GALEGOXXI



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

BAILANDO CO TEMPO
Estamos realizando unha serie de enquisas sobre o baile ao longo do século XX en Marín e comarca. A idea é poder aportar datos para unha monaxe de teatro que levará o nome de Bailando co tempo e á vez ir aprendendo como a sociedade do 1900 a hoxe foi transformándose.
Aquí deixamos o guión das enquisas que están sendo gravadas nas nosas casas aos nosos avós e avoas especialmente:


SOBRE O BAILE DE FINAIS DO SÉCULO XIX E COMEZOS DO XX:
1-Que sabes sobre os bailes dos teus pais ou dos teus avós?
Que bailaban?
Onde bailaban?
En que ocasións?
(datas do ano)
Lugares onde bailaban?
Quen eran os músicos?
(Gaiteiros, acordeonistas)

2-Describe a 1ª vez que te levaron teus pais ou avós a un baile (lugar, músicas, tipos de cancións que gustaban naquela época):
3-Lembra unha canción popular galega (de tradición oral) da túa bisbarra (xota, muiñeira, etc.):

SOBRE OS BAILES QUE VIVISTES NA VOSA MOCIDADE:
4-Cal foi o 1º baile que aprendeches?
5-Cal que gustaba máis?
6-Que cancións bailabas máis na túa mocidade?
7-Onde e como eran os lugares onde bailabas?

SOBRE O BAILE AO LONGO DA TÚA VIDA (LEMBRA…):
7-Que cancións de moda lembras que se bailaban…
Nos anos 20
Nos anos 30
Nos anos 40
Nos anos 50
Nos anos 60
Nos anos 70
Nos anos 80
Nos anos 90

8-Nestes anos, que músicos e orquestras da túa bisbarra lembras ter visto?
9-Describe unha xornada de baile no Royalty, no Paraíso de Marín, no Vergel, ou noutros lugares:
10-Para ti que tipo de música (himnos, ritmos bailabes ou non bailables, pezas concretas) se relacionan con momentos como:

Época da República
A Guerra Civil
O Franquismo
A volta da Democracia


Comentarios (0) - Categoría: BAILANDO CO TEMPO - Publicado o 28-03-2011 06:59
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal