Para visitar as web ou os blogs dos escritores e escritoras iremos á páxina da AELG que xa nos ofrece as ligazóns.
Picaaquí
O blog do escritor Manuel Rivas, aberto recentemente, chámase O Máis Estraño.
Lerémolo
Os que lestes Merlin e familia lembraredes como o mago de Cunqueiro é quen de tinguir coa cor que lle pete a realidade, coa sinxeleza de mesturar nun vasiño de auga unhas gotas "do licor dos países". Así todo o un día é azul; ao día seguinte pode ser vermello, ou mouro, ou verde,...
Menos relativistas, e moito máis prosaicos ca Merlín, somos os mestres (aínda que de cando en vez tamén se produce a maxia nas aulas). Pero tendemos á realidade monocromática: a da nosa materia. Ás veces parecera como se non existise nada máis alá da nosa especialidade.
Así que para combater esa teima convén paseármonos por outras realidades que tamén están aquí; no mesmo IES de Allariz: son os blogs das outras materias.
Así que ligarémonos con:
O programa Libro aberto da RTVG foi unha xanela non só ao mundo dos libros, senón en xeral, ao panorama cultural de Galicia.
É interesante porque se fomenta a lectura, danse a coñecer as novidades editoriais, non só as galegas; de feito, lembro unha entrevista a Ángeles Caso polo seu premio Planeta; podemos voltar a este arquivo visual que tanto xogo nos pode dar e ver entrevistas a Rosa Aneiros, a Domingo Villar e a tantos outros autores e autoras, presentacións de libros, reportaxes sobre poesía e música,...
Picade en Libro aberto da RTVG.É moi interesante.
Picade nos recomendados por este Departamento: hai páxinas relacionadas coa lingua e a literatura, blogs de interese, tradutor galego-castelán-portugués, dicionarios,...
Se vos parece, non dubidedes en recomendar páxinas interesantes que teñan interese lingüístico e cultural.