galiesallariz


Galiesallariz é o taboleiro dixital do DEPARTAMENTO DE GALEGO do IES de ALLARIZ

Viaxe virtual por Allariz

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Eu falo


eufalo.tv é unha páxina que convén visitar.
Xulia a nena políglota.
Preme no enlace para ver e escoitar esta nena de seis anos. Á parte de ser a cousa máis riquiña do mundo é, en si mesma, toda unha boa lección de sociolingüística.
Espectacular!!!
Comentarios (0) - Categoría: EnREDE coa LINGUA - Publicado o 22-03-2010 22:49
# Ligazón permanente a este artigo
POESÍA E ÁRBORE
Pedímoslle emprestada ao blog milprimaveras a imaxe da aperta que tan ben lle acae á celebración do Día da Poesía.

Dende este foro lembramos para esta data un libro que parte de que " a poesía non morde,non é romanticona,...";é a antoloxía Poetízate de Fran Alonso. Está na biblioteca. POETÍZATE!!!
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 21-03-2010 18:17
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación da Literatura de posguerra
Literatura galega de posguerra
Preme na ligazón anterior para ver unha presentación sobre a litertura desa época.
A seguinte é sobre a NNG Nova Narrativa Galega
Comentarios (0) - Categoría: EnREDE coa LITERATURA - Publicado o 20-03-2010 20:15
# Ligazón permanente a este artigo
As falas da raia
Ao longo da raia con Portugal existen dialectos que oídos por un galego ou ou portugués, ambos identificarán coa súa propia fala. Ocorre no Xalma, na rexión de Calabor en Zamora; na Almedilla, en Salamanca; na Alcántara en Cáceres, na Olivenza en Badaxoz; na rexión da Bouza, en Salamanca,...

Entre linguas é un documental dirixido por Joao Aveledo,Eduardo Maragoto e Vanesa Vila-Verde, que lle segue a pista oos dialectos raiotos, para documentalos antes da súa desaparición.
Mirade o seguinte tráiler de Entre linguas


Comentarios (0) - Categoría: EnREDE coa LINGUA - Publicado o 20-03-2010 18:00
# Ligazón permanente a este artigo
Merlín e as cores
Os que lestes Merlin e familia lembraredes como o mago de Cunqueiro é quen de tinguir coa cor que lle pete a realidade, coa sinxeleza de mesturar nun vasiño de auga unhas gotas "do licor dos países". Así todo o un día é azul; ao día seguinte pode ser vermello, ou mouro, ou verde,...
Menos relativistas, e moito máis prosaicos ca Merlín, somos os mestres (aínda que de cando en vez tamén se produce a maxia nas aulas). Pero tendemos á realidade monocromática: a da nosa materia. Ás veces parecera como se non existise nada máis alá da nosa especialidade.
Así que para combater esa teima convén paseármonos por outras realidades que tamén están aquí; no mesmo IES de Allariz: son os blogs das outras materias.
Así que ligarémonos con:

-blog de Latín e Grego
-blog de CTM: preme
aquí
-blog de Historia: preme aquí
- blog do club de lectura Allarlibros
-blog da biblioteca
Comentarios (0) - Categoría: LIGÁMONOS - Publicado o 17-03-2010 06:32
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0