
(Fonte: A viñeta de H.M;Galicia Hoxe)
No noso centro hoxe foi unha xornada especial: o alumnado de 2º de Eso co profesor José Luis Quintana, ao que chamamos Pilís, apareceron sobre o escenario facendo o que son: profesor e alumnos e alumnas; profesor que os desperta á palabra e alumnos e alumnas que din palabras de Rivas, de Pessoa, de Miguel Hernández, de Gabriel García Márquez,de Castelao, de Neruda,.... Que bálsamo contra a rotina e que petisco de beleza que nos alimentou a media mañá; que Babel máis lúcido nas bocas dos mozos e mozas....
Parabéns para todos.

No recreo, alumnado de 1º de bacharelato e profesorado xogamos "Ao amigo invisible" e recibimos o agasallo dese alguén que pensou naquel libro que nos había gustar. Creo que nas caras dos profesores e profesoras se vía a ilusión infantil (por unha vez e sen que sirva de precedente). A min agasalláronme coa novela Pirata de María Reimóndez e doulle as grazas ao meu amigo/a invisible, e a María (profesora encargada da biblioteca) por organizar tan fantástica algarabía.
Que bos son os días de teatro, libros e rosas.
|