GALEGOXXI



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A LITERATURA GALEGA DENDE O 1976

Imos analizar a Lírica, a Narrativa e o Teatro galegos dende a morte de Franco, a evolución das últimas décadas, as tendencias que se poden observar, ademais de coñecer algúns autores e autoras máis destacados e as súas obras.

A LÍRICA DOS ÚLTIMOS TEMPOS
A lírica galega podemos que experimenta un antes e un despois da publicación do libro de Méndez Ferrín Con pólvora e magnolias(1976) Podemos dicir que con este libro comeza a apertura temática e outras tendencias como son as seguintes usadas por distintos poetas posteriores que seguen vixentes, en gran medida, ata hoxe:
Culturalismo:Tendencia a incluír referencias literarias, filosóficas, pictóricas, mitolóxicas de diferentes lugares e épocas poñendo en relación a nosa cultura con outras.
Experimentalismo:Hai un interese por experimentar coa formas e ritmos nos poemas.
Apertura estética: Sen abandonar os temas sociais recuperan espazo o amor, o erorismo, a paisaxe o paso do tempo, nunha perspectiva máis aberta e directa.
Po outra banda, autoras da mesma xeración que Ferrín, Mª Xosé Queizán ou Xohana Torres podemos situalas como precedente inmediato do Protagonismo feminino:Xorden un gran número de poetas creadoras que abordan unha óptica feminista: Chus Pato, Luisa Villalta, Olga Novo, Ana Romaní, Marta Dacosta, Lupe Gómez, María do Cebreiro, Yolanda Castaño...

Poetas e obras:
Lois Pereiro: poesía marcada pola lembranzas das viaxes e a actitude radical ante a vida, cara á marxinalidade e unha morte precoz. Poesía última de amor e enfermidade

Manuel Rivas, que logo veremos na narrativa.

Ana Romaní: Coa idea de habitar ás marxes, fo´ra do pensamento único, unha poesía protagonizada por mulleres que se rebelan conta a historia Das últimas mareas


A NARRATIVA GALEGA ANTE O CAMBIO DE MILENIO

Coa Democracia e a introdución do galego nos centros de ensino o mundo editorial galego vai experimental un revulsivo que se notará claramente no incremento de textos narrativos.

As tendencias que se seguen son as seguintes:
- Non hai ruptura coas xeracións anteriores. Coexisten cos novos autores os xa citados Ferrín ou Mª Xosé Queizán.
- Nacen coleccións de novos xéneros de inspiración urbana: novela policial, de reportaxe, histórica, fantástica, erótica...nas que destacan autores como Suso de Toro ou Manuel Rivas.
-Multiplícanse as editoriais e os premios literarios que alentan a creación.
-Autores que comezan sendo poetas pasan logo á narrativa diminuindo a temática rural e realista como Manuel Rivas.
- Aumentan os autores da literatura infantil e xuvenil como Agustín Fernández Paz, Marilar Alexandre.
-Increméntase tamén a literatura escrita por mulleres e de temática feminina e feminista como por exemplo Anxos Sumai, Rosa Aneiros, Teresa Moure.


O TEATRO GALEGO CONSOLIDANDO A SÚA PROFESIONALIZACIÓN

A importancia do Teatro independente e dos Festivais de Teatro para a profesionalización progresiva do sector con autores destacados como:

Roberto Vidal Bolaño: Teatro social antifranquista Laudamuco, señor de ningures ou Saxo tenor.
Manuel Lourenzo: Fedra (recreación do tema mítico), Veladas indecentes (teatro experimental).

Comeza tamén un labor no teatro dirixido ao público infantil e xuvenil.
Comentarios (0) - Categoría: O MUNDO LITERARIO GALEGO NA ACTUALIDADE - Publicado o 27-05-2019 06:41
# Ligazón permanente a este artigo
VARIEDADES XEOGRÁFICAS DA LINGUA ou DIATÓPICAS

O galego presenta a día de hoxe tres grandes bloques dialectais ou variedades xeográficas ou diatópicas. Son as denominadas:
- Occidental ou atlántica
- Central ou interior
- Oriental (que inclúen os territorios galego falantes de Asturias e Castela e León). Caso aparte é a variante do galego do Val do Ellas ou de Estremadura.

Como se establecen estas tres variantes dialectais?
Os lingüistas trazan estes tres bloques usando marcas ou dialectalismos que diferenzan unha zona das outras. Seseo, Gheada, o uso de Ti ou Tu, etc... é dicir, botan man das isoglosas.

Que é unha isoglosa? Unha isoglosa é unha liña imaxinaria que, nun mapa, une os puntos en que se produce un mesmo fenómeno lingüístico. Bótalle un ollo aos exemplos que adxuntamos.

Exemplos das isoglosas do galego dialectal en Galipedia
Comentarios (0) - Categoría: LINGUA E SOCIEDADE - Publicado o 23-05-2019 20:28
# Ligazón permanente a este artigo
3ª Avaliación 2019
Literatura:
- Os poetas que naceron nas Festas Minervais(páx.138-139-140-141)
- A Narrativa da posguerra (páx. 158-159-160)
- Nova Narrativa Galega (páx. 178-179-180)
- Letras Galegas 2019: Antón Fraguas(apuntamentos e o blog)
- Lírica, Narrativa e Teatro actuais.
Lingua e sociedade:Historia social do galego de 1976 ata a actualidade(páx. 134-135)
- Situación sociolingüística actual (páx.154)
- Normativización e normalización (páx.174-175-176)
- Os bloques dialectais do galego (páx. 208-209 e no blog)

Léxico:
-Administración(páx. 152) Relacións laborais(páx. 172)
-Palabras patrimoniais, cultas e semicultas (páx. 173)

Gramática:
- Pronomes átonos
- Verbos irregulares.

Ortografía:Repaso ortográfico:b,v, h,n/ñ, cc/c/, ct/t (páx.314-315)

Obradoiro de expresión:Texto argumentativo (páx.130-131)

Plan lector/ Comentarios:
Selección de textos líricos e narrativos da posguerra.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-05-2019 07:02
# Ligazón permanente a este artigo
ANTÓN FRAGUAS, LETRAS GALEGAS 2019


BIOGRAFÍA NA RAG.

Outra biografía ilustrada (Seminario Galán)

EXPOSICIÓN: INSUELA

GUÍA DIDÁCTICA E ACTIVIDADES DA EXPOSICIÓN:

Léxico: Os seres máxicos do universo de Fraguas







Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 07-05-2019 21:52
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal