GALEGOXXI



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Outros poemas de Celso Emilio


Teño o corazón senlleiro
e orfo na noite fría.

Non importa, agardarei
polo albor do novo día.

Teño lobos, teño sombras,
teño a sorte fuxidía.

Non importa, agardarei
polo albor do novo día.

Está mudo o reixiñol
que outrora cantar solía.

Non importa, agardarei
polo albor do novo día.

Que está comigo a esperanza,
fiando, fía que fía…

Ela fía i eu confío
no albor do novo día.

Cuestións:POEMAS E LIÑAS TEMÁTICAS EN CELSO EMILIO

1- Que recursos literarios atopas no poema? Localízaos e intenta explicar o seu sentido.


MORAIMA

Cando quero vivir
digo Moraima.
Digo Moraima
cando semento a espranza.

Digo Moraima
e ponse azul a alba.
Cando quero soñar
digo Moraima.

Digo Moraima
cando a noite é pechada.
Digo Moraima
e ponse a luz en marcha.
Cando quero chorar
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a anguria me abafa.
Digo Moraima
e ponse a mar en calma.

Cando quero surrir
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a mañá é crara.
Digo Moraima
e ponse a tarde mansa.

Cando quero morrer
non digo nada.
E mátame o silencio
de non decir Moraima.


Onde o mundo se chama celanova
Un poema do amor da súa vida


2- Neste poema, ben distinto do anterior, tamén debemos localizar recursos e poñelos en relación co tema.
Comentarios (0) - Categoría: CELSO EMILIO FERREIRO - Publicado o 27-02-2015 06:46
# Ligazón permanente a este artigo
AS CINCUENTA SOMBRAS DE ROSALÍA
Imos lembrar a Rosalía, especialmente na súa condición de muller, dende este 24 de febreiro no que naceu ata o día 8 de marzo, día da muller traballadora.

Rosalía cantou a sombra coma ningunha outra muller o fixo nos seus tempos nos que a condición da muller era de total subordinación e dpendencia. Canta a unha sombra simbólica e plurisignificativa que nos fai reflexionar sobre moi diversos aspectos da existencia humana. a negra sombra:

Comentarios (0) - Categoría: POETÍZATE - Publicado o 24-02-2015 06:56
# Ligazón permanente a este artigo
Un libro de poesía para ter, ler e pensar.
O segundo libro deste curso do plan lector, é como o primeiro, un libro que en gran medida é un clásico,como o era Cousas de Castelao, pero que á vez é unha lectura actual de poetas vivos e sen canonizar. Sí é un libro que cambio de rexistro da prosa e a narrativa de comezos do XX, imos pasar a facer un percorrido pola poesía galega contemporánea que, como ben sabedes, non se entendería sen figuras que viviron no século XIX, coma Rosalía que é coa que dá comezo este libro titulado POETÍZATE.

Trátase dun traballo de selección de textos poéticos dende Rosalía ata os anos 90. Pero lonxe de ser unha antoloxía ao uso, é máis ben unha capichosa selección feita por un poeta Fran Alonso pensando nos lectores novos, nos que non len habitualmente poesía, poemas que farán pensar a quen se achegue a eles.

Comezamos logo, dous poemas clásicos de Rosalía:


Xan vai coller leña ó monte,
Xan vai a compoñer cestos,
Xan vai a poda-las viñas,
Xan vai a apaña-lo esterco,
e leva o fol ó muíño,
e trai o estrume ó cortello,
e vai á fonte por augua,
e vai a misa cos nenos,
e fai o leito i o caldo...
Xan, en fin, é un Xan compreto,
desos que a cada muller
lle conviña un polo menos.
Pero cando un busca un Xan,
casi sempre atopa un Pedro.

Pepa, a fertunada Pepa,
muller do Xan que sabemos,
mentras seu home traballa,
ela lava os pés no rego,
cátalle as pulgas ó gato,
peitea os longos cabelos,
bótalles millo ás galiñas,
marmura co irmán do crego,
mira si hai ovos no niño,
bota un ollo ós mazanceiros,
e lambe a nata do leite,
e si pode bota un neto
ca comadre, que agachado
traillo en baixo do mantelo.
E cando Xan pola noite
chega cansado e famento,
ela xa o espera antre as mantas,
e ó velo entrar dille quedo:

—Por Dios non barulles moito...
que me estou mesmo morrendo.
—¿Pois que tes, ña mulleriña?
—¿Que hei de ter? Deita eses nenos,
que esta madre roe en min
cal roe un can nun codelo,
i ó cabo ha de dar comigo
nos terrós do simiterio...
—Pois, ña Pepa, toma un trago
de resolio que aquí teño,
e durme, ña mulleriña,
mentras os meniños deito.

De bágoas se enchen os ollos,
de Xan ó ver tales feitos;
mas non temás, que antre mil,
n' hai máis que un anxo antre os demos;
n' hai máis que un atormentado
antre mil que dan tormentos.

Rosalía de Castro,da obra Follas Novas

O outro poema é de Celso Emilio:



Busca este poema que será o próximo que imos comentar, titúlase: Deitado fronte ao mar.




Comentarios (0) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 20-02-2015 06:34
# Ligazón permanente a este artigo
ENTROIDO TRADICIONAL EN GALICIA
Sabemos cal é a orixe desta celebración?

Sabemos por que está considerada entre as dez máis orixinais do mundo?
Comentarios (0) - Categoría: TRADICIONAL - Publicado o 13-02-2015 22:21
# Ligazón permanente a este artigo
Un texto comentado que pode servir de guía
O texto Cando Bieito quedou orfo... do libro de Cousas de Castelao
Comentarios (0) - Categoría: COMENTANDO TEXTOS - Publicado o 06-02-2015 14:19
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal