galiesallariz


Galiesallariz é o taboleiro dixital do DEPARTAMENTO DE GALEGO do IES de ALLARIZ

Viaxe virtual por Allariz

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

LOIS PEREIRO, HOMENAXEADO NO 2011
Onte na rúa Tabernas decidiuse que o poeta de Monforte será o homenaxeado no 2011. A Academia apostou desta vez por un perfil contracultural, como destaca o seu amigo Rivas. A vangarda e a modernidade tamén teñen cabida nesta nova academia presidida polo tamén poeta Méndez Ferrín.

Para saber máis sobre o autor: picaaquíEn doce versos falsos


1 A miúdo botas negras e o seu xesto
(abandonadas do corpo que as esixe)
2 na postura dun acto de violencia
(sen a expresión real do asasinato)
3 pousadas coma un signo
(de furia e de nostalxia)
4 na noite lostregada
(esvaíndose da morte sen imaxe)
5 esluída no refuxio
(doutra visión que medra)
6 da procesión de euforia
(sabendo que hai un drama elaborado)
7 na creación volcánica dun soño
(coma orixe do desespero agudo)
8 na idea procreada
(dun par de botas negras)
9 que non entraría en min
(pola porta dun mundo que me invade)
10 sen o pruído curioso
(que agora me traspasa)
11 cravado sen molestias nos meus ollos
(tan cegos coma o teu útero estéril)
12 que van durmir o soño que non sinto.


Dyn-Amo e Steve Dwoskin ós trinta anos

A perfección era unha intuición fráxil
na que habitaba un virus definido
en cada movimento interpretado
polo discurso estético da pel
Talco e carmín
seducción subcutánea
a atrocidade orixinal das vísceras
furia xestual en cada un dos seus nervos
na sesión de strip-tease daquela noite
Confusamente a imaxe dos seus lavres
voando sobre Europa
A vida sucesión de luz e sombras
o segredo da perfección máis pura
somentes unha sombra de dúbida nun xesto
a lene distorsión nun dos seus movementos
en fuxidía expresión de terror lúcido
nos ollos e na boca
esa era a perfección definitiva.
Caíron logo os ollos os pezóns
e coa furia da súa visión súpeta
todo o que puido arrincar ledamente irada
coa única forza das súas propias mans
e o poder que posúe quen descobre a verdade.

Fonte:BVG
Comentarios (0) - Categoría: AO DÍA - Publicado o 27-06-2010 17:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0