GALEGOXXI



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

LECTURA E COMENTARIO DE COUSAS

Imos ler durante o Nadal esta obra magnífica de Castelao titulada Cousas con dous obxectivos:

- Coñecer mellor o estilo deste autor, un clásico das letras galegas.
- Escoller unha serie de textos para comentar, para mellorar a nosa comprensión lectora e a nosa destreza no comentario de textos.


Ler para comentar:
Temos que realizar dez comentarios de textos cos relatos de Cousas.
Debemos escoller primeiro un texto de cada unha das temáticas recorrentes que son:
- Os problemas do mundo mariñeiro (ruína e alcoholismo) afectado polas novas artes de pesca da burguesía catalá.
- A emigración: Os fracasados traen consigo a enfermidade; os triunfantes desvincúlanse do mundo do que partiron, mais fica a morriña, a saudade.
- A problemática da muller: A fidalga só ten como función a maternidade (para reproducir a súa clase); a humilde e popular loita por conseguir a felicidade partindo de condicións precarias.
- A crítica dun progreso que vén pola acumulación de capital e que pode provocar a inxustiza e a infelicidade.

Ademais destes catro temas, faremos un comentario tendo en conta a presenza directa ou indirecta da morte nun texto, temática de carácter secundario, pero tan presente nas “cousas” do noso autor.

Os cinco comentarios restantes serán escollidos libremente por cada un de vós.

Varios modelos de comentario.
Comentarios (0) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 12-12-2018 05:51
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal