidades,...O da falta de luz, foi por un apagón que se produciu en Barcelona, que lle acendeu á autora a bombilla.
Explicounos o que máis lle interesa das historias: os personaxes; cando as personaxes teñen carne, como as das mulleres galeguistas como Lucía , constrúe vidas e escenarios para elas. Tamén contou como personaxes reais de carne e óso ás veces están a soster o esquelete dos de ficción.
Inma López Silva, que xogaba aos mitos na nenez, é consciente da responsabilidade dos novelistas na tarefa da recuperación da historia, esa historia que habitualmente non aparece nos libros de texto.

Aínda nos contou moitas outras cousas sobre o panorama da literatura galega actual, @s seus narrador@ favorit@s,a súa seguinte novela coa que vai andar moi pronto ensarillada...
Pesie a non ser mitómanos, engaiolounos coas súas palabras adicadas, fermosas e amables, nas entradas dos nosos libros asinados, o sorriso natural e perenne na súa boca e a lucidez dunha moza que irradia humanidade e luz.
Moitas grazas Inma.Ata cando ti queiras;agardámoste en Allariz.
Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES - Publicado o 22-12-2009 13:51
# Ligazón permanente a este artigo
Libros para todos. 2ª avaliación
As lecturas propostas para a segunda avaliación, por cursos, son as seguintes:
1º de ESO:
A. FERNÁNDEZ PAZ,Trece anos de Branca
2º ESO:
B. RIVEIRO, Tonecho de Ribordechao
3º ESO:
X.MIRANDA, Morning Star
4º ESO:
E. BLANCO AMOR,A esmorga

1º de BACHARELATO:
C. CASTELO BRANCO, Amor de perdición
MURGUÍA, Desde o ceo
2º de BACHARELATO:
E. BLANCO AMOR, A Esmorga
Comentarios (0) - Categoría: LECTURAS PARA NÓS - Publicado o 18-12-2009 12:58
# Ligazón permanente a este artigo
PRESENTACIÓN DE INMA LÓPEZ SILVA


Inma López Silva sorprende. Sorprende pola súa xuventude ao carón da madureza da súa obra.

Memoria de cidades sen luz é unha obra que restaura a memoria. É a memoria dos exiliados dende os ollos dese neno que mira cos ollos estarrecidos entre os flocos da colcha, agochado debaixo da cama ; mira como asasinan a súa familia.

Inma López Silva engaiola coa súa historia. Así que non é de estrañar que recibira galardóns como o Premio Blanco Amor ou o da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Tamén recolleu o Premio Arcebispo San Clemente, que é o que outorgan os lectores novos, os dos institutos. Se o IES de Allariz tivese a oportunidade, o noso voto tamén iría para Inma.
Temos o privilexio de recibila na nosa biblioteca e no noso centro. E dámoslle as grazas por iso.
Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES - Publicado o 17-12-2009 12:02
# Ligazón permanente a este artigo
PROXECTO ENCLAVE
A Editorial Galaxia facilitará a descarga de vinte títulos, entre eles obras de Blanco Amor e Otero Pedrayo.
Se queres saber máis, pica aquí
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 17-12-2009 11:12
# Ligazón permanente a este artigo
ALLARIZ: INMA LÓPEZ SILVA NOS ENCONTROS COAS NOSAS ESCRITORAS
O Departamento de Lingua galega do IES en colaboración coa editorial Galaxia vén propiciando nos últimos anos estes encontros do alumnado cos escritores cuxas obras len previamente. Así vistáronnos Riveiro Coello, Alfredo Conde e Miguel Anxo Murado.

Este curso abrimos os encontros coa extraordinaria canteira de escritoras: a primeira será INMA LÓPEZ SILVA.
O vindeiro luns, 21 de decembro estará na biblioteca connosco, especialmente co alumnado de 2º de bacharelato para falar da excelente novela Memoria de cidades sen luz e respostar ás custións que o alumnado lle plantexe.

Que queres preguntar?


-Como decidiches comezar a túa carreira como novelista?
- Cales foron as maiores dificultades que atopaches na túa carreira como escritora?
-Como é o teu método de traballo e de onde sacas os argumentos?
- Por que mesturas personaxes creados con personaxes históricas?
- Por que o tema de rememorar as lembranzas e o tema da Guerra Civil?
- Que foi o que te levou a escribir Memoria de cidades sen luz ?
-Cal é a túa novela favorita? Identifícaste con algunha?
- Estás escribindo algunha obra ou a piques de publicar algunha?
- Que che parece o panorama da literatura galega actual? Que relación tes cos teus compañeir@s de xeración?
- A túa faceta de escritora outórgache algún privilexio persoal, social...?
- Cres que os da nosa idade somos bos lectores?
- Que autor@s che gustan? Cres que inflúen na túa escrita?
- Que che parecen os libros dixitais? Ti es partidaria deles?
Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES - Publicado o 11-12-2009 14:01
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0