GALEGOXXI



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

OS ESTATUTOS DE 1936 E DO 1981 E A LEI DE NORMALIZACIÓN
Algunhas linguas do Estado Español foon recoñecidas como cooficiais nos Estatutos aprobados antes do golpe militar de Franco do ano 1936, pero ese recoñecemento legal básico para poder exercer a identidade cultural das nacionalidades históricas, como Galicia, foi frustrado tras da Guerra Civil e a Ditadura franquista de aí que ata á volta da democracia á morte de Franco non se puidese elaborar de novo un Estatuto para Galicia que proclamase a cooficialidade do galego e incorporase a nosa lingua á administración, a educación e aos medios de comunicación públicos. Este Estatuto foi o de 1981 no que se mandata aos poderes públicos para que garantan o uso normal do noso idioma en todos os planos da vida. Outorgando ademais a competencia de crear unhas leis para desenvolver este dereito recollido tanto na Constitución como no Estatuto.

A Lei de Normalización Lingüística aprobouse en 1983 coa finalidade de abordar un proceso de fomento e regulación do uso do galego por parte dos cidadáns:
O galego é a lingua propia de Galicia. Todos os galegos teñen o dereito* de coñecelo e o dereito de usalo.

Un dos grandes logros desta lei é o feito que os topónimos de Galicia só teñan reango legal en galego e a introdución do galego nos centros de ensino, medios de comunicación, a administración e a xustiza


Existe ademais unha Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias asinada polos estados membros da Comunidade (entre os que se atopa España dende o ano 2000) que vela dende as instituciois europeas para que os dereitos lingüísticos no referente a linguas minoritarias ou minorizadas dos cidadáns europeos sexan garantidos.

*Inicialmente en lugar de "dereito" dicíase o "deber", pero este enunciado declarouse inconstitucional.
Comentarios (0) - Categoría: LINGUA E SOCIEDADE - Publicado o 17-12-2017 11:40
# Ligazón permanente a este artigo
Seis poemas de Lorca en galego


NOITURNIO DO ADOLESCENTE MORTO

Imos silandeiros orela do vado
Pra ver o silandeiro afogado
Imos silandeiros veiriña do ar
Antes que ise río o leve pró mar

Súa ialma choraba, ferida e pequena
Embaixo os arumes de pinos e de herbas
Ágoa despenada baixaba da lúa
Cobrindo de lirios a montana núa

O vento deixaba camelias de soma
Na lumieira murcha da súa triste boca
¡vinde, mozos loiros do monte e do prado
Pra ver o adoescente afogado!

¡vinde, xente escura do cume e do val
Antes que ise río o leve pró mar!
O leve pró mar de curtiñas brancas
Onde van e vén vellos bois de ágoa

O vento deixaba camelias de soma
Na lumieira murcha da súa triste boca
¡vinde, mozos loiros do monte e do prado
Pra ver o adoescente afogado!

¡ai, cómo cantaban os albres do sil
Sobre a verde lúa, coma un tamboril!
¡mozos, imos, vinde, aixiña, chegar
Porque xa ise río mo leva pró mar!

¡ai, cómo cantaban os albres do sil
Sobre a verde lúa, coma un tamboril!


*Un fermoso poema que parte dunha impresionante experiencia que Lorca viviu no Bierzo na porta de Galicia coa Barraca e que segundo parece González-Alegre, poeta galego-berciano como nos conta o cantautor Amancio Prada, deixou documentada para a posteridade.
Comentarios (0) - Categoría: AS VANGARDAS - Publicado o 14-12-2017 07:09
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal