GALEGOXXI



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Do Día da Poesía ao comentario de poemas
"Excítanme eses días
de flores sen alcance...
e marzo que aínda insiste
en debuxar con xiz as ameixeiras"

Manuel Álvarez Torneiro, Os ángulos da brasa

Hai un par de anos dixemos un Día da Poesía: Poetizarmos é un proceso de sensibilización, de seren capaces de ver con outros ollos, con ollos de poeta o mundo e de coñecérmonos a nós mesmos.

Hoxe seguimos afirmando e imos comentar dous poemas de Manuel Rivas do libro Mohicania e outros dous de Ana Romaní:



De MANUEL RIVAS do libro: Mohicania

A negra terra
De falar, falarei coa terra.
A terra verdadeira,
a negra terra
onde prende a raíz.
A terra que se pisa.
A terra que se queima e que se crava.
Ese enorme lenzo onde o home debuxa o seu capricho.
Onde o home se perde e se revolve en sombras.
A negra terra,
ese corpo de puta vella con dentes amarelos de tabaco,
con olleiras negras de tan azuis.
De falar, só con ela falarei
e falarei coas mans,
docemente coas unllas,
coa paixón dun amante,
como falan, cando albiscan a morte, os xabaríns feridos.
Coa terra, con esa negra terr
que cuspe, como sangue do peito, primaveras.


O exército do bosque
Préstame, chuvia, as túas palabras
e ti, vento, as ideas tan longas.
Déixame o teu rezo breve, río,
e o teu branco saúdo, neve.
Pousa, xelo, no vidro da xanela o sereno pensamento
e que o traian aos labios as asas luminosas da alborada.
acódeme, lóstrego;
ponte de man, espada.

Coidémonos. Vén xente.


De ANA ROMANÍ do libro:Das últimas mareas


...Rosalía de Castro,Emily Dickinson, Ediht Södergran...

Procuramos do fondo da entraña
Tódalas sombras da pantasma,
o desterro da bruxa...
a soidade da princesa...
a derrota da amazona...
Deixamos pegadas de sangue
nas alleas terras da palabra.




E coa palabra
recuperar os camiños,
pórlle nome ó labirinto,
navegalo.




Texto do poema do vídeo:

"Belas irmás, subide
ás mais firmes rochas"
EDITH SÖDERGRAN

Camiñan descalzas polas rochas,
pantasmas de sal habitan as sombras,
saben que as últimas mareas
esqueceron na praia os restos do naufraxio.
As mulleres recollen cada noite
os tesouros de auga, líquidos e fráxiles,
rebélanse contra a Historia,
constrúen co mar as estatuas
que nunca permanezan.
As mulleres de sal, con argazos de sombras,
xorden das últimas mareas
e tecen tesouros de auga cada noite
contra a Historia.
Elas, que saben que o efémero permanece.


ANA ROMANÍ Das últimas mareas (1994)
Comentarios (0) - Categoría: POETÍZATE - Publicado o 22-03-2018 16:27
# Ligazón permanente a este artigo
Para a 2ª avaliación
Historia social do galego(páx 114-115)
-De 1936 ao 1976: Galicia no Franquismo.Páx.118

Historia social do galego (páx. 134-135)
- Do 1976 á actualidade

LITERATURA:
Poesía da posguerra (páx.119, 120, 121)
Celso Emilio Ferreiro

A xeración das Festas Minervais(páx. 138-139-140)

Manuel María.
Uxío Novoneyra.

Méndez Ferrín: Un antes e un despois



RAFAEL DIESTE: Os Arquivos do Trasno
(Un texto narrativo co que traballamos: O neno suicida)

GRAMÁTICA:
Os pronomes persoais tónicos e átonos.
A colocación dos pronomes átonos en galego.

Textos líricos (comentarios)

EXPRESIÓN:
O texto expositivo (Presentacións persoais)

CREACIÓN: Videopoemas.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-03-2018 20:15
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal