galiesallariz


Galiesallariz é o taboleiro dixital do DEPARTAMENTO DE GALEGO do IES de ALLARIZ

Viaxe virtual por Allariz

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Debuxa un poema de Uxío Novoneyra
Na plataforma www.slideshare.net podes ver unha presentación sobre poemas de Uxío Novoneyra. Chámase "Debuxa Un Poema De Uxío Novoneyra". Serache moi útil para participares no concurso do "Poema ilustrado" que che propuxemos.
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS 2010 - Publicado o 11-04-2010 22:06
# Ligazón permanente a este artigo
Recursos sobre Uxío Novoneyra
Estamos a elaborar un curso de aula virtual sobre as Letras Galegas deste ano 2010 que conterá recursos de texto, de audio, vídeo e actividades.
Entretanto seguimos a recomendar páxinas ou bitácoras interesantes sobre o poeta do Courel, por exemplo, á parte das xa citadas noutro artigo:
-páxina oficial de Uxío Novoneyra www.uxionovoneyra.com
Da páxina da Real Academia Galega RAG tomamos a bibliografía do escritor.
Aquí podedes ver os carataces gañadores do concurso que convoca Política lingüística:Lingua galega. Xunta

Webquest:ceipnosasenhoradexuvencos


-Recompilación de ligazóns con recursos de diferente tipo (roteiro, webQuest,...)están en>twitter.com/fdnovoneyra

-Recompilación de recursos audiovisuais naCoordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüistica CGENDL
Máis recursos: en
ceipfrian

BLOG da Biblioteca do IES Castro da Uz, As Pontes.
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS 2010 - Publicado o 11-04-2010 21:44
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIO BLANCO AMOR 2010
O Blog do escritor Xesús Costenla Tiñádelo que ver debe de ser o primeiro que dá a noticia do galardón literario Blanco Amor 2010. A novela premiada chámase Imposible de desatar, seica é innovadora e pertence a un autor ata o de agora descoñecido,Iván García Campos.
É unha boa nova e unha oportunidade máis para os lectores. Parabéns.
Comentarios (0) - Categoría: AO DÍA - Publicado o 11-04-2010 10:15
# Ligazón permanente a este artigo
Biografía de Uxío Novoneyra
Estamos a recoller o material máis interesante sobre o escritor homenaxeado nas Letras Galegas 2010
Recomendamos a biografía do escritor elaborada por Fran Alonso
Tamén recomendamos o blog A beira das palabras
Para estudar a situar ao escritor na xeración literaria das Festas Minervais ou Xeración dos 50, podemos ir a profesgalegas
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS 2010 - Publicado o 08-04-2010 13:27
# Ligazón permanente a este artigo
POEMAS ILUSTRADOS





O alumnado de 1º e 2º ciclo de ESO poderá participar no concurso de POEMAS ILUSTRADOS.
Para o cal haberá que ter en conta as seguintes bases:
1. O traballo consistirá na presentación dun poema de Uxío Novoneyra ilustrado.
2. A presentación do traballo realizarase nunha cartolina a cor co poema manuscrito e a ilustración libre.
3. Valorarase a orixinalidade, así como a idoneidade da ilustración co contido do poema seleccionado.
4.Os traballos poden ser individuais ou grupais(máximo catro persoas)
5. A data límite de presentación será 0 10 de Maio.
6. Outorgaranse dous premios por ciclo. A entrega dos galardóns será o venres, día 14 de Maio na biblioteca do centro.

A TRABALLAR CON "MOITA ARTE" e sorte!
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS 2010 - Publicado o 08-04-2010 12:39
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0