Pontevedra é o punto de encontro da lusofonía. Hoxe escoitaranse diferentes sotaques,mais a mesma lingua nas voces das galegas Uxía e Guadi Galego, o portugués António Zambujo e a angolana Aline Franzao.
Saramago finou, mais fica aquí: nas palabras que crearon mundos sutís, polémicos, orixinais.Mesmo monstrosos. Dixo Saramago: "Só son alguén que, ao escribir limítase a levantar unha pedra e pór á vista o que hai debaixo"; o que hai debaixo pode ser un mundo que non lle gusta; adoitaba dicir: "A miña xeración deixa un mundo peor que o que atopou". Por iso este autodidacta lúcido quixo cambialo.
Viviu mirando o océano, entre África e Europa; por iso entendía mellor que ninguén todo o humano, e nada do humano lle era alleo (a última imaxe que del temos é a da solidariedade coa saharaui Aminatu Haidar). As súas cinzas ficarán en Portugal e ao pé da oliveira que viu medrar "na casa" en Lanzarote,; e as súas palabras permanecerán en todo o mundo; "Sim, tenho o Nobel; e que? É o único autor en lingua portuguesa recoñecido con este galardón, pero o esencial non é o premio, senón a obra; é aquí onde ficará Saramago.E nós, por obra e graza da lingua, podemos randearnos na súa obra sen intermediarios, co pracer que produce comprobar que a ponte da nosa cultura é larga e deita naturalmente na lingua do gran escritor luso. Saramago fica aquí, connosco.
Aproveitamos a feliz e emotiva data para lembrarnos da película "Capitaes de abril", de María de Medeiros,sempre emocionante. Témola en DVD na biblioteca.
FILIPA PAIS
Sabes a letra desta fermosa canción?
Ó lua faz-me uma trança
P'ra de dia desmanchar
Guarda-me a última dança
Quando o fio se acabar
Gosto de ver o teu rosto
Que a mil caminhos se presta
Para uma noite desgosto
Por uma noite de festa
Voltaria à tua terra
Por um mergulho de mar
Entre a cidade e a serra
Fica algures o meu lugar
Este mundo não tem porta
Nem uma chave escondida
Por trás de tudo o que importa
Vem um sentido p'rá vida
Se te fizeres ao caminho
Em horas de arrebol
P'ra fermentar o meu vinho
Traz-me um pedaço de sol
Vamos escrever uma história
Rever um filme a passar
Logo virá à memória
O que eu te queria dar
Será verdade ou mentira
Como um segredo roubado
Sou como a lua que gira
Hei-de dançar ao teu lado
Este mundo não tem porta
Nem uma chave escondida
Por trás de tudo o que importa
Vem um sentido p'rá vida