galiesallariz


Galiesallariz é o taboleiro dixital do DEPARTAMENTO DE GALEGO do IES de ALLARIZ

Viaxe virtual por Allariz

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

PARTICIPA COA



Lingua de amor

O Consello da Xuventude de Galicia convoca novamente o concurso LINGUA DE AMOR.

O concurso estrutúrase en dúas modalidades:
1ª Modalidade: Declaracións de amor en galego a través da rede.
2ª Modalidade: Cancións de amor en lingua galega.

O prazo límite para a entrega dos traballos é o 28 de maio de 2010
Se queres ver toda a información preme en
linguadeamor.eu
Comentarios (0) - Categoría: CERTAMES E CONCURSOS - Publicado o 22-04-2010 11:50
# Ligazón permanente a este artigo
Cea das Letras 2010
O fallo coñeceuse no transcurso da velada que se celebrou no Hotel Palacio do Carme de Santiago de Compostela, na que o poeta arxentino, Juan Gelman, recibiu o simbólico recoñecemento de Escritor Galego Universal.

Luz Pozo, poucas horas despois de converterse en Premio da Crítica literaria por Deter o día cunha flor (Baía), recibiu o galardón dos escritores galegos pola mesma obra.
Os premios da AELG deste ano 2010 son:

-Cartas de republicanos galegos condenados a morte 1936-1948 (Xerais), de Xesús Alonso Montero, gañou na modalidade de ensaio;
- Agustín Fernández Paz, pola súa obra Lúa do Senegal (Xerais), o de literatura infantil e xuvenil;
- Xosé Cid Cabido, pola súa obra Unha historia que non vou contar (Xerais), o de narrativa;

-Bartug Aykam e María Alonso Seisdedos foron galardoados pola tradución da obra O museo da inocencia, de Orham Pamuk (Galaxia);
>

- Rubén Ruibal, por Delimvois (Xerais/IGAEM), na modalidade de teatro;
-Manuel Rivas, pola mellor traxectoria xornalística;
-Manuel Bragado, polo seu blog 'Brétemas';
- e o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, como institución implicada na defensa e difusión da cultura galega.
(Fonte: A Nosa Terra

Parabéns

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 18-04-2010 14:28
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe ao Bardo do Courel
O xornal Galicia Hoxe faise eco da homenxe ao autor do Courel :

"Novoneyra: ?Canto de permanencia?

18.04.2010 O Teatro Principal de Santiago acolle o martes a proxección dun documental, impulsado pola Asociación Socio-pedagóxica Galega e a Fundación Manuel María, que recrea o universo ?máxico? do poeta ao que se lle dedica o Día das Letras. O filme recupera unha gravación do autor recitando ?Letanía de Galicia? "
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS 2010 - Publicado o 18-04-2010 14:19
# Ligazón permanente a este artigo
Ligámonos aos escritor@s
Para visitar as web ou os blogs dos escritores e escritoras iremos á páxina da AELG que xa nos ofrece as ligazóns.
Picaaquí
O blog do escritor Manuel Rivas, aberto recentemente, chámase O Máis Estraño.
Lerémolo
Comentarios (0) - Categoría: LIGÁMONOS - Publicado o 14-04-2010 17:33
# Ligazón permanente a este artigo
Selección de poemas de Novoneyra
Estas son as obras de Uxío Novoneyra na que podes atopar o teu poema:
Os eidos (1955) <
Os eidos 2. Letanía de Galicia e outros poemas (1974)
Poemas caligráficos (1979)
Libro do Courel (1981)
Muller pra lonxe (1987)
Do Courel a Compostela 1956-1986 (1988)
O cubil de Xabarín (1990)
Tempo de elexía (1991)
Gorgorín e Cabezón (1992)
Poemas de doada certeza i este brillo premido entre as pálpebras (1994)
Betanzos: Poema dos Caneiros e Estampas (1998)
Dos soños teimosos Noitarenga (1998)
Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín (1998)
Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago e outras rotas (1999)


Seleccionamos os poemas de Uxío que máis nos gustan; por exemplo:
Poemas da doada certeza i este brillo premido entre as pálpebras

Escolma. Ó Sil



O río ó ras
cheo d-auga e destino ó paso
flue flumen
pr-onde foi xa o sol tragado
todo o ouro volto prata
/gris raspado/
en mil sarillos
e aneis cruzados
sumándose ó caudal da noite
tamén alto.

Il non precisa de nós
nin diste canto.
Ela sola Naturaleza
é forma de algo.
I eu de eiquí quedo
chegou ó outro lado
coma cando a polas doncelas
dun salto
foi do cabalo de Roldán
ralvado.

Niste aire quente rente
amigo Lauro
Sómo-la beira
con todo o tempo pra miralo
coma se nin a el nin a nós
agardara o Oceano
E non-o viramos perderse eí
a corto tramo
i ó pechar a noite nela
desembocando

Val di Orres 1988



Anque caia o Monumento á ausencia
ti quedarás como nós quedaremos
pois xa estamos na Lingua
con tódolos rostros do noso pobo
cada un co seu xeito
que se animan e volven cando falamos
como agora.


