GALEGOXXI



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

NADAL: TEMPO DAS TRECE LÚAS



Pero acheguémonos de verdade ao significado deste ciclo de Trece noites coas trece lúas, comecemos polo que celebramos no día 24 de Nadal, é dicir, o nacemento e utilicemos unha fermosa cantiga tradicional adaptada recentemente:



Este é o texto do nadal tradicional:

Cara Belén camiña unha Niña ocupada
fermosa canda ela San Xosé a acompaña.

Chegaron a Belén e pediron pousada,
responderon desde dentro con voz alborotada
-Quen chama a miña porta, quen a miña porta chama?
-Somos Xosé e María que pedimos pousada
- Se traen cartos que entren e se non que se vaian.
- Cartos non traerei máis que real de prata
-Iso é poucos cartos, pídano noutra parte.

San Xosé se apenaba, María o consolaba.
Non te apenes Xosé, non te apenes por nada,
que máis cartos ti queres que Isto que me acompaña?

Comentarios (0) - Categoría: BAILANDO CO TEMPO - Publicado o 17-12-2012 23:34
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe 12 do 12 lembraremos a CELSO EMILIO

Unha iniciativa que terá moito eco 30.000 voces neste día lembrarán a este gran poeta galego do século XX a través deste poema:



Hoxe ademais na TVG un documental moi especial realizado con moito cariño, vexamos un adianto:

Comentarios (0) - Categoría: BAILANDO CO TEMPO - Publicado o 11-12-2012 23:11
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal