galiesallariz


Galiesallariz é o taboleiro dixital do DEPARTAMENTO DE GALEGO do IES de ALLARIZ

Viaxe virtual por Allariz

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

NOVA HISTORIA DA LINGUA
Historia da lingua de Pepe Carreiro. É unha alfaia que agradecerá o noso alumnado.
Lembra que existe outra alfaia audiovisual do grupo A Quenlla e do escritor Darío Xohán Cabana:




Comentarios (0) - Categoría: HISTORIA DA LINGUA - Publicado o 13-06-2010 08:33
# Ligazón permanente a este artigo
Galego e ciencia
En galego tamén se fai ciencia
Comentarios (0) - Categoría: É PARA VER - Publicado o 10-06-2010 10:24
# Ligazón permanente a este artigo
Pepe Carreiro e a historia da lingua
http://issuu.com/ratomik/docs/historia_da_linguaPreme aquí.
Esta ligazón lévanos á historia da lingua co selo das ilustracións e o humor de Pepe Carreiro.
Unha alfaia para recomendárllela aos nosos compañeiros e ao noso alumnado
Comentarios (0) - Categoría: ALFAIAS - Publicado o 08-06-2010 20:27
# Ligazón permanente a este artigo
Premios aos "Carteis ilustrados"
Grazas a todo o alumnado que participou neste concurso e parabéns aos gañadores, que foron galardoados con lotes de libros que xenerosamente nos foron doando as editoriais de Galicia.
Estes foron os gañadores :

1º ciclo:
-1º premio : para Ero, Iván, Xiana, Raúl e Diego de 2ºA.
-2º premio: para Ricardo, Bruno e Brian de 1ºB.

2º ciclo:
-1º premio: para Alba de 3º A
-2º premio: para Leticia e Vital de PDCII.



Fonte:biblioiesallariz
Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES - Publicado o 28-05-2010 19:24
# Ligazón permanente a este artigo
Decreto 79/2010
Podes consultar AQUÍ o documento.
Tomamos a viñeta de Luís Davila
(Fonte:http://www.blogoteca.com/upload/bit/arti/757-85622-a-davilaDecreto.JPG)


Venceredes vós.
Pero nosoutros
temos da nosa parte
os carballos de abril,
as espadanas, a ouricela,
o pan de sapo, as beloritas,
a ra de San Antón, o vagalume,
a troita, a vacaloura,
o xabaril e o corzo,
o mascato e a rula.

Venceredes vós,
pero nosoutros
temos da nosa parte
o Cadramón, o Piapáxaro,
o Cabo de Home, a illa
de San Simón, o lusco, o fusco,
o Castromao, o Xallas, as lagoas
innumerables de Valverde,
ou de Antioquía, o labirinto
de Mogor, as encuastras
de Novelúa, o edículo
de San Miguel de Celanova,
o dolmen de Dombate.

Venceredes vós,
romperedes a infinda
cadea que nos une
coas trabes do mundo,
pero nosoutros
mergullamos a boca
nos mil ríos de sague
que estercaron a patria,
e no noso partido
militan todos os defuntos
que nos poñen aínda
a bosta nas zocas,
o cheiro a argazo nos fuciños,
o trono da forxa nas orellas,
a terra que xa son nas unllas.
E as feridas de ferro
ou negro chumbo e pólvora
nos corazóns atribulados


Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 28-05-2010 19:15
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0