galiesallariz


Galiesallariz é o taboleiro dixital do DEPARTAMENTO DE GALEGO do IES de ALLARIZ

Viaxe virtual por Allariz

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

OBRADOIRO DE ANIMACIÓN Á LECTURA


O día 30 de outubro, ás 9.30h. ANXO FARIÑAS VISITARÁ O IES DE ALLARIZ, para desenvolver un obradoiro de lectura co alumnado de 1º de Eso, ao redor da obra do autor titulada A espada esmeralda.
Xa nos contarán o ben que resultou o encontro.
Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES - Publicado o 29-10-2009 13:25
# Ligazón permanente a este artigo
28 O : DÍA DAS BIBLIOTECAS
O alumnado de Lingua galega e literatura de 2º de bacharelato comenta Memoria de cidades sen luz:

Este libro gustoume moito, xa que fala dunha historia verdadeiramente entrañable e todo o que conta faino nun marco histórico que fai que sexa unha novela realista. É destacable o ben que plasma a autora as vivencias do exilio e da emigración e como é capaz de levarnos á sociedade da época.
O que máis me gustou é que combina a dor, o amor, a guerra,... compondo un cadro moi completo. Gustoume en tódolos aspectos e penso que se trata dun dos mellores libros que lin.(LAURA BORRAJO)

A autora é capaz de relacionar momentos históricos de épocas pasadas e encadrar aos personaxes neles, de xeito que poida parecer unha historia real (...)
Aínda que nun primeiro momento pensei que ía ser unha historia máis do tipo: " xente feliz-guerra- xente triste emigra", agora penso que estaba equivocado.(DIEGO RODRIGUEZ LOSADA).
Comentarios (0) - Categoría: LECTURAS PARA NÓS - Publicado o 28-10-2009 13:51
# Ligazón permanente a este artigo
O alumnado de 4 º de ESO (PDCII) comenta
Ollos de auga
Un libro que nos amosa unha forma de apreciar a lectura en galego.Esta obra é unha intriga ,ambientada na actualidade,que conta unha historia dun asasinato por envelenamento.Transcorre esta historia na investigacion do asasinato do músico Lois Reigosa.
Libro recomendado para xente con mentalidade investigadora.UN SAUDO ,E ESPERO QUE VOS GUSTE COMO ME GUSTOU AMIN.(Diego Gómez Domarco).


i>Ollos de auga é unha novela policíaca, situada nun lugar real, como é a cidade de Vigo, que nos conta o asasinato dun home chamado Lois Reigosa, morto ao ser envelenado por un potente fármaco.
A partir de aquí sangue, disparos, sospeitosos, acusados, moita emoción e un crime sen resolver.
Recomendación feita por Óscar Vicente: Espero que< vos guste un pouco máis que a min, porque se non vades bos. Un saúdo.


A min gustoume moito o libro; non foi o mellor, pero non teño ningunha queixa sobre el.Ademáis engancha moito.Ó pricipio non tanto pero a medida que vas lendo vaslle collendo gusto á lectura.E e se non vos gusta ler animadevos porque tampouco son amante da lectura.Xa para rematar saúdo o I.E.S Lagoa de Antela que é moi bo centro e ten bos alumnos e foi quen nos prestou os libros.Cristina Díaz Sánchez
Comentarios (0) - Categoría: LECTURAS PARA NÓS - Publicado o 28-10-2009 13:28
# Ligazón permanente a este artigo
I CONCURSO DE RELATOS CURTOS CIENCIA FICCIÓN
PARTICIPA E GAÑA UNHA NINTEDO DSi

Gradiant, o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, coa financiación da Direc­ción Xeral de I+D+i da Consellería de Economía e Industria e no marco da Semana da Ciencia convoca o I Concurso de Relatos Curtos de Ciencia Ficción, baseándose no tema ?A túa escola do futuro?.

Quen pode participar: A convocatoria divídese en tres categorías:

CATEGORÍA C: Alumnos do primeiro ciclo de Secundaria (1º e 2º)

CATEGORÍA B: Alumnos de segundo ciclo de Secundaria (3º e 4º)

CATEGORÍA A: Alumnos de Bacharelato (1º e 2º)

Que pedimos

Nos tres casos terán que entregar un relato curto, en galego, e cinguido ás bases correspondentes á súa categoría, do xénero ciencia fi­cción, no que se presenten ideas sobre a tecnoloxía na escola nun futuro próximo. Pódese complementar con ilustracións ou deseños das propostas de innovación que aparezan en cada traballo.

Extensión dos relatos: A extensión será dun máximo de dous folios na categoría C e tres folios nas categorías A e B, sendo a presentación en tódolos casos mecanogra­fiada, con formato fonte Arial tamaño 12 e con interlineado dobre. No tocante ó contido, na categoría A teranse que incluír un mínimo de tres innovacións técnicas aplicadas á ensinanza e escola e dúas innovacións técnicas no fogar, na categoría B un mínimo de dúas innovacións técnicas aplicadas á ensinanza e escola e unha innovación técnica no fogar, e na categoría C un mínimo de dúas innovacións técnicas aplica­das á ensinanza e escola. As ilustracións presentaranse en folios aparte do texto.

Os relatos ­firmados con pseudónimo e por triplicado deben ser enviados por correo ordinario xunto cun sobre pechado que inclúa os datos de contacto do autor (nome, centro, dirección, teléfo­no do centro no que estuda e email) antes do dia 11 de novembro de 2009 a:

GRADIANT ETSI Telecomunicación. Lagoas Marcosende, s/n. 36310, Vigo

ou a

actividades@gradiant.org

Estas bases tamén figuran web de Gradiant (www.gradiant.org). En caso de dúbida, póñanse por en contacto con actividades@gradiant.org ou 986 81 86 37.


Comentarios (0) - Categoría: CERTAMES E CONCURSOS - Publicado o 23-10-2009 11:43
# Ligazón permanente a este artigo
18 O: QUEREMOS GALEGO
A sociedade galega estivo á altura. Cando cómpre estar unidos a prol da lingua, a sociedade galega faino e acode a Compostela para berrar que quere galego no ensino, na rúa, no Parlamento,... O presidente e o goberno ten que tomar moi boa nota do que aconteceu onte. "Na Galiza, en galego" foi unha das frases que berramos as máis de 50.000 persoas que estabamos na capital de Galicia.Foi emocionante ver como a xente se mobiliza: había asociacións de diversa índole, familias enteiras, nenos, mulleres embarazadas, velliños que lucían orgullosos a pegatina de"Queremos Galego" na lapela; nenos que levaban a expresión de defensa do seu idioma nunha cartolina de cor.
A sociedade galega estivo á altura porque saíu outra vez á rúa para defender o idioma deste país; e fíxoo de xeito exemplar, con todo o civismo e a alegría de facelo pola mellor das causas: a lingua, que é o sustento da nosa identidade. Noraboa a tod@s
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 19-10-2009 12:16
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0