A CRISTINA
CON AUGA DE NEVE
EN BRIÓN


1 DEIXÁMOSTE coa chuvia.

2 E vou sostendo dediante miña
a túa imaxe na mesa da tenda.

E volta a teima a fixar o teu xeito
na imposibilidade de verte viva



SE O PASADO É PASADO

Se o pasado é pasado
i o presente é o urgente
por qué inda busca a xente
aquil soño clausurado?

Vido visto ben Santiago
i esa cuestión non resolta
fago camiño de volta
camiño de volta fago.

Camiño de volta fago
volvo do cabo do Mundo.
Terra sólo en ti me fundo:
é a certeza que trago.



LETANÍA DE GALICIA

GALICIA digo eu ún di GALICIA
GALICIA decimos todos GALICIA
hastr?os que calan din GALICIA
e saben sabemos

GALICIA da door chora á forza
GALICIA da tristura triste á forza
GALICIA do silencio calada á forza
GALICIA da fame emigrante á forza
GALICIA vendada cega á forza
GALICIA tapeada xorda á forza
GALICIA atrelada queda á forza

libre pra servir libre pra servir
libre pra non ser libre pra non ser
libre pra morrer libre pra morrer
libre pra fuxir libre pra fuxir

GALICIA labrega GALICIA nosa
GALICIA mariñeira GALICIA nosa
GALICIA obreira GALICIA nosa
GALICIA irmandiña
GALICIA viva inda

recóllote da TERRA estás mui fonda
recóllote do PUEBLO estás n?il toda
recóllote da HISTORIA estás borrosa
recóllote i érgote no verbo enteiro
no verbo verdadeiro que fala o pueblo
recóllote pros novos que vein con forza
pros que inda non marcou a malla d?argola
pros que saben que ti podes ser outra cousa
pros que saben que o home pode ser outra cousa

sabemos que ti podes ser outra cousa
sabemos que o home pode ser outra cousa
><

Se vas a www.slideshare.net e buscas
debuxa-un-poema-de-uxo-novoneyra poderás ver unha presentación con máis poemas


CHOVE pra que eu soñe ?

CHOVE
non sein desd?onde nin para onde?

No quedo da tarde
ollo longo nembrando choivas d?antes.


CHOVE no monte e nas viñas.
Envolca a auga en regueiras
i ailí onde cain as beiras
baila muiñeiras miudiñas?


CHOVE
e solo o quedo se move.
??????????
Enviso n?algo que non deixo
eu teño su beirado
da cabana o xeito calado
do val na follata de freixo
e rebolo i as silvas cargadas
de pingoadas?


TRONOU ventou e choveo.
Bicouse a terra co ceo.
A noite que onte caíu
solo foi pre quen?a oíu.

Ameteo o río. Ameteron as fontes
i os fontegallos dos montes.
Na?a auga a golforón.
Regan os prados a cachón.


ANDA o vento ceibe polos eidos
con tódalas áas soltas
empreña os castiñeiros
ripa as lousas dos teitos
i escachafoula nas portas?


CHOVE xunto e miudo?
Como siga unhos días iste tempo
vai dar gusto
ver cubertas de mofo as penas
as paredes vellas
as ourelas dos ríos
i as presas
as estoldas dos muiños
os teitos
os castiñeiros xa sin folla
i as árbores todas.



CHOVE pausiño pras sombras
chove pra baixo e para riba.
O aire de soño en soño
a auga pinga que pinga?

Ven a noite polos eidos?
Vaise a tarde que nin xeme
decindo adeus con un xeito
que non sein nin se me esquece.

Do Courel a Compostela: 1956-86

Escolma. Pranto polo Ché. Elexía instantania a Ernesto Guevara



AS aves da tua morte foron os muricegos que non vira en todo o ano.

Por iles soupen que é certo.
É certo! é certo! é certo! é certo! é certo!

Ás palazadas por dúbida entre certeza quer vir o pranto
como o peso de prumas inda quentes dos derradeiros paxariños mortos
de tódalas anduriñas que cairon ó irse.

Como os homiños morren os éroes
non se funden Os Andes nin nada.
A mesma door xa afroxa a gorza ó decorrer polo pranto baixiño.

E nin inda agora nin para ti teño outra voz.

10 noite
10/10/67

Muller pra lonxe: 1955-1985

Escolma. "ANDAS as ruas coma se fora a praia..."



ANDAS as ruas coma se fora a praia
lenelene entras na carta
i escribes diante frores murchas
a fibela do meu traxe sigue tan benfeita

ouh muller para lonxe
pra aquil que tral'o locir d'intres nada pode haber diario

chegas do NORDE
pasas da saga á cantiga levando sola a gran imaxen

soños
vir a tempo

súpeta creba a forcia dos isolados
g r a n d e s
a l t o s
pra cair


1969

Os Eidos 2. Letanía de Galicia e outros poemas

Escolma. "NADAL n e v a"



NADAL n e v a
A neve caindo con todo o ámeto
Coallado silencio -lá e mai- tapa serra e concencia

Mais de ti de ti só me apadúo en canto

1969

Tempo de elexía

Escolma. Don do cáos/A Reimundo Patiño



No bosco entrelazo
o berro que esnaquiza abre un ámeto múltipre

Algo afirma e algo hai tamén mui alleo en todo;
sempre xorda distancia e ir levado do valumbo


1962























Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS 2010 - Publicado o 13-04-2010 13:21
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [5] [6] [7] 8 [9] [10] [11] ... [20]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0