galiesallariz


Galiesallariz é o taboleiro dixital do DEPARTAMENTO DE GALEGO do IES de ALLARIZ

Viaxe virtual por Allariz

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Festa das Letras


Compostela foi a capital das letras e da reivindicación festiva, nun día luminoso no que milleiros de persoas autoafirmamos que estamos ledas por termos un patrimonio común: a lingua propia.


Por outra banda a sesión da RAG celebrábase no Courel. Tomamos o publicado en GaliciaHoxe.com(18-5-2010) porque nos parece ben significativo:
A sesión da RAG no Courel comezou cun desbordante discurso de Manuel Rivas, advocado ao chamado dos "irmáns de maio". Rivas subliñou como Novoneyra logrou transcender o Courel e como o converteu no "centro do universo" a través do "soño da esfera" que lle proporcionou a poesía. A liberdade, indicou, foi o alicerce da súa obra, unha obra na antítese do verso-propaganda, dócil e decorativo. Poemas que foron "revolucións sensoriais" nun canto xeral de "ecoloxía creadora" até construír "o máis fermoso libro: o manuscrito da terra".

Manuel Rivas tampouco esqueceu o compromiso co idioma e destacou que todo galego ten "responsabilidades como tal" en relación co idioma, responsabilidades que van "máis aló das ideoloxías e das premisas do propio partido".

"Non valen medias tintas, hai que estar si ou non con Galicia e non se pode dicir que se está con Galicia cando non se sente a responsabilidade da pervivencia da nosa lingua como meta primordial", proclamou.

Margarita Ledo, a segunda académica en intervir, enxalzou "unha xeración enteira" que defende a identidade, a cultura e o idioma galegos: "Está aquí, no Courel, e alí, en Compostela", proclamou, ao tempo que lembraba a forza ritual de Novoneyra como dicidor, até converter os seus recitados en actos comunais".

O encargado de revisar a traxectoria literaria de Novoneyra foi Darío Xohán Cabana, que subliñou os seus comezos poéticos ou a súa amizade con Manuel María. Cabana salientou, de xeito especial, o seu "verso xestual" e a medida da respiración como métrica. Foi, concluíu, "como Picasso reinventando as covas de Altamira".
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS 2010 - Publicado o 17-05-2010 22:55
# Ligazón permanente a este artigo
FALAN SOBRE NOVONEYRA


Fonte:Boedense
Comentarios (1) - Categoría: LETRAS GALEGAS 2010 - Publicado o 15-05-2010 00:06
# Ligazón permanente a este artigo
Os Maios en Allariz



PARABÉNS a todos os participantes nos Maios 2010: a todo o alumnado de primaria, á asociación Puzzle, ao Fogar dos Maiores,ao alumnado de secundaria que tanto traballou nas últimas e tépedas tardes para redondear e adornar os seus maios.
Parabéns especiais a todos os premiados, en especial aos nosos alumnos e alumnas que conseguiron os seguintes premios:
MAIOS
3º premio na modalidade de maio artístico: 3º ESO
2º " " " " : 2ºESO
COPLAS
2º premio: 4º ESO (PDCII)
1º premio: 1º ESO
Comentarios (1) - Categoría: ACTIVIDADES - Publicado o 02-05-2010 20:48
# Ligazón permanente a este artigo
Rosalía de Castro en xaponés
Fonte: blog O falar non ten cancelas

É unha testemuña que dá moitas leccións por si mesma. É para ver!

Comentarios (1) - Categoría: É PARA VER - Publicado o 02-05-2010 20:36
# Ligazón permanente a este artigo
Recanto para a música
Nova e sorprendente versión do famosísimo poema de Rosalía de Castro:



Música de Berrogüeto: "Xente"




value="http://www.youtube.com/v/xeScF2-UkuA&color1=0xb1b1b1&color2=0xd0d0d0&hl=es_ES&feature=player_detailpage&fs=1">






No niño novo do vento
hai unha pomba dourada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!

Canta ao luar e ao mencer
en frauta de verde olivo.
Quén poidera namorala,
meu amigo!

Ten áers de frol recente
cousas de recén casada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!

Tamén ten sombra de sombra
e andar primeiro de río.
Quén poidera namorala,
meu amigo!













