GALEGOXXI



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

OS XORNAIS DIXITAIS (PAUTAS PARA O TRABALLO- 4º ESO-A)
Os xornais cos que tendes que traballar están na páxina 160 do libro de texto. Aquí tendes os enderezos web.

O que quero que fagades é o seguinte e da seguinte maneira.

1.- Características do xornal (mesmo podedes indicar a historia do mesmo, porque nace, etc..)

2.- Tipo de contidos (mesmo podedes sinalar se ten algún tipo de ferramenta relacionada coa lingua).

3.- Lingua(s) na(s) que se pode ler.

4.- Diferenzas e similitudes entre ambos.

5.- Opinión crítica.

Finalmente, só me queda dicirvos que o pasedes moi ben nesta semana e un día de vacación e que a data para entregar é o traballo é o 16 de abril e non penso recoller os traballos que non se entreguen este día nin aqueles traballos que non respecten a estrutura que se pide.
Comentarios (0) - Categoría: LINGUA E SOCIEDADE - Publicado o 26-03-2010 19:18
# Ligazón permanente a este artigo
Os autores do Exilio: Lorenzo Varela
O exilio galego do 1936 foi un acontecemento de gran interese para a Literatura Galega. Entre os autores do exilio atopámonos con Lorenzo Varela, homenaxeado no ano 2005, co gallo do Día das Letras Galegas, é un dos máis significativos autores do Exilio, poeta ligado ao devir doutros grandes poetas das letras Hispánicas que admiraba como García Lorca e Miguel Hernández (no 2010 o poeta de Orihuela está de centenario como o outro poeta do exilio e da emigración, galego e tamén coñecido pintor e editor Luis Seoane).
Deixámos aquí un enlace moi interesante sobre os Exiliados da páxina Culturagalega dependente do Consello da Cultura Galega.
Comentarios (0) - Categoría: EXILIADOS - Publicado o 25-03-2010 06:53
# Ligazón permanente a este artigo
Con motivo do día Internacional da poesía e da Auga
Imos dar comezo neste día 22 de marzo ao noso achegamento anual á Poesía. Comezamos a usar como un dos manuais da clase o libro POETÍZATE, unha selección de poemas de autores e autoras galeg@s dende Rosalía atá hoxe escollidos Fran Alonso para que a poesía nos atrape.

Como ademais é tamén o Día internacional da Auga imos co primeiro dos poemas de Cunqueiro, o poeta das mil primaveras para o galego:

Amor de auga lixeira,
muiñeira.

Amor de auga tardeira,
ribeira.

Amor de auga frolida,
cantiga.

Amor de auga perdida,
ña amiga.

E por seguir con poesía e música e primavera en Cunqueiro podedes ver e escoitar e deixarvos atrapar por estes versos cantados:



Deixamos aquí tamén unha entrevista con Cunqueiro:



Cunqueiro, natural de Mondoñedo, é o autor da frase: "mil primaveras máis para o galego"

Comentarios (0) - Categoría: COMENTANDO TEXTOS - Publicado o 23-03-2010 17:56
# Ligazón permanente a este artigo
Día da Muller Traballadora con Setesaias

Un tema de Setesaias titulado "Fía na roca" serviunos para realizar unha dramatización no Día da Muller para denunciar o rol feminino ligado ás fiadas de lá e liño deixando nas mans dos mozos as rocas e os fíos de xeito simbólico, para visualizar a ruptura do rol co que tradicionalmente se asociaba en tempos pasados ás mulleres. O texto con coplas tradicionais di así:

Críate vaite criando rosa branca do xardín.
Críate vaite criando rosa branca do xardín.
música
Críate vaite criando que te crías para min.
Críate vaite criando que te crías para min.


Nunha fiada de liño noutra fiada de lan.
Nunha fiada de liño noutra fiada de lan.
música
Unha noite me colleron outra non me collerán.
Unha noite me colleron outra non me collerán.

Fía, fía, fía na roca
Fía, fía, fai mazaroca.
Fía , fía , fía na roca
Ai la, ai lalalá; Ai la, ai lalalá

Fía,fía, fía na roca
Fía, fía, fai mazaroca.
Fía , fía , fía na roca
Ai la, ai lalalá; Ai la, ai lalalá

Críate vaite criando rosa branca do xardín.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-03-2010 22:57
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal