|
|
|
|
Pepe Carreiro e a historia da lingua |
|
http://issuu.com/ratomik/docs/historia_da_linguaPreme aquí.
Esta ligazón lévanos á historia da lingua co selo das ilustracións e o humor de Pepe Carreiro.
Unha alfaia para recomendárllela aos nosos compañeiros e ao noso alumnado |
|
|
|
O misterio entre as páxinas |
|
Hai moitos misterios que resolver en moitas e boas novelas que acaban de sair do prelo. Própómosvos as seguintes:
As sete mortes de CARLOS VILA SEXTO.
Memoria de cidades sen luz de INMA LÓPEZ SILVA.<
Conexión tubinga de ALBERTO CANALO padre Amador prohibiu a lectura do libro Existe Deus, de Hans Küng, no Seminario Divino Mestre de Ourense, unha obra na que se intenta demostrar racionalmente a existencia de Deus. Cales son os motivos desa prohibición? Tito Besteiro, un seminarista aspirante a sacerdote e admirador de Nietzsche, intenta desentrañar os motivos da prohibición, percorrendo un intrigante camiño que o levará á cidade alemá de Tubinga, onde perdura a historia do tradicional enfrontamento entre a Igrexa tradicionalista de Ratzinger e a vangardista de Küng. O castigo que sofre polo seu atrevemento ábreo á aventura do amor e axúdalle a superar a misoxinia que lle inculcaron, pero, ao tempo, pono en situación de ter que decidir sobre o seu futuro. Conexión Tubinga, a primeira novela que publica Alberto Canal, é unha intriga teolóxica que encerra a historia dun rapaz que trata de buscar a súa identidade e o sentido da vida nun ambiente de represión emocional e sexual. Esta novela foi a Finalista da XXV edición do Premio Xerais.
A praia dos afogados de DOMINGO VILLAR
 A praia dos afogados novidade na biblioteca.
Nova novela de intriga de Domingo Villar.
Domingo volve introducirnos nunha intriga sen acougo. Unha pescuda policial que, nesta segunda novela protagonizada polo inspector Leo Caldas, tamén é unha esculca na memoria e nas ilusións fanadas
Librepensadoras que aman galeguistas, guerreiros polacos que queren ser Victor Hugo, nenos que converten en Troia a praia do Orzán. A Coruña dos anos trinta, o París aloucado e deprimido dos corenta e dos cincuenta, unha Barcelona de bombardeos e partidas de póquer, Buenos Aires e Nova York son as cidades polas que transita o protagonista deste relato en primeira persoa, desta porción de memoria que non sae nos libros de historia.
Arredor de guerras e exilios, técense as vidas contadas nesta novela que recibiu o Premio Blanco Amor .
|
|
|
|
Feira do libro de Ourense |
|
O domingo, 7 de xuño ás 13 horas, estará CARLOS VILA SEXTO na FEIRA DO LIBRO DE OURENSE asinando a súa última novela As sete mortes, un relato que combina misterio, esoterismo e crime. É unha obra que recomendamos para ler no verán. |
|
|
|
|
|