GALEGOXXI



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Día da Poesía con Rosalía
Escollemos, para ser orixinais, un poema de Rosalía para celebrar o Día Internacional da Poesía. Seleccionamos un poema titulado "Campanas de Bastabales" e falamos un tanto antes dos "Cantares Gallegos" como libro no que a poetisa cede a voz a galegos e galegas sempre. Ademais de lembrar o emigrante de "adios, ríos, adios fontes..." e a súa despredida da Terra, puxemos outro pequeno e breve exemplo:

-Teño tres pitas brancas
e un galo negro,
que han de poñer bos ovos
andando o tempo;
i hei de vendelos caros
polo xaneiro;
i hei de xuntalos cartos
para un mantelo;
i heino de levar posto
no casamento;
i hei... -Pois mira, Marica,
vai por un neto*,
que antramentres non quitas
eses cerellos**,
i as pitas van medrando co galo negro,
para poñelos ovos
e todo aquilo
do xaneiro, dos cartos
e o casamento,
miña prenda da ialma,
vamos bebendo!



Neste poema vimos unha estrutura dialogada, no que ademais de mellorar o coñecemento de léxico hoxe en desuso como "neto*: vaso de viño" e "cerellos**:farrapos, roupa vella" lembramos o conto da leiteira e o cántaro que racha cos soños dunha rapaza, que no caso do poema son desexos de casamento dos que outra personaxe intenta desenganar con certa ironía "antramentres non quitas eses cerellos" para rematar nun carpe diem!, é dicir, "vamos bebendo!".
Mais o poema ao que nos interesaba chegar é dos poucos que presenta un "eu lírico" que se identifica co íntimo de Rosalía, aínda que o eu realmente diríxese a un ti (apóstrofe):

Campanas de Bastabales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades.

Cando vos oio tocar,
campaniñas, campaniñas,
sen querer torno a chorar.

Cando de lonxe vos oio,
penso que por min chamades
e das entrañas me doio.

Dóiome de dor ferida,
que antes tiña vida enteira,
agora teño media vida.

Soio media me deixaron,
os que de aló metrouxeron,
os que de aló me roubaron.

Non me roubaron, traidores,
ai!, uns amores toliños,
ai!,uns toliños amores.
Que os amores xa fuxiron,
as soidades viñeron...
de pena me consumiro
n.


E por que nos interesaba chegar a este poema? Para falar da saudades e das soidades. Fixemos varias preguntas para comprensión do poema como:
1- Que recurso literario se asocia ás campás na primeira estrofa?
Falando da personificación das campás as intervencións dos alumnos/as leváronnos a metáfora continuada ao longo do poema das campás como símbolo da morte.
2-Que figura se agocha nos versos: " mórrome de soidades" ou " sen querer torno a chorar"? Unha hipérbole ou esaxeración que souberon axiña identificar, así como tamén os diminutivos afectivos das "campaniñas".
3- De que se doe Rosalía neste poema? Relemos as estrofas terceira e cuarta. pero se cadra antes habería que preguntarse cal é o termo real que agocha o termo "aló" nese paralelismo da quita estrofa. Hai unha palabra galega que é o Alén que seguro nos axuda a entender esta metáfora.
4-Outra cuestión que debemos desentrañar e explicar a antítese que hai entre amores e soidades. Por certo os amores son calificados de traidores (epíteto)e de "toliños" outra vez un diminitivo, e, por outro lado, as "soidades" aparecen tamén nun plural poético.


Comentarios (0) - Categoría: POETÍZATE - Publicado o 21-03-2012 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
Documental sobre Celso Emilio na CRTVG
Podedes ver este traballo documental sobre a figura de Celso Emilio que programou a CRTVG de gran interese no ano do seu centenario. Ademais de por ser un autor dos que está incluído no apartado de literatura de 4º da ESO.
Este é o poeta da Longa noite de pedra o poeta da antropoética, o home é a base de toda formulación poética. El dicía que "social era toda a poesía, porque se fai para a sociedade para o hoem que vive en sociedade".



Un poema do amor da súa vida: Moraima
Comentarios (0) - Categoría: CELSO EMILIO FERREIRO - Publicado o 19-03-2012 06:22
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal