galiesallariz


Galiesallariz é o taboleiro dixital do DEPARTAMENTO DE GALEGO do IES de ALLARIZ

Viaxe virtual por Allariz

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Certame MARÍA SOLIÑO DE POESÍA

Desde o Ies de Allariz animamos ao noso alumnado a participaren neste certame de poesía.As bases son:
1-Haberá dúas categorías:

A-Para alumnado de primeiro e segundo ciclo do E.S.O.

B-Para alumnado de 1º e 2º de Bacharelato e Ciclos de grao medio.

2-Concederanse tres premios en cada categoría

-Primeiro premio-200 euros.

-Segundo premio- 100 euros.

-Terceiro premio- 50 euros.

3-Os poemas deberán estar escritos en lingua galega.

4-Cada participante presentará un mínimo de tres poemas, e un máximo de cinco.

5-Presentaranse tres copias, mecanografiadas, dos poemas.

6-Remitiranse ó I.E.S. María Soliño (Monte Carrasco, nº 3 / 36940 CANGAS)
nun sobre no que constará unicamente un seudónimo e a categoría á que pertence.Dentro dese sobre introduciranse os poemas e unha plica cos seguintes datos: nome, enderezo, teléfono, centro no que cursa estudos e certificado de estar matriculado no centro.

7-Realizarase unha publicación cos poemas gañadores.

8-O prazo de entrega rematará o día 10 de Xuño.

9-O fallo do xurado farase público no acto da entrega de premios, que terá lugar entre o 16 e o 20 de Xuño no IES María Soliño.


Fonte:http://centros.edu.xunta.es/iesmariasolino/?q=category/6/45
Comentarios (0) - Categoría: CERTAMES E CONCURSOS - Publicado o 27-05-2010 11:10
# Ligazón permanente a este artigo
PARTICIPA COA



Lingua de amor

O Consello da Xuventude de Galicia convoca novamente o concurso LINGUA DE AMOR.

O concurso estrutúrase en dúas modalidades:
1ª Modalidade: Declaracións de amor en galego a través da rede.
2ª Modalidade: Cancións de amor en lingua galega.

O prazo límite para a entrega dos traballos é o 28 de maio de 2010
Se queres ver toda a información preme en
linguadeamor.eu
Comentarios (0) - Categoría: CERTAMES E CONCURSOS - Publicado o 22-04-2010 11:50
# Ligazón permanente a este artigo
I CONCURSO DE RELATOS CURTOS CIENCIA FICCIÓN
PARTICIPA E GAÑA UNHA NINTEDO DSi

Gradiant, o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, coa financiación da Direc­ción Xeral de I+D+i da Consellería de Economía e Industria e no marco da Semana da Ciencia convoca o I Concurso de Relatos Curtos de Ciencia Ficción, baseándose no tema ?A túa escola do futuro?.

Quen pode participar: A convocatoria divídese en tres categorías:

CATEGORÍA C: Alumnos do primeiro ciclo de Secundaria (1º e 2º)

CATEGORÍA B: Alumnos de segundo ciclo de Secundaria (3º e 4º)

CATEGORÍA A: Alumnos de Bacharelato (1º e 2º)

Que pedimos

Nos tres casos terán que entregar un relato curto, en galego, e cinguido ás bases correspondentes á súa categoría, do xénero ciencia fi­cción, no que se presenten ideas sobre a tecnoloxía na escola nun futuro próximo. Pódese complementar con ilustracións ou deseños das propostas de innovación que aparezan en cada traballo.

Extensión dos relatos: A extensión será dun máximo de dous folios na categoría C e tres folios nas categorías A e B, sendo a presentación en tódolos casos mecanogra­fiada, con formato fonte Arial tamaño 12 e con interlineado dobre. No tocante ó contido, na categoría A teranse que incluír un mínimo de tres innovacións técnicas aplicadas á ensinanza e escola e dúas innovacións técnicas no fogar, na categoría B un mínimo de dúas innovacións técnicas aplicadas á ensinanza e escola e unha innovación técnica no fogar, e na categoría C un mínimo de dúas innovacións técnicas aplica­das á ensinanza e escola. As ilustracións presentaranse en folios aparte do texto.

Os relatos ­firmados con pseudónimo e por triplicado deben ser enviados por correo ordinario xunto cun sobre pechado que inclúa os datos de contacto do autor (nome, centro, dirección, teléfo­no do centro no que estuda e email) antes do dia 11 de novembro de 2009 a:

GRADIANT ETSI Telecomunicación. Lagoas Marcosende, s/n. 36310, Vigo

ou a

actividades@gradiant.org

Estas bases tamén figuran web de Gradiant (www.gradiant.org). En caso de dúbida, póñanse por en contacto con actividades@gradiant.org ou 986 81 86 37.


Comentarios (0) - Categoría: CERTAMES E CONCURSOS - Publicado o 23-10-2009 11:43
# Ligazón permanente a este artigo
Certame literario de relato curto "José Saramago"
Estas son as bases:
Ter máis de 14 anos e residir na Comunidade autónoma galega. O tema será a ciencia ficción por ser 2009 o ano dedicado á Astronomía. Os relatos deben ser orixinais e inéditos. Só se admitirá un traballo por persoa. En lingua galega. A extensión non poderá ser menor de 5 páxinas nin maior de 25 en letra tamaño 10 puntos como mínimo. Presentarase unha copia mecanografada a dous espazos e por unha soa cara,en Din A4 e unha copia en formato dixitalizado (PDF ou un formato aberto como ODT, TXT, RTF, etc.). Os relatos irán nun sobre pechado en que figurará de forma destacada: IX CERTAME DE RELATO CURTO JOSÉ SARAMAGO e o título da obra; dentro deste irá tamén a copia dixitalizada e outro sobre pechado co título da obra escrito por fóra en que se introducirán os datos do autor ou autora (nome, apelidos, enderezo e teléfono, así como unha fotocopia do DNI). Nin nos traballos nin no sobre figurará ningún elemento que permita identificar o autor ou autora. O ditame do xurado darase a coñecer antes de marzo de 2010.

Vai á páxina da cultura galega se queres saber maís
Comentarios (0) - Categoría: CERTAMES E CONCURSOS - Publicado o 08-10-2009 12:57
# Ligazón permanente a este artigo
Ponte nas ondas
<
b>XV Ponte.... nas ondas! 2009 Patrimonio dos tesouros vivos
Esta XV edición pretende divulgar os tesouros vivos do Parimonio Inmaterial Galego-Portugués
A unesco define os TESOUROS HUMANOS VIVOS como persoas ou grupos que posúen un saber ou unha habilidade relacionada con calquera disciplina do coñecemento e da cultura.

Vai á páxina www.pontenasondas.org
Comentarios (0) - Categoría: CERTAMES E CONCURSOS - Publicado o 25-05-2009 11:57
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0