Benvid@s ao novo curso escolar 2010-2011. Esperamos que a proposta de lecturas para a primeira avaliación vos sexan moi apetitosos e vos axuden a medrar moito.Estes son os libros que propoñemos:
1º Eso: AGUSTIN FERNÁNDEZ PAZ,Trece anos de Branca.
2º Eso:BREOGÁN RIVEIRO, Tonecho de Ribordechao.
3º Eso:MARICA CAMPO, Confusión e morte de María Balteira.
MARILAR ALEXANDRE,Cabeza de Medusa
4º Eso:ROSA ANEIROS, Resistencia
Mirade un conto que lle enviou Dinís Miranda á súa filla dende o cárcere: só planície
Onte na rúa Tabernas decidiuse que o poeta de Monforte será o homenaxeado no 2011. A Academia apostou desta vez por un perfil contracultural, como destaca o seu amigo Rivas. A vangarda e a modernidade tamén teñen cabida nesta nova academia presidida polo tamén poeta Méndez Ferrín.
Para saber máis sobre o autor: picaaquíEn doce versos falsos
1 A miúdo botas negras e o seu xesto
(abandonadas do corpo que as esixe)
2 na postura dun acto de violencia
(sen a expresión real do asasinato)
3 pousadas coma un signo
(de furia e de nostalxia)
4 na noite lostregada
(esvaíndose da morte sen imaxe)
5 esluída no refuxio
(doutra visión que medra)
6 da procesión de euforia
(sabendo que hai un drama elaborado)
7 na creación volcánica dun soño
(coma orixe do desespero agudo)
8 na idea procreada
(dun par de botas negras)
9 que non entraría en min
(pola porta dun mundo que me invade)
10 sen o pruído curioso
(que agora me traspasa)
11 cravado sen molestias nos meus ollos
(tan cegos coma o teu útero estéril)
12 que van durmir o soño que non sinto.
Dyn-Amo e Steve Dwoskin ós trinta anos
A perfección era unha intuición fráxil
na que habitaba un virus definido
en cada movimento interpretado
polo discurso estético da pel
Talco e carmín
seducción subcutánea
a atrocidade orixinal das vísceras
furia xestual en cada un dos seus nervos
na sesión de strip-tease daquela noite
Confusamente a imaxe dos seus lavres
voando sobre Europa
A vida sucesión de luz e sombras
o segredo da perfección máis pura
somentes unha sombra de dúbida nun xesto
a lene distorsión nun dos seus movementos
en fuxidía expresión de terror lúcido
nos ollos e na boca
esa era a perfección definitiva.
Caíron logo os ollos os pezóns
e coa furia da súa visión súpeta
todo o que puido arrincar ledamente irada
coa única forza das súas propias mans
e o poder que posúe quen descobre a verdade.
Os Premios San Clemente que organiza o Instituto Rosalía de Castro outorgáronse hoxe 21 de xuño; a novela gañadora en lingua galega foi Areaquente de An Alfaya; o autor en lingua castelá foi o colombiano William Ospina pola obra El país de la canela; e o autor estranxeiro galardoado foi Erri de Luca por O día antes da felicidade.
Parabéns aos galardoados e ao xurado tan xove e con tan bo criterio( especialmente ás nosas alumnas Raquel, Darlene, Jenifer,Laura,Olaia e Andrea);
Fonte: La Voz de Galicia (22-6-2010)
parabéns aos organizadores que conseguen facer dos soños realidades e á parte de premiar obras marabillosas conseguen que o noso alumnado se sinta especial precisamente polo súa querencia polos libros...
Saramago finou, mais fica aquí: nas palabras que crearon mundos sutís, polémicos, orixinais.Mesmo monstrosos. Dixo Saramago: "Só son alguén que, ao escribir limítase a levantar unha pedra e pór á vista o que hai debaixo"; o que hai debaixo pode ser un mundo que non lle gusta; adoitaba dicir: "A miña xeración deixa un mundo peor que o que atopou". Por iso este autodidacta lúcido quixo cambialo.
Viviu mirando o océano, entre África e Europa; por iso entendía mellor que ninguén todo o humano, e nada do humano lle era alleo (a última imaxe que del temos é a da solidariedade coa saharaui Aminatu Haidar). As súas cinzas ficarán en Portugal e ao pé da oliveira que viu medrar "na casa" en Lanzarote,; e as súas palabras permanecerán en todo o mundo; "Sim, tenho o Nobel; e que? É o único autor en lingua portuguesa recoñecido con este galardón, pero o esencial non é o premio, senón a obra; é aquí onde ficará Saramago.E nós, por obra e graza da lingua, podemos randearnos na súa obra sen intermediarios, co pracer que produce comprobar que a ponte da nosa cultura é larga e deita naturalmente na lingua do gran escritor luso. Saramago fica aquí, connosco.