O meu país/ é verde e neboento
É saudoso e antergo,/ é unha terra e un chan.
O meu país/ labrego e mariñeiro
É un recuncho sin tempo/ que durme nugallán.

Q quece na lareira,/ alo na carballeira
Bota a rir.
E unha folla no vento/ alento e desalento,
O meu país.

O meu país/ tecendo a sua historia,
Muiñeira e corredoira / agocha a sua verdá
O meu país/ sauda ao mar aberto
Escoita o barlovento/ e ponse a camiñar

Cara metas sin nome/ van ringleiras de homes
E sin fin.
Tristes eidos de algures,/ vieiros para ningures,
O meu pais.

O meu país/ nas noites de invernía
Dibuxa a súa agonía/ nun vello en un rapaz.
O meu país/ de lenda e maruxias
Agarda novos días/ marchando de vagar.

Polas corgas i herdanzas
Nasce e morre unha espranza/ no porvir.
E unha folla no vento/ alento e desalento
O meu país.




Numa folha qualquer
Eu desenho um sol amarelo
E com cinco ou seis retas
É fácil fazer um castelo...

Corro o lápis em torno
Da mão e me dou uma luva
E se faço chover
Com dois riscos
Tenho um guarda-chuva...

Se um pinguinho de tinta
Cai num pedacinho
Azul do papel
Num instante imagino
Uma linda gaivota
A voar no céu...

Vai voando
Contornando a imensa
Curva Norte e Sul
Vou com ela
Viajando Havaí
Pequim ou Istambul
Pinto um barco a vela
Branco navegando
É tanto céu e mar
Num beijo azul...

Entre as nuvens
Vem surgindo um lindo
Avião rosa e grená
Tudo em volta colorindo
Com suas luzes a piscar...

Basta imaginar e ele está
Partindo, sereno e lindo
Se a gente quiser
Ele vai pousar...

Numa folha qualquer
Eu desenho um navio
De partida
Com alguns bons amigos
Bebendo de bem com a vida...

De uma América a outra
Eu consigo passar num segundo
Giro um simples compasso
E num círculo eu faço o mundo...

Um menino caminha
E caminhando chega no muro
E ali logo em frente
A esperar pela gente
O futuro está...

E o futuro é uma astronave
Que tentamos pilotar
Não tem tempo, nem piedade
Nem tem hora de chegar
Sem pedir licença
Muda a nossa vida
E depois convida
A rir ou chorar...

Nessa estrada não nos cabe
Conhecer ou ver o que virá
O fim dela ninguém sabe
Bem ao certo onde vai dar
Vamos todos
Numa linda passarela
De uma aquarela
Que um dia enfim
Descolorirá...

Numa folha qualquer
Eu desenho um sol amarelo
(Que descolorirá!)
E com cinco ou seis retas
É fácil fazer um castelo
(Que descolorirá!)
Giro um simples compasso
Num círculo eu faço
O mundo
(Que descolorirá!)...



Busca as túas letras e músicas neste portal:
Vagalume


Chove en Santiago
meu doce amor
camelia branca do ar
brila entebrecida ao sol.

Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e sono
cobren a valeira lúa.

Olla a choiva pola rúa
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaido
soma e cinza do teu mar.

Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol;
agoa da mañan anterga
trema no meu corazón.


Solo le pido a Dios
Que el dolor no me sea indiferente,
Que la reseca muerte no me encuentre
Vacia y sola sin haber hecho lo suficiente.

Solo le pido a Dios
Que lo injusto no me sea indiferente,
Que no me abofeteen la otra mejilla
Despues que una garra me araño esta suerte.

Solo le pido a Dios
Que la guerra no me sea indiferente,
Es un monstruo grande y pisa fuerte
Toda la pobre inocencia de la gente.



Solo le pido a Dios
Que el engaño no me sea indiferente
Si un traidor puede mas que unos cuantos,
Que esos cuantos no lo olviden facilmente.

Solo le pido a Dios
Que el futuro no me sea indiferente,
Desahuciado esta el que tiene que marchar
A vivir una cultura diferente.

Solo le pido a Dios
Que la guerra no me sea indiferente,
Es un monstruo grande y pisa fuerte
Toda la pobre inocencia de la gente.







Comentarios (0) - Categoría: Recanto para a música - Publicado o 30-04-2010 22:03
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [3] [4] [5] 6 [7] [8] [9] ... [20]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0