GALEGOXXI



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O PLAN LECTOR COA POESíA EN GALEGO
Este mes de abril estamos traballando co libro POETÍZATE, unha seleción particular do tamén poeta Fran Alonso, que co pretexto de ler poesía está amosándonos que a poesía pode resultar unha lectura amena, atractiva e interesante. Estamos lendo este libro cadaquen como quere, procurando, iso si, poñer en común na aula, cada día, por vontade propia ou por invitación do profesor por veces. Na posta en común xorden cousas moi curiosas, lecturas diversas e achegamentos a poetas e temas insospeitados. Mesmo andamos a construír poemas de cando en vez e descubrimos que na clase, entre os nosos compañeiros/as hai tamén poetas e poetisas. O outro día sen ir máis lonxe leron na clase dous poemas imitando a técnica da "Letanía de Galicia" de Novoneyra, realmente sentidos e bonitos. Se os autores queren colgaremos algunha destas creacións aquí. Mentres tanto seguimos poetizándonos.
Comentarios (0) - Categoría: POETÍZATE - Publicado o 22-04-2012 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal