galiesallariz


Galiesallariz é o taboleiro dixital do DEPARTAMENTO DE GALEGO do IES de ALLARIZ

Viaxe virtual por Allariz

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O IES DE ALLARIZ NOS PREMIOS SAN CLEMENTE
Onte, día 2 de maio as nosas exalumnas Raquel Pérez Orozco,Jeniffer Bretaña e Andrea Blanco deixaron as súas tarefas de incipientes pero brillantes universitarias por unha horas e entregaron os Premios San Clemente.
Efectivamente os protagonistas na entrega de premios da XVI edición dos premios literarios promovidos polo Instituto Rosalía de Castro foron os alumnos e alumnas. Fórano xa no mes de xuño ao actuaren como xurado e ao elixiren como gañadores á galega An Alfaya, ao colombiano William Ospina e ao italiano Erri di Luca. Onte, á parte dos autores galardoados, o alumnado tivo o protagonisto ao seren os novos os que presentaron, sostiveron e pecharon o acto desta entrega de galardóns que cita cada ano a grandes autores e autoras, se ben non faltaron autoridades como o Alcalde de Santiago e o Conselleiro de Educación. As nosas alumnas entregaron os premios e máis tarde compartiron cea, mesa e mantel cos autores no Hostal dos Reis Católicos.
Experiencia gratificante e inesquecible.
Parabéns.

fonte:Xornal La Voz de Galicia, X.A. Soler
Comentarios (1) - Categoría: ACTIVIDADES - Publicado o 03-05-2011 21:34
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DA LINGUA MATERNA
1.-Presentación da actividade e paso á curtametraxe "Aldeanos"


«A lingua materna, a das primeras palabras e a expresión do pensamento individual, constitúen o alecerce biográfico e cultural de cada persoa....As linguas son, de manera intrínseca, vectores de comprensión dos demais e de tolerancia. O respecto de todos os idiomas é un factor decisivo para garantir a coexistencia pacífica, sen exclusión, de todas as sociedades e, dentro delas, de todos os seus miembros».Extracto da mensaxe da Sra. Irina Bokova, Directora Xeneral da UNESCO

TEXTO de Ricardo Tavares L.

Não deixa de ser interessante a existência dum dia como este. A população urbana planetária na actualidade está habituada nos seus respectivos países a falar a língua que adquiriram quando foram crianças. Mas custa pensar que muita gente não pode fazê-lo, quer por pertencer a uma comunidade minoritária, quer por ser emigrante ou refugiado, quer por razões até políticas e de escravatura.

A nossa língua materna diz muito de nós, como a nossa origem regional com mais ou menos precisão, o nosso nível sociocultural, sexo, e também ela é factor de imensa importância na aquisição duma língua estrangeira.

Nesta ocasião simplesmente convido-vos a ler a Declaração Universal dos Direitos Linguísticos. Embora seja impossível da minha parte disponibilizar este documento em 6.000 línguas, pelo menos os falantes de português, espanhol e inglês podem ter essa oportunidade.


PREXUÍZOS
Vede "Aldanos"


2.-Actividade do alumnado: breve comentario sobre o vídeo anterior e sobre os prexuízos que aínda hoxe existen sobre as linguas minorizadas (exemplo de actualidade: as opinións de Marta GH) e paso ao vídeo " A muller lamprea" feito por rapaces de 4º da ESO de Moaña.

object style="height: 390px; width: 640px">





MEMORIA DA LINGUA

A memoria da lingua from as candongas do quirombo on Vimeo.

20

Entrevistas a persoas de diferentes idades e condicións sociais aproxímannos á memoria
histórica da lingua galega. Unha nova perpectiva para ollar o galego e para sacar do esquecemento a situación de represión que viviu e vive a nosa lingua. A través da historia viva das súas protagonistas achegámonos ao pasado máis recente da lingua galega e tamén á situación actual que está a vivir.

3,- A actividade do alumnado: Introdución breve ao o vídeo "Plurilingüismo" (do cal só se verán uns minutos para dara paso a " Na miña lingua eu digo..."
PLURILINGÜISMO

-Na miña lingua podo dicir......
4.- Paso ao documental "O futuro....."

O FUTURO: Galicia 2098

FLOCOS.TV

PÁXINA OFICIAL DÍA DA LINGUA MATERNA

5.- Conclusións.

As linguas son todas patrimonios culturais valiosísimos que pertencen aos seus pobos e tamén ao conxunto da humanidade.Respectar,apreciar e traballar por esta diversidade é facelo pola riqueza persoal e colectiva ao mesmo tempo que pola tolerancia.
PORQUE AS LINGUASSUMAN E os resultados son positivos. Por iso cada pobo, e cada persoa individualmente deben sentirse orgullosos da súa lingua.
Con este aprecio polo propio garantimos ao mesmo tempo a tolerancia e o respecto polo dos demais.

http://www.youtube.com/watch?v=scARyXKiZHk&feature=player_detailpage



Comentarios (1) - Categoría: ACTIVIDADES - Publicado o 05-02-2011 22:58
# Ligazón permanente a este artigo
Premios aos "Carteis ilustrados"
Grazas a todo o alumnado que participou neste concurso e parabéns aos gañadores, que foron galardoados con lotes de libros que xenerosamente nos foron doando as editoriais de Galicia.
Estes foron os gañadores :

1º ciclo:
-1º premio : para Ero, Iván, Xiana, Raúl e Diego de 2ºA.
-2º premio: para Ricardo, Bruno e Brian de 1ºB.

2º ciclo:
-1º premio: para Alba de 3º A
-2º premio: para Leticia e Vital de PDCII.



Fonte:biblioiesallariz
Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES - Publicado o 28-05-2010 19:24
# Ligazón permanente a este artigo
Os Maios en Allariz



PARABÉNS a todos os participantes nos Maios 2010: a todo o alumnado de primaria, á asociación Puzzle, ao Fogar dos Maiores,ao alumnado de secundaria que tanto traballou nas últimas e tépedas tardes para redondear e adornar os seus maios.
Parabéns especiais a todos os premiados, en especial aos nosos alumnos e alumnas que conseguiron os seguintes premios:
MAIOS
3º premio na modalidade de maio artístico: 3º ESO
2º " " " " : 2ºESO
COPLAS
2º premio: 4º ESO (PDCII)
1º premio: 1º ESO
Comentarios (1) - Categoría: ACTIVIDADES - Publicado o 02-05-2010 20:48
# Ligazón permanente a este artigo
Días de teatro, libros e rosas

(Fonte: A viñeta de H.M;Galicia Hoxe)


No noso centro hoxe foi unha xornada especial: o alumnado de 2º de Eso co profesor José Luis Quintana, ao que chamamos Pilís, apareceron sobre o escenario facendo o que son: profesor e alumnos e alumnas; profesor que os desperta á palabra e alumnos e alumnas que din palabras de Rivas, de Pessoa, de Miguel Hernández, de Gabriel García Márquez,de Castelao, de Neruda,.... Que bálsamo contra a rotina e que petisco de beleza que nos alimentou a media mañá; que Babel máis lúcido nas bocas dos mozos e mozas....
Parabéns para todos.


No recreo, alumnado de 1º de bacharelato e profesorado xogamos "Ao amigo invisible" e recibimos o agasallo dese alguén que pensou naquel libro que nos había gustar.
Creo que nas caras dos profesores e profesoras se vía a ilusión infantil (por unha vez e sen que sirva de precedente). A min agasalláronme coa novela Pirata de María Reimóndez e doulle as grazas ao meu amigo/a invisible, e a María (profesora encargada da biblioteca) por organizar tan fantástica algarabía.

Que bos son os días de teatro, libros e rosas.

Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES - Publicado o 23-04-2010 23:08
